Domingo. 05.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Corme dá outro paso adiante e o Muros un abaixo

2ª Autonómica: O Corme dá outro paso adiante e o Muros un abaixo
O Corme celebrando o gol de Lucas en Ara Solis-Foto-Jorge Parri Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Quedan 3 xornadas desta 2ª Autonómica, e moito por decidir, por arriba e por abaixo. Por arriba, o Corme comezaba o seu Tourmalet nada menos que en Ara Solis, pero estes rapaces teñen aínda que ver onde está o seu teito e sen facer un gran partido levan 3 puntos que lles permitirán recibir ao Sofán a vindeira xornada cunha marxe, e valéndolle o empate. Un Sofán que non fallou ante o Muros, e se se vence esta Semana Santa no seu partido aprazado quedará a 2 puntos.

Por abaixo a cousa ferve tanto que todos queren esperar e de feito, moitos sumaron. O que non sumou foi o Muros no Carral, e a derrota o deixa cun pé na 3ª por mor dos arrastres. Serán dous os arrastres ademais polo queda unha praza e hai ata 5 equipos implicados, e mesmo 8. San Lorenzo, con 34, Volantes, Castriz e Camelle con 35, e Porteño con 36 terán 3 choques de infarto para evitar o descenso. Ademais, Camelle, Castriz e Porteño teñen aínda que sumar os 3 puntos do IDC, e este xoves terán lugar os partidos aprazados, Camelle-Cabana e Porteño-Fisterra, que lles poden servir para dar un último estirón e safar.

Agora, atentos, que este xoves hai Copa da Costa.

Fisterra - Corme (1-2)

11 do Fisterra ante o Corme-Foto-Jorge Parri
  • FISTERRA: Joselu, Robertín, Dani (Huete, min.75), Julito, Manuel Cartamil, Tati, Guardiola (Hidalgo, min.65), Santi (Mané, min.55), Isma Leis, Bruno (Mario, min.70) e Roa.
11 do Corme en Ara Solis-Foto-Jorge Parri
  • CORME: Javi, Dani, Alejandro, Miguel Torrado, Sergio (Manu, min.80), Brais, Lucas (Juanma, min.90), Toniño (Diego, min.60), Juan Chans, Adrián Doldán e Alejo (Josiño, min.75).
  • Goles: 1-0, min.25: Bruno aproveita unha deixada de Tati tras un roubo; 1-1, min.43: Lucas dende a frontal aproveita un mal despexe da defensa fisterrá; 1-2, min.55: Juan Chans de cabeza pasando por debaixo das pernas dun defensa e do porteiro.
  • Lesión: Miguel Torrado quedou mareado tras un choque no final co seu compañeiro Alejandro.
Capis do Fisterra e Corme-Foto-Jorge Parri

Non mereceu o Corme gañar pero este equipo ten a sorte de cara, e levaron 3 puntos que valen media Liga. Os cormeláns levan 20 xornadas sen perder e 9 vitorias consecutivas e a xeira fixo moito. Fixo o Corme 20 primeiros minutos de cine, pero a partir de aí o Fisterra, con Tony ao mando porque Juan Jesús leva demasiado obrigado coa exitosa inauguración da tenda Máis Deporte Cee, puido maniatar o xogo combinativo dos azulóns. Corrixiron os locais e controlaron o choque ata o descanso, permitindo que Joselu apenas sufrise mantendo o gol de vantaxe que Bruno conseguía no ecuador. Pero clave foi o gol do empate, ao fío do descanso, de Lucas dende a frontal, aproveitando un mal despexe da defensa local.

Arrincaba a segunda metade e o Corme atopou, case sen querer, co segundo tanto. Un centro ao segundo pau era rematado sen moito aquel polo máis pequeno, Juan Chans, e o balón se colaba por entre as pernas dun defensa e do propio Joselu.

Soubo aguantar, soubo sufrir o Corme ante un Fisterra que se veu arriba. Pero foi un querer e non poder, ante un Corme ben plantado, con varias chegadas para os verdes e mesmo pediron un penalti por unhas mans dun defensa cormelán a un tiro de Manuel Cartamil.

O susto da tarde protagonizouno Miguel Torrado, que tras un golpe con Alejandro quedou inconsciente durante varios minutos. Pero afortunadamente recuperou, e puido ir ao Hospital de Virxe da Xunqueira, onde lle fixeron varias probas comprobando que non había nada.

Ambientazo en Ara Solis para o Fisterra-Corme_Foto-Jorge Parri

Cabana - Corcubión (3-2)

Cabana-Corcubion-Foto-Cabana SD
  • CABANA: Añón, Charli, Iván de Treos, Pepe (Raúl, min.77), Eloy García, Eloy Vilas (David Sande, min.64), Sandro, Manu Guillamet, Fernando, Eloi Pereira e Berti.
  • CORCUBIÓN: Rafa, Checho, Senra, Trillo, Marcos, Antón Lestón (Xabi, min.55), Edu, Gabi, Alán, Toja e Lema.
  • Goles: 0-1, min.43: Lema; 1-1, min.52: Fernando; 1-2 , min.66: Lema; 2-2, min.88: Berti; 3-2, min.95: Sandro.

Con ata 13 baixas se presentaba o Corcubión nas Redondas para disputar un partido marcado polo vento. Un choque se puña de cara para o cadro de Senra, pois co 1-2 no marcador puido sentenciar pero quedou sen forzas e acabou a mercé do equipo cabanés, que practicamente deixou selada a súa permanencia, remontando ata en dúas ocasións. Todo o contrario dun Corcubión que ten pé e medio en 3ª.

Ao Cabana pesoulle a responsabilidade dada a importancia do choque e comezou algo atenazado, pero aínda avisou cun par de tiros ao pau na primeira. Unha primeira que remataba co gol de Lema para os visitantes. A segunda empezaba co empate local por medio de Fernando, pero Lema volvía adiantar aos corcubioneses.

Quedaban 25 minutos e o Cabana puxo defensa de 3 e veuse arriba. E conseguiu marcar no min.88 o empate, pero co equipo volcado o Corcubión tivo unha contra que Checho mandou ao pau, e apenas un par de xogadas despois, xa con 5 sobre os 90 regulamentarios, Sandro, que estaba tocado, sumou esta importantísima vitoria para os de Periscal.

Camelle - Mazaricos (2-0)

Camelle-Mazaricos-Foto-Sara Ramos
  • CAMELLE: Ángel, Dido (Rubén, min.40) (Súper, min.60), Adrián de Arteixo, Valiña, Javi Rañal, Ángel Riveiro, Mario, Miguel Riveiro, Sergio (Adrián da Barca, min.70), Matías e Barreiro.
    • MAZARICOS: Marcos, Estéfano, Ramón, Matías, Rodri, David, Coxo (José Ángel Xuv, min.65), Ricardo, Esteban, Kevin e Molinos.
    • Goles: 1-0, min.20: Mario de cabeza nun córner; 2-0, min.40: Sergio nun rexeite tamén tras unha xogada a balón parado.
    • Lesión: os camelláns Dido por unha lesión de cervicais tras un golpe; e Rubén por rotura de fibras.

    Partidazo e vitoria clave do cadro de Pupus. Nunha primeira metade dominada polo Camelle, co vento a favor, o Mazaricos fixo un moi malo primeiro tempo, no que non foi quen de meterse na brega necesaria. O Camelle, a base de garra e cun Ángel Riveiro espectacular no medio no aspecto defensivo, conseguía dous tantos abrían a fenda.

    Na segunda, un pouco máis arriba o Mazaricos sacudíndose o domingo do Camelle, e Kevin puido recurtar pero Ángel aguantou ben e salvou. O Camelle tamén tivo para ampliar e mesmo vía como o colexiado non lle sinalaba unha pena máxima. No último cuarto de hora apretou o Mazaricos, pero sen demasiada fe.

    Camelle-Mazaricos-Foto-SD Camelle

    Buño - Castriz (0-1)

    • BUÑO: Brais, Casais, Fran Borrazás, Yago, Ángel, Dani (Diego, min.35), Miguel (Elías, min.23), Dourado, Charro, Pedro (Juan, min.68) e Gurita.
    • CASTRIZ: Pablo, Martín (Balsa), Sergio (Cili), Alex, Alberto (Pablo Munín), Bruno, Víctor, Luís, Chinda, Agra e Adrián Prol (Pichín).
    • Gol: 0-1, min.89: Álex aproveitou un balón dividido.
    • Lesión: Dani con 15 puntos na cabeza.

    Partido malo o vivido en Xaviña, de 0-0, que se decidía no último suspiro, cunha vitoria vital para a permenancia dun Castriz que se vía salvado na xornada 20 pero que agora necesita puntos como area. Foi un choque de brega, de bastante intensidade, pero sen ocasións, sen dominador claro, como van ser de aquí en diante para os equipos en problemas.

    Tras 89 minutos de igualdade e tensión, Álex cazaba un balón morto na área visitante para facer un gol clave.

    Porteño- Zas (1-5)

    Porteno-Zas-Foto-Paula
    • PORTEÑO: Bonano, Pejo (Elvis, min.75), Gabi, Iago, Esteban, Doyle, Álex, Óscar, Brais, Varela e Ismael.
    • ZAS: Anxo, Pereiro (Fabián, min.55), Martín, Óliver, Vecino, Canedo, Peke, Lagoa (Dani Mato, min.75), Samu, Rubio e Isma.
    • Goles: 0-1, min.7: Lagoa de penalti sobre Rubio; 0-2, min.15: Canedo tras un saque de banda peiteado por Víctor; 0-3, min.35: Samu aproveita un pase atrás de Rubio; 0-4, min.55: Oliver; 1-4, min.65: Pejo; 1-5, min.75: Rubio aproveita unha deixada de Samu tras un bo pase do cadete Dani mato.
    Siareiras da Ponte-Foto-Porteno

    Pagou caras as 12 baixas que tiña o Porteño para recibir a todo un Zas. E o equipo visitante, sen facer un gran partido, xa deixou o choque sentenciado na primeira metade, pois se puxo de cara moi pronto o Zas con dous goles, e mesmo un anulado a Samu.

    Porteno-Zas-Foto-Porteno

    Outes - Cee (3-1)

    • OUTES: Gato, Arturo, Borja (Rafa, min.80), David, Chúa, Poke (Saúl, min.70), Martín, Kin (Babu, min.75), Piki, Migui (Samuel, min.75) e Edu (Yura, min.60).
    • CEE: Parroto (Paulo, min.68), Nico, Jorgito, Berto, Jacobo, Piquero, Josiño, Yaya (Rafa, min.35), Cristian (Javi, min.18), Llanero e Rodri.
    • Goles: 1-0, min.5: Edu a pase de Kin; 1-1, min.15: Rodri; 2-1, min.30: Arturo nun córner; 3-1, min.65: Kin tras unha fermosa xogada combinada.
    • Expulsión: o ceense Rafa no min.88.
    • Lesións: os ceenses Cristian e Yaya.

    Gran partido do Outes, sobre todo nunha primeira metade cun xogo moi combinativo e facendo perigo, ante un Cee que non fixo o seu mellor partido. Adiantouse pronto o equipo local pero de contado o Cee empataba. Puido adiantarse o cadro local pero Parroto estivo moi ben na primeira metade, e salvou un par de boas ocasións. Pero non puido con unha de Arturo á media hora que daba vantaxe aos da Serra.

    Na segunda, con menos xogo, o Cee apenas inquedou a meta de Gato, acusando as 13 baixas e os dous lesionados na primeira metade, polo que tralo 3º gol o partido foi tranquilo.

    Carnota - San Lorenzo (2-2)

    • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Miguel (David, min.63), Manolo Chouza, Pedro Pichín, Pumuky, Nakata (Elías, min.70), Urko (Iván Maceiras, min.40), Joselu, Rodrigo e Manuel Luís (Fernando, min.46).
    • SAN LORENZO: Puyol, Rubén, Adrián (David Rey, min.80), Germán, David Álvarez, Cachizo, Velo (Chucho, min.60), Schuster, Dani (Joaquín, min.67), Fuentefría e Juni (Fraga, min.75).
    • Goles: 0-1, min.23: Juni; 0-2, min.65: Cachizo; 1-2, min.75: Ferreiro de penalti; 2-2, min.87: Pumuky.

    Empezaba o partido cun San Lorenzo na man do capitán Anxo, unha que vez que Gueli decidía deixar o cargo o sábado pola tarde por discrepancias co Presidente.

    Pero saíu forte o cadro de Verdillo, máis necesitado que un Carnota cos deberes feitos. Foi un partido bastante controlado polo San Lorenzo, ante un Carnota máis relaxado, que deixou escapar no treito final un par de puntos que poden ser vitais.

    Comezou mellor o equipo visitante con Dani tendo dúas boas ocasións na primeira metade, aedemais dunha falta de Fuentefría que parou Luís de la Peña. Non puido o meta coruñés salvar o primeiro gol, obra de Juni no ecuador do primeiro tempo. Na segunda Chucho e Joaquín puideron sentenciar tralo segundo de Cachizo, pero deixou vivo ao Carnota, que resucitaba dende os 11 metros co gol de Ferreiro e o medo a perder atenazou aos carballeses que viron como o Carnota conseguía o empate.

    Sofán - Muros (6-0)

    Sofan-Muros-Foto-SD Sofan
    • SOFÁN: Lerma, Ivan Rey, Diego (Gustavo, min.72), Cantudo, Eloy Boedo, Michel, Jorge Calvete, Leilán (Seo, min.68), Iván Rojo (Marcos Pensado, min.72), Bertín (Brais, min.61) e Raul.
    • MUROS: Trozo, Santi, Juan (Sergio, min.63), Pelos, Iván Cerilla, Gelo, Ramón, Dani, Eloy (Jesús, min.69), Saúl e Sexo.
    • Goles: 1-0, min.5: Eloy Boedo tras un saque de banda; 2-0, min.44: Raúl de volea pola escuadra dende o borde da área; 3-0, min.60: Leilán resolve o man a man; 4-0, min.65: Iván Rojo con calidade; 5-0, min.75: Marcos Pensado de chut axustado; 6-0, min.80: Raúl a pase de Iván Rey a porta baleira.
    • Expulsión: Pelos no min.39.

    Resultado demasiado abultado no Carral que sentencia practicamente ao Muros ao descenso, nun partido que comezaba cu minuto de silencio polo pasamento do avó do local Martín. Os locais, que se metían por diante moi pronto, sufriron na primeira metade ante un gran Muros, pero nin Saúl nin Sexo nin Eloy foron quen de batir a Lerma, nin o colexiado viu unhas mans na áreal. Foi clave a expulsión de Pelos, ao fío do descanso, que matou por completo ao Muros, que viu como ademais antes de ir aos cestiarios Raúl marcaba o golazo da tarde, que practicamente deixaba o partido visto para sentenza.

    De feito, a segunda foi un mero trámite e en canto chegou o terceiro rematou o partido.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Fonte

Comentarios