mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda futboleira para a Semana Santa

Axenda futboleira para a Semana Santa
Imaxe do Flavia-Esteirana-Foto-Alba Veloso

Non estaremos faltos de Fútbol esta Semana Santa. Se temos unha Axenda cultura e festeira completa, teremos tamén citas futbolísticas para non ter unha tarde sen nada que facer. Temos Copa da Costa, en categoría de maiores e xuvenil; teremos xornada na Preferente, e teremos os partidos aprazados da 2ª Autonómica que porán as cousas en orde. Imos repasando, pero antes damos conta de que o CD Baio abríu de novo a exposición sobre os seus 50 anos de existencia, totalmente recomendable.

Comezando precisamente pola Preferente, cunha xornada partida entre xoves e domingo. O xoves teremos dous partidos, o do Dumbría en San Tirso, choque aprazado da xornada 24, e máis un vital XSC-Riveira, fundamental para o equipo xalleiro que pode case alcanzar a un dos seus rivais directos por evitar os arrastres.
Para o domingo quedan un Castro-Soneira sen nada e xogo, e un Dumbría-Bergantiños vital para as aspiracións de ambos conxuntos, cun Bergantiños que non é, nin moito menos, o da primeira volta, e un Dumbría que segue buscando a Promoción.

Como dicimos, despois desta fin de semana (e non era sen tempo) a clasificación da 2ª Autonómica volverá ser homoxénea e real, pois se disputan ata 5 encontros aprazados no seu día. O máis importante, o choque do Sofán no Carral ante todo un Outes, no que o cadro carballés non pode fallar para chegar á finalísima do Cairo da antepenúltima xornada con opcións. Pero ademais, Camelle e Porteño teñen unha boa ocasión para dar un salto e escapar da zona de perigo inmediato, se vencen a Cabana e Fisterra.

E por fin comeza a Copa da Costa. Temos este xoves 17 a ida dos Dezaseisavos, con choques ben bonitos (o Zas pasa de rolda pola retirada do IDC). Dos máis igualados, podemos apuntar o derbi entre Volantes e Esteirana.

E tamén temos Copa da Costa Xuvenil. Tralo sorteo do luns, os equipos empeñáronse en xogar a Previa a doble volta, polo que hai que xogar sábado 19, xoves 24, sábado 26 e xoves 1 de maio. Nesta ida dos Oitavos, hai varios choques bonitos, como o XSC-Dumbría, o Fisterra-Malpica ou o Ponteceso-Corme.
Como apuntamento, o San Lorenzo, trala baixa de Gueli no banco, queda nas mans do capitán Anxo.

Preferente, xornada 34

San Tirso17/04 - 17:00 (x.24)Dumbría
Xallas StComba 17/04 - 18:00 Atl. Riveira
Castro 20/04 - 17:00 Soneira
Dumbría 20/04 - 18:00 Bergantiños

2ª Autonómica

Porteño 19/04 - 17:30 (x.22) Fisterra
Mazaricos 20/04 - 16:30 (x.17) Zas
Camelle 20/04 - 16:30 (x.22) Cabana
Sofán 20/04 - 17:00 (x.21) Outes
Cee 20/04 - 17:00 (x.22) Buño

Copa da Costa, Ida dos Desaseisavos

Cadro da Copa da Costa 2014-Ida 16avos

Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Oitavos

Copa da Costa Xuvenil 2014-Ida Oitavos

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios