Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Resultados e análise da xornada dos 50 anos do Fútbol da Costa

Resultados e análise da xornada dos 50 anos do Fútbol da Costa
O Corme deu un paso de xigante en Ara Solis vencendo ao Fisterra

Xornada emotiva pero pouco celebrada esta que conmemora os 50 anos do Fútbol da Costa. I é que como nos contaba esta semana Xosé María Lema Suárez, o 12 de abril disputábase de 1963 disputábase a primeira xornada da Liga da Costa. Unha data que, lamentablemente apenas foi celebrada nos campos da Costa, pero que dende aquí queremos rememorar con ilusión.

E sen máis, comezamos co repaso deportivo, e o facemos pola Preferente, na que parece que o Soneira dixo adeus á categoría. Aínda que matematicamente aínda non se poida dicir, está a 13 da salvación teórica pero a 17 da última posición que pode ser afectada polos arrastres polo que os de José Ángel perderon o último tren. O que non se quere caer do mesmo é o XSC, que sacaba 3 puntos que o manteñen tremendamente vivo na categoría a falta de 5 xornadas. Precisamente é agora o cadro xalleiro o que ocupa esa 3ª praza que pode ser afectada polos arrastres, pero tiña un choque clave, ante O Val, que lle sacaba 4 puntos e que de vencer hoxe alonxaría case que definitivamente aos de Rubén Coméndez. Coa vitoria, e recuperando o golaverage, quedan os xalleiros a 1 punto da salvación, a falta de 5 xornadas.
Por arriba segue ao seu o Dumbría, loitando co Silva pola praza de Promoción de Ascenso. Ambos gañaban e segue o equipo de Canosa 2 puntos por abaixo.

Mala, malísima a xornada para os nosos na 1ª Autonómica. Por arriba, rota a xeira de 16 partidos sen perder do Malpica ante o Cordeiro, facéndolle ademais flaco favor a unha Esteirana que sacaba un punto en Padrón, pero que tampouco lle deixa tranquila. Así e todo o Malpicá queda a 2 puntos da segunda praza pero con Villestro (que vencía en Baio) e Arzúa (que caía ante o Bertamiráns B) por diante.
E lamentablemente, os que xa case non teñen nada que facer son Camariñas e Ponteceso, tras unha nova mala xornada, provocando ademais un par de arrastres na Liga da Costa.

Era importante a xornada na 2ª Autonómica. Sobre todo para o líder, un Corme que salvaba un dos últimos obstáculos da campaña, nada menos que un Fisterra que chegaba con 4 vitorias consecutivas. Pero os cormeláns levan a frioleira de 20 xornadas sen perder, e acadaban en Ara Solis a 9ª vitoria consecutiva. O Sofán non fallou ante o Muros a pesar de non facer un gran partido, e en Semana Santa terá que xogar o seu partido aprazado para colocarse a 2 puntos antes da gran finalísima do Cairo, entre cormeláns e carballeses. Por detrás tampouco fallou o Zas pero parece un peldaño máis abaixo para loitar polo título.
Por abaixo, co Corcubión practicamente desafiuzado, a derrota na casa do Sofán deixa ao Muros cun pé en 3ª por mor dos arrastres de Camariñas e Ponteceso. Ademais, quedaría outra praza de arrastre que estará tremendamente pelexada, e ninguén quere quedar aí. De feito, San Lorenzo, Camelle e Castriz, ademais do Volantes que sumaba os puntos do IDC, vencían e se colocan con 35 puntos, un menos que o Porteño. Entre os 5 parece que estará a salvación, se ben Cabana, Mazaricos e Buño aínda non poden relaxarse de todo.

E xogábase a ida da Semifinal da Promoción de Ascenso á Liga da Costa e o Ameixenda deu un paso de xigante para meterse na final, tras vencer 5-0 ao Lira. Na outra semifinal, empate entre Seaia e Coristanco. Só pode quedar 1.

En Xuvenís, só había unha cousa en xogo, a última praza para meterse nos Oitavos da Copa da Costa. E o Muxía vencía ao Mazaricos e deixaba que sexa o cadro amarelo o que remate a temporada prematuramente, igual que o Lira e o Castriz, que pecharon o seu primeiro ano de existencia. Uns Oitavos Copa que teñen o seu sorteo este luns ás 20:30h no Pavillón de Baio, e que arrincarán este mesmo sábado de Semana Santa.

Segue o Dumbría da División de Honra Cadete costa abaixo e ca derrota de hoxe sitúase na 10ª praza, das peores en toda a Liga. Peor están as cousas na Liga Galega Infantil, onde o XSC xa practicamente dixo adeus á permanencia, e o Dumbría se cumplica a cousa, con 3 equipos con 23 puntos e unha praza de descenso a repartir.

Na 1ª Cadete o XSC segue o camiño ao título, e na I Copa da Costa Infantil, só o Corme encarrilou o seu pase a semifinais.

En marcha, a Copa de Veteranos

Os Veteranos, xa con todo decidido, pensan agora na Copa. De feito, o vindeiro venres 25 de abril terá lugar a Asemblea na que se realizará o sorteo da Copa da Costa de Veteranos 2014. A cita, ás 21:30h no Local Social de Neaño, Cabana, fronte ao Bar París.

Preferente, xornada 33

Carral 1-2 Dumbría
O Val 1-3Xallas StComba
Soneira 1-3 Estudiantil

1ª Autonómica, xornada 31

Cordeiro 2-0 Malpica
Camariñas 0-1Puebla
Flavia 0-0 Esteirana
Baio 0-2 Villestro
Amio 2-0 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 31

Cabana 3-2 Corcubión
Camelle 2-0 Mazaricos
Buño 0-1 Castriz
Porteño 1-5 Zas
Outes 3-1Cee
Carnota 2-2San Lorenzo
Sofán 6-0 Muros
Fisterra 1-2Corme
  • Descansa Outes.

Promoción de Ascenso 3ª Autonómica, ida das Semifinais

1-1Seaia - Coristanco
5-0Ameixenda - Lira

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10

Malpica 4-7Esteirana
Corme1-4 Xallas StComba
Dumbría 4-0Cabana

Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo Sur, xornada 7

Muxía 3-1 Mazaricos
Outes 1-0 Cee
Lira 0-3 Fisterra
  • Descansa Muros.

División de Honra Cadete, xornada 27

Dumbría 1-2 Montañeros

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 9

Dumbría 1-2 Xuv. Oroso
Boiro 3-0 XSC

1ª Cadete, xornada 22

Outes 1-2 Cee
Corcubión 2-8Zas
As Baleas 1-3 Fisterra
Coristanco 0-2 Cabana
Muxía 5-1 Esteirana
Baio 0-3 XSC
  • Descansa Muros.
Zas 2-2 (x.21) Muros

I Copa da Costa Infantil, Ida das Semifinais

3-3Muxía - Fisterra-
4-5Esteirana - Cee -

3-3Sofán - Os Miúdos-
1-4Cabana - Corme -

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 9

Sofán 3-3 As Baleas
Corcubión 5-3 Baio
Coristanco 3-7Vimianzo
Muxía 13/04 - 19:30 Corme
  • Descansa Cabana.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 20

XSC B 0-10 Dumbría
XSC A 3-6Os Miúdos A
Fisterra 7-1 Os Miúdos B
Outes 5-1Lira
Zas - Esteirana

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 10

Sofán 10-2As Baleas A
Ponteceso -Baio
Coristanco 7-0 E.M.F. Vimianzo
Cabana 7-2 As Baleas B
Muxía 13/04 - 18:30 Corme

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 20

Cee 2-2 Esteirana B
XSC B 2-5Dumbría
XSC A 3-5 Os Miúdos A
Fisterra 8-3Os Miúdos B
Outes 9-1 Lira
Zas - Esteirana A

Ligas de Veteranos, xornada 29

1ª División

Soneira 3-1 Cabana
San Lorenzo 1-0 Bértoa
Zas2-2 Muros
San Román 2-2Coristanco
Xv. Bergantiños 4-1 Dumbría
Ponteceso 2-0Castriz
Nantón 0-6 Laxe
Baio 0-0 Camariñas Vet

2ª División

Buño 2-4 Agualada
Malpica 2-1 Leiloio
Camelle 0-4At. Milagrosa
Vimianzo2-6 Erbecedo
Poniente 1-4 Porteño
Cerqueda 1-3Corcoesto
  • Descansan Sofán e Dep. Carballo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios