Axenda futboleira para a Semana Santa
Non estaremos faltos de Fútbol esta Semana Santa. Se temos unha Axenda cultura e festeira completa, teremos tamén citas futbolísticas para non ter unha tarde sen nada que facer. Temos Copa da Costa, en categoría de maiores e xuvenil; teremos xornada na Preferente, e teremos os partidos aprazados da 2ª Autonómica que porán as cousas en orde. Imos repasando, pero antes damos conta de que o CD Baio abríu de novo a exposición sobre os seus 50 anos de existencia, totalmente recomendable.
Comezando precisamente pola Preferente, cunha xornada partida entre xoves e domingo. O xoves teremos dous partidos, o do Dumbría en San Tirso, choque aprazado da xornada 24, e máis un vital XSC-Riveira, fundamental para o equipo xalleiro que pode case alcanzar a un dos seus rivais directos por evitar os arrastres.
Para o domingo quedan un Castro-Soneira sen nada e xogo, e un Dumbría-Bergantiños vital para as aspiracións de ambos conxuntos, cun Bergantiños que non é, nin moito menos, o da primeira volta, e un Dumbría que segue buscando a Promoción.
Como dicimos, despois desta fin de semana (e non era sen tempo) a clasificación da 2ª Autonómica volverá ser homoxénea e real, pois se disputan ata 5 encontros aprazados no seu día. O máis importante, o choque do Sofán no Carral ante todo un Outes, no que o cadro carballés non pode fallar para chegar á finalísima do Cairo da antepenúltima xornada con opcións. Pero ademais, Camelle e Porteño teñen unha boa ocasión para dar un salto e escapar da zona de perigo inmediato, se vencen a Cabana e Fisterra.
E por fin comeza a Copa da Costa. Temos este xoves 17 a ida dos Dezaseisavos, con choques ben bonitos (o Zas pasa de rolda pola retirada do IDC). Dos máis igualados, podemos apuntar o derbi entre Volantes e Esteirana.
E tamén temos Copa da Costa Xuvenil. Tralo sorteo do luns, os equipos empeñáronse en xogar a Previa a doble volta, polo que hai que xogar sábado 19, xoves 24, sábado 26 e xoves 1 de maio. Nesta ida dos Oitavos, hai varios choques bonitos, como o XSC-Dumbría, o Fisterra-Malpica ou o Ponteceso-Corme.
Como apuntamento, o San Lorenzo, trala baixa de Gueli no banco, queda nas mans do capitán Anxo.
Preferente, xornada 34
San Tirso | 17/04 - 17:00 (x.24) | Dumbría |
Xallas StComba | 17/04 - 18:00 | Atl. Riveira |
Castro | 20/04 - 17:00 | Soneira |
Dumbría | 20/04 - 18:00 | Bergantiños |
2ª Autonómica
Porteño | 19/04 - 17:30 (x.22) | Fisterra |
Mazaricos | 20/04 - 16:30 (x.17) | Zas |
Camelle | 20/04 - 16:30 (x.22) | Cabana |
Sofán | 20/04 - 17:00 (x.21) | Outes |
Cee | 20/04 - 17:00 (x.22) | Buño |
Copa da Costa, Ida dos Desaseisavos
Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Oitavos
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Ameixenda dá conta do Lira nunha 3ª que fai afección.
- 2ª Autonómica: O Corme dá outro paso adiante e o Muros un abaixo.
- 1ª Autonómica: A Esteirana suma cando Camariñas e Ponteceso xa se deixan ir.
- Preferente: O XSC aférrase á categoría.
- Resultados e análise da xornada dos 50 anos do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- O Gato parapenaltis.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).