Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: O XSC aférrase á categoría

Preferente: O XSC aférrase á categoría
Marcos e Pichi-Foto-Jorge Parri

Está moi vivo o XSC. E así o certificou nesta xornada 33 da Preferente. A falta de 5 xornadas par ao final, e contando con que pode haber 3, e ata 4, arrastres dende a 3ª División, os xalleiros seguen ocupando precisamente esa 3ª praza que sufriría o descenso obrigado, pero agora queda a un só punto do equipo que marca a salvación (sempre que sexan 3 e non 4 os arrastres, que deste xeito aínda quedaría a 4 do Riveira), O Val, que precisamente sufría a este XSC que parece envalentonado para salvar a categoría.

Máis abaixo segue o Soneira naufragando pola categoría, colleitando a súa sétima derrota consecutiva, esta na casa.

E por arriba, o Dumbría vencía en Carral e segue a 2 do Silva, que ten esa 2ª praza de Promoción.

Agora, atentos, que este xoves hai Copa da Costa.

O Val - Xallas StComba (1-3)

  • XSC: Diego, Rubén Forján, Darí, Jonathan, Héctor, César (Torres, min.88), Toño (Dani Martínez, min.90), Alfonso, Richi (Steven, min.85), Jesús (Marcos, min.77) e Arnejo.
  • Goles: 1-0, min.5; 1-1, min.17: Alfonso; 1-2, min.32: Arnejo; 1-3, min.76: Toño.
  • Expulsións: dous xogadores locaos nos minutos 70 e 88.

Fundamental a vitoria deste XSC que parece cambiado nas dúas últimas xornadas, con dúas vitorais consecutivas rompendo unha xeira tremendamente negativa de resultados. Os de Rubén Coméndez aférranse á Preferente tras unha vitoria clave ante O Val, o equipo que o precede na táboa e que marca a salvación, e que podía ter escapado.

Foi mellor, máis intenso, o cadro xalleiro, malia que os locais saíron dominando e pronto se adiantaban no marcador. Serviu o gol para espertar aos visitantes, que tiveron que ir polo partido e Alfonso e Arnejo xa foron quen de darlle a volta á media hora.

Na segunda metade os locais saíron máis enchufados pero as mellores ocasións eran de cor verde e laranxa á contra. Así Toño, certificaba esta vitoria que deixa ao XSC moi vivo.

Carral - Dumbría (1-2)

  • DUMBRÍA: Julián, Rudi Cotelo (Jota), David, Aarón Fdez., Jose, Cote (Rivi), Adrián Makaay (Adrián Nieto), Iago, Dani Casal, Luisito e Lourido (Marcote).
  • Goles: 0-1, min.51: Luisito en fermosa xogada persoal; 0-2, min.70: Adrián Nieto tras un saque de esquina; 1-2, min.80.

Partidazo do Dumbría, recuperándose da súa derrota a semana pasada, que non quere deixar escapar a posibilidade de meterse na promoción. Os de Canosa souberon ler o partido, e aguantaron ben serios atrás a primeira metade, na que uns necesitados locais intentaron dominar o choque. Púidose adiantar o Dumbría á contra, pero o marcador non se movería ata a volta dos vestiarios cando Luisito protagonizou unha das xogadas da tarde, facendo unha gran internada e colándose ata a meta local.

As cousas púñanse aínda mellor cando Adrián Nieto facía o segundo, o que propiciou a avalancha local, que se traduxo nun gol, pero sen perigar os puntos dumbrieses.

Soneira - Estudiantil (1-3)

  • SONEIRA: Víctor, Brais, Fran de Urroa (Manu, min.88), Mayor (Cristian Figueroa, min.73), Sito, Baba, De la Sierra (Chans, min.79), Pichi, Richi (Carlos, min.89), Basti e Leo (Javi, min.60).
  • Goles: 0-1, min.4; 1-1, min.27: Basti de penalti feito sobre el; 1-2, min.46; 1-3, min.73.

O eterno adeus á categoría deu o Soneira este domingo no Municipal, colleitando a súa 7ª derrota consecutiva. Non foi quen de prantar cara a un Estudiantil que saía arrollando e de feito aos 5 minutos xa se adiantara no marcador. Pero o cadro soneirán soubo repoñerse e á media hora Pichia acadaba un empate que abría o partido. Basti, de feito, tivo o gol que podía ter cambiado o rumbo do partido antes do descanso.

Pero arrincaba a segunda, e de novo sen tempo a asentarse, os visitantes se metían por diante. Un penalti fallado polos visitantes que puido decidir o partido á hora, pero pouco despois chegaba a sentenza ante un equipo local que xa non soubo reaccionar.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios