Domingo. 05.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: A Esteirana suma cando Camariñas e Ponteceso xa se deixan ir

1ª Autonómica: A Esteirana suma cando Camariñas e Ponteceso xa se deixan ir
50 anos do Baio-Foto-Santi Diaz

Xa non hai marcha atrás. Camariñas e Ponteceso son practicamente equipos da 2ª para a vindeira campaña Esta 31ª xornada da 1ª Autonómica, de feito, tanto Berto como David Velo adicáronse a dar minutos aos xuvenís, que non puideron evitar novas derrotas nunha xornada malísima para os nosos equipos, cun só empate en 4 derrotas, e nin un só gol a favor.

Pero ademais destes, os dous posibles arrastres da Preferente, un practicamente asegurado, obrigan á Esteirana a non despistarse. Ten, co empate colleitado en Padrón, un par de puntos de marxe sobre Cordeiro e un sobre o Amio, pero aínda necesita varios puntos e a semana que vén recibe a un líder que, iso si, xa non terá nada en xogo tras proclarmarse campión e celebrar esta fin de semana o ascenso á Preferente.

O que deu un paso atrás foi o Malpica, que caía ante o necesitado Cordeiro e perdeu a ocasión de meterse na 2ª praza, pola derrota do Arzúa. Foi o Villestro o que mellor aproveitou a situación vencendo en Baio. Un Baio que foi o único que celebrou o 50 aniversario da Liga da Costa, coma un dos 6 fundadores, que nos contaba Xosé María Lema. Os 16 expresidentes foron homenaxeados polo clube baiés.

Agora, atentos, que este xoves hai Copa da Costa.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Cordeiro - Malpica (2-0)

  • MALPICA: Pombo; Adrián, David Castro, Mario Casal (Abel, min.67), Alemán, Andrés, Eloy Cabeza (Martín Maradona, min.65), Cheo, Juan oBello, Suárez e Fernando Varela
  • Goles: 1-0, min.60; 2-0, min.75.

Espoleado por unha afección tremendamente ruidosa o Cordeiro, que necesitaba a vitoria, tirou de intensidade para vencer a un Malpica que non estivo a altura. A primeira metade foi de tanteo, sen arriscar e esperando que fose o contrario o que levase a batuta, ou o que cometese algún erro.

Saíu demasiado relaxado na segunda o cadro malpicán, e o cadro local levou o mando, tivo as ocasións e marcou os goles.

Camariñas - Puebla (0-1)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Brais, Sergio, Santi, Fabián (Juan, min.65), Moriño, Pirucho, Sule (Manu, min.55), Martín, Mario Toja e David Toja (Borja, min.55).
  • Gol: 0-1, min.75.
  • Expulsión: Martín no min.90.
Partido marcado polas numerosas baixas, ata 8, do equipo conserveiro, e mesmo Berto acabou dando minutos aos xuvenís, xa que o equipo está practicamente na 2ª. Aínda así deu a cara durante os 90 minutos e puido quedar cos puntos na casa.

Primeira metade máis igualada con chegadas polas dúas bandas, pero pouco claras. Na segunda animouse a cousa, e o Camariñas tomou o balón e dispuxeron de varias ocasións a balón parado con sendos tiros de Pirucho e Mario Toja. A máis clara, a de Borja no man a man a falta de 20 minutos que marchou fóra e na segunda xogada o Puebla non fallaba a súa.

Flavia - Esteirana (0-0)

Flavia-Esteirana-Foto-Alba Veloso
  • ESTEIRANA: Manu, Codesi, Simón, Sui, Dani Rama, Andel (Josiño, min.67), Pabliño (Eloi, min.75), Serrano, Álex (Adrián, min.85), Kike e Rober Pladur (Raúl, min.90).
Flavia-Esteirana-Foto-Conchy Freire

Era día de festa en Padrón coa festividade da Pascua, lexendaria nesta vila. E con tal ambiente agardábase unha tarde de fútbol, aínda que tal e como reflexa o marcador, a festa estivo máis fóra que dentro do campo, se a bo xogo e goles se refire.
Comezou a Esteirana moi metida no partido chegando con claridade nos primeoros intres do partido, e obtendo unha ocasión de Andel que para o porteiro local. Durante estes primeiros 45' controlaron os visitantes o encontro, se ben algo sufriron polas altas temperaturas da tarde.

Na reanudación, foi o Flavia quen gozou de máis profundidade no xogo e ante as dúas ocasións que tivo, encontrou unha magnífica resposta do porteiro visitante. Puido Simón nos últimos minutos marcar o gol da victoria para a Esteirana pero atallou o porteiro un potentísimo porteiro.

Boa presencia de afeccionados, nun campo con herba moi alta e algo irregular por todas as chuvias deste inverno.

Flavia-Esteirana-Foto-Alba Veloso

Baio - Villestro (0-2)

  • BAIO: Manuel, Fachal, Yago, Mario, Eloy (Rubio, min.84), Norberto, Brais, Bieito, Alberto (Cristian Ordóñez, min.60), Martín e MC.
  • Goles: 0-1, min.73; 0-2, min.80.

Non mereceu perder o Baio ante todo un Villestro, 2º na táboa. Pero os visitantes souberon esperar o seu momento, cando faltaban 15-20 minutos para o final do partido, para sentencialo en dous mazamos. Os de Félix levaban máis de unha hora de control, sen ocasións clarísimas, pero si dominando. Pero un par de latigazos serviron para que o Villestro se coloque por diante do Arzúa e do Malpica, que sufría unha malísima derrota, na loita pola promoción.

Amio - Ponteceso (2-0)

  • PONTECESO: Xurxo, Javi Peón, Diego Collazo, David Brenlla, Josito, Dani Cotelo, Yago (Cristian, min.46), Dieguito, Alberto Recarey, Youseef (Bolón, min.46) e Nando (Ismail, min.75).
  • Goles: 1-0, min.5; 2-0, min.80.

Con 7 xuvenís se presentaba David Velo na convocatoria en Amio. E pouco que contar do partido, moi condicionado polo gol inicial dos locais no minuto 5. Varios fallos defensivos facilitaron que o delantero do Amio se prantase diante portería para abrir o marcador. A partir de aí non houbo un domindor claro, cun Ponteceso combinando algo máis, tratando ben o balón, pero sen apenas crear peligro.

Tras moitos minutos de tanteo, o Amio volvía marcar a falta de 10 minutos despois de que o cadro pontecesán tivera unha ocasión cun tiro de Dieguito desde fora da área. Quedan tres partidos e que lles sirva os rapaces para disfrutar, sobre todo aos xuvenís que están indo, que tamén terán que pensar en disfrutar da Copa.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios