Axenda futboleira para unha nova fin de semana pasada por auga

Fin de semana pasada por auga esta con máis de 80 partidos en liza.

Coma sempre, comezamos esta análise previa da xornada por arriba, pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos terán choques contra históricos como o Negreira e o Riveira. O XSC terá complicando manter a boa liña de dúas vitorias seguidas pois terá que visitar a un cadro nicrariense 2º na táboa. O Dumbría non poderá fallar na casa ante un Riveira que de vencer no Conco, o superaría.

Teremos novo derbi na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Malpica, nunha liña ascendente, será unha boa pedra de toque para o líder, un Sofán invito no Carral. Ademais, a Esteirana que continuar a súa saída do pozo ante o Puebla, o Soneira estrea a Manolito (de volta outra vez no banco vimiancés) ante a visita do Silleda, o pechacancelas; e o Baio ten que romper a mala racha en Sigüeiro.

Sen dúbida, o partidazo da xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra, será o que enfronte ao líder, o San Lorenzo, ao 2º a 1 só punto, o Zas en San Andrés. O liderato en xogo. Ademais, por detrás, o Castriz quere meterse outra aí arriba, pero terá en fronte a un gran Outes, situado a só 2 puntos dos xalleiros, e contará ademais con varias polas duras sancións do Comité: Cilindro perderase 13 partidos.
Doble derbi temos tamén, cun Montelouro-Volantes que pode servir de revulsivo para os loureáns, pechacancelas, e un Cee-Fisterra sempre tremendamente vivido. Por abaixo, hai que destacar o Camariñas-Ponteceso, dous equipos recén descendidos, chamados a moito máis pero que non acaban de arrincar.

Recibe o líder da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, Ameixenda, ao Cerqueda, nun gran partido. Pero o máis igualado da semana será o Corcubión-Coristanco, os inmediatos perseguidores do líder, empatados a 7 puntos, e coa segunda praza de ascenso directo en xogo.

Xornada completa nos Xuvenís con algún partido intenso como o derbi Porteño-Camariñas, cos dous equipos mellor situados que nunca na Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte. Polo Sur, o Dumbría-Cee é sempre un partidazo.

Triple saída herculina para os equipos costeiros nas Ligas Autonómicas base, mentres nas locais, Cabana e Corme queren seguir pelexando arriba na 1ª Cadete, mentres o XSC quere aproveitar o descanso dos Miúdos para escapar na 1ª Infantil.
Seguen ademais en liña as LCFs e as F8 Alevín Costa SurLigas de F8

Ferven as Ligas de Veteranos. Non haberá choques directos na 1ª División pero na 2ª División, o Agualada-Erbecedo, 1º contra 2º, centra a atención.

Preferente - Senra Sport, xornada 12

Negreira 16/11 - 16:30 Xallas StComba
Dumbría16/11 - 16:30 Atl. Riveira

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 11

Agolada15/11 - 16:30 Corme
Esteirana16/11 - 16:15Puebla
Soneira16/11 - 16:30 Silleda
Sigüeiro16/11 - 16:30 Baio
Sofán16/11 - 16:30 Malpica

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 11

Cabana15/11 - 18:00 Camelle
Seaia16/11 - 16:15Porteño
Montelouro16/11 - 16:15Volantes
Carnota16/11 - 16:15Baíñas
Zas16/11 - 16:30 San Lorenzo
Camariñas16/11 - 16:30 Ponteceso
Cee16/11 - 17:00 Fisterra
Castriz16/11 - 17:00 Outes
Buño16/11 - 17:00 Mazaricos

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 11

Corcubión15/11 - 16:30 Coristanco
Castrelo15/11 - 18:00 Nantón
Ameixenda15/11 - 18:00 Cerqueda
Laxe16/11 - 16:30 Lira
  • Descansa Muxía.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 11

Dumbría15/11 - 16:15Cee
Fisterra15/11 - 16:15Esteirana
Muxía15/11 - 16:15Outes
Castriz15/11 - 16:15Corcubión
Xallas StComba16/11 - 12:00 Os Miudos

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 11

Corme15/11 - 16:15Zas
Porteño15/11 - 16:15Camariñas
Baio15/11 - 16:15Cabana
Ponteceso15/11 - 16:30 Coristanco
Malpica15/11 - 17:00 Laxe

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 10

Víctoria15/11 - 16:00 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 10

Imperator15/11 - 16:00 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 10

Ural15/11 - 12:00 Dumbría

1ª Cadete, xornada 10

Muxía15/11 - 10:30 Cabana
Coristanco15/11 - 10:30 Baio
Fisterra15/11 - 11:00 Sofán
Cee15/11 - 12:00 Os Miudos
Corme16/11 - 11:00 Outes
Esteirana16/11 - 11:00 As Baleas
  • Descansa Ponteceso.

1ª Infantil, xornada 10

Xallas StComba15/11 - 10:00 Zas
Cabana15/11 - 10:30 Corme
Vimianzo15/11 - 16:00 Coristanco
Outes16/11 - 10:30 Esteirana
Cee16/11 - 11:00 Fisterra
Sofán16/11 - 12:00 Ponteceso
  • Descansa Os Miúdos.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 3

Dumbría 1-6 Cee A
Cee B15/11 - 11:00 Fisterra
Os Miúdos B15/11 - 12:00 Dumbría B
Os Miúdos A15/11 - 12:00 Lira
As Baleas15/11 - 12:30 Esteirana A
XSC A15/11 - 13:00 Outes A
Sofán15/11 - 16:30 Esteirana B

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 3

Dumbría 5-0Cee A
Cee B15/11 - 10:00 Fisterra
As Baleas15/11 - 11:30 Esteirana
XSC A15/11 - 12:00 Outes
Os Miúdos A15/11 - 13:00 Lira
Sofán15/11 - 17:30 XSC B
  • Descansa Os Miúdos B.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 10

Laxe16/11 - 11:00 Zas
At. Milagrosa16/11 - 10:00 Hosgran
Soneira16/11 - 10:00 Cabana
San Lorenzo16/11 - 11:00 San Román
Ponteceso16/11 - 11:00 Baio
Xv. Bergantiños16/11 - 11:00 Bértoa
Coristanco16/11 - 10:00 Castriz
  • Descansa Dumbría.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 10

Poniente16/11 - 12:00 Vimianzo
Malpica16/11 - 11:00 Cerqueda
Nantón16/11 - 11:00 Sofán
Leiloio16/11 - 11:00 Corcoesto
Porteño16/11 - 11:00 Dep. Carballo
Agualada16/11 - 11:00 Erbecedo
Buño16/11 - 11:00 San Isidro-Razo
  • Descansa Camariñas S.D.V..

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).