Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Castriz non pode co ritmo de San Lorenzo e Zas

2ª Autonómica: O Castriz non pode co ritmo de San Lorenzo e Zas
Seaia-Buno-Foto-David Castro Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Apaixoante esta 10ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Unha xornada que deixa ao San Lorenzo, despois de salvar a proba do Cee, de líder, cun só punto de vantaxe sobre o Zas, que puido vencer en Camelle.

O que non puido sacar os puntos adiante foi o Castriz, que completaba o trío de arriba. Pero os xalleiros protestaron a actuación arbitral e non puideron evitar que un gran Volantes remontase o choque. Ponse o cadro laranxa con 19 puntos, a 6 do liderato, e empatado con Buño e Outes, que non pasaron do empate nos derbis ante o Seaia e Carnota.

Por abaixo, o Montelouro sumaba un puntiño en Ara Solis, o seu segundo; o Camelle mantense con 4; mentres o Ponteceso sumaba outro ante o Mazaricos e o Camariñas, ao que se lle notan tamén unha clara melloría, caía ante o Baíñas.


Camelle - Zas (1-3)

  • CAMELLE: Jimmi, Felisiano, Muxico, Valiña, Dido, Mario, Arnosi, Pantera, Tedín, Tajes e Felipiño.
  • ZAS: Anxo, Martín, Pereiro, Fabián, Vecino, Isma (Pablo, min.58), Peque, Abel (Samuel, min.51), David Blanco (Ternande, min.80), Rubio e Álex.
  • Gol: 0-1, min.38: Vecino tras un saque de banda; 0-2, min.51: David Blanco de penalti sobre el mesmo; 1-2, min.61: Valiña de tiro dende fóra da área; 1-3, min.87: Pablo a centro de Samuel.

Nada puido facer o Camelle ante o potente Zas de Iván Cancela. Pero é que ademais a mala sorte se está cebando cos de Varu, que tiveron que comezar o choque con 10, ata que chegaba Tedín mediada a primeira metade por motivos laborais.

Así e todo os camelláns fixeron un gran despliegue e deixaron moi boa imaxe, sobre todo na segunda. Na primeira foi o Zas o que levou o mando, e as ocasións, rematando con vantaxe pero que puido ter sido máis ampla pero fixo un “recital” de erros. Demostrou aí o Zas por que está aí arriba, tocando ben e chegando con perigo, pero tardou en remachalo choque. Pero se ben Vecino marcaba na primeira, antes Jimmi salvara dúas paradas a Rubio nunha e noutra a “bocajarro”, un man a man de David Blanco que ademais tiña que salvar a defensa baixo paus no rexeite de Vecino, un man a man de Abel

Na segunda, co 1-2 no marcador aínda, puido chegar o empate pero nin Felipe a unha falta, nin Tajes ninha contra nin Dido nun man a man acertaron a anotar.


Porteño - Cabana (2-2)

Porteno e Cabana na Grixa-Foto-Porteno
  • PORTEÑO: Bonano, Manu, Maikol, Caamaño, Curra (Gabi, min.48), Doyle, Roi, Iago (Marcos, min.65), Cristian, Óscar (Cachi, min.67) e Jose.
  • CABANA: Añón, Raúl, Pepe, Iván de Treos, Ismael, Laik (Diego Mato), Diego (Miky Pose), Manolo do Cruceiro (Berti), Fernando, Charly e Iván Mato.
  • Goles: 1-0, min.1: Roi; 1-1, min.13: Iván Mato; 1-2, min.15: Iván Mato; 2-2, min.33: Caamaño.

Partido fulgurante o vivido na Grixa, duro e intenso, con moito xogo aéreo, e con moitas ocasións para ambos lados, alternativas no marcador e unha xusta igualada. Comezou pegando, nada máis sacar de centro, o Porteño, pero en 15 minutos o cadro cabanés, con moita presencia de xuvenís no 11, dáballe a volta ao marcador con dous tantos de Iván Mato.

Seguía o toma e daca constante, e agora era o cadro local o que empataba á media hora.

Porteno-Cabana-Foto-Porteno

San Lorenzo - Cee (2-1)

  • SAN LORENZO: Diego, Javi Puñal, Adrián, Rubén, Pablo Novo, Álex Figueiras, Schuster, Javi Pensado (Joaquín, min.60), Fuentefría (Adrián Fraga, min.60), Carlitos (David, min.78) e Juni (Anxo, min.80).
  • CEE: Parroto, Josiño, Aitor (Hugo, min.80), Tebo, Senlle, Carlos Leis, Piquero, Hidalgo, Leo (Lamela, min.64), Bruno e Andrés (Borja, min.60).
  • Goles: 0-1, min.20: Piquero de cabeza tras unha falta de Aitor; 1-1, min.58: Fuentefría; 2-1, min.75: Juni.

Segue imparable este San Lorenzo de Pedro Gómez, e nin o Cee de Rafa Suárez foi quen de sacar nada positivo de Verdillo, nun choque no que foron mellores os locais, pero tamén o Cee puido sacar algo máis de premio.
Un Cee que chegaba con só 11 xogadores do primeiro plantel, que comezaba arrinconado por un vendabal local. O San Lorenzo nos primeiros 20' gañaba tódalas disputas, pero non conseguía facer grandes ocasións claras de gol. Así e todo foi o Cee o que se adiantou na primeira ocasión que tivo, nunha xogada a balón parado. I é que está tendo mala sorte cos goles en contra o cadro local.
A partir do gol, e pese ó dominio do San Lorenzo, estivo máis cómodo o Cee ata o final da primeira parte.

A segunda parte empezou coma o final da primeira cun San Lorenzo máis metido en campo contrario, pero nun erro Leo avisaba cun balón ao pau, no que o rexeite lle cae a Bruno que remata moi forzado de cabeza e o balón sae fóra. Na xogada seguinte, nun córner a favor dos locais, e despois dun barullo ó borde da área remata cun golazo de calcaño en semivaselina pola escadra.

Veuse arriba o San Lorenzo e noutra falta lateral se adianta cun Parroto que protestou non ter tempo para situarse. Aguantou ben o cadro local eses últimos minutos, pero aínda tivo o Cee unha ocasión de empatar nos pés de Hidalgo pero non se decidiu a tirar e optou por un pase que interceptaron os defensas. Tamén puido o San Lorenzo aumentala distancia pero errou un remate clarísimo de cabeza de Anxo.


Fisterra - Montelouro (2-2)

  • FISTERRA: Norberto, Borja Munitis (Manuel Cartamil, min.46), Santi, Roco, Robertín, Piti, Pablo Lestón, Juan de Elvira (Julito, min.65), Roa, Naranjo (Guardiola, min.55) e Aitor (Yeray, min.75).
  • MONTELOURO: Isma, Pablo, Teo, Pedro, Geico, Gelo, Dani, David (Edu, min.60), Pesi (Abel, min.75), Riki e Edu Balsa (Pepe, min.80).
  • Goles: 1-0, min.9: Roco; 1-1, min.17: Pesi; 1-2, min.30: David; 1-2, min.83: Robertín.

Partido disputado en Ara Solis, cun Fisterra que dominaba o balón ante un Montelouro que agardaba atrás e sacaba algún zarpazo en forma de contra. Así, se se adiantaba pronto o equipo verde, en apenas 15 minutos lle daba a volta e se puña en vantaxe o cadro loureán que tivo algunha ocasión para sentenciar.

Pouco a pouco o Fisterra, ademais de ter o control do balón, foi facendo dano, pero tardou en facelo, ata que preto do final Robertín conseguía unha xusta igualada.

Atento terá que estar o Montelouro pois a acta na Federación sinala un 3-2 para os fisterráns, semella que o colexiado anotou 2 veces o primeiro gol fisterrán.


Volantes - Castriz (4-2)

  • VOLANTES: Marcos, Juan, Brea (Maikel), Mayuyo, Miguel, Espi, Ivi (Suso), Óscar (Pardelo), PIcho, Brais e Piti.
  • CASTRIZ: Diego, Martín, David, Álex, Dani Martínez, Cilindro, Agra, Bolón, Chinda, Joni (Balsa, min.60) e Luís.
  • Goles: 0-1, min.20: Chinda; 0-2, min.30: Chinda; 1-2, min.65: Espi de penalti; 2-2, min.72: Piti; 3-2, min.78: Espi de falta que se cola polo medio da barreira; 4-2, min.84: Suso tras unha boa xogada con Piti.
  • Expulsións: o xalleiro Cilindro, e o delegado xalleiro xa co tempo cumplido.

Choque de trens no Eleuterio Balayo entre dous dos equipos que mellor comezo de temporada están facendo. E disputaron un choque tremendamente intenso, quente por momentos, con bo fútbol, que despois de dominar unha parte cada equipo, quedaron os puntos en Baño tras unha gran remontada na segunda metade demostrando que este Volantes está chamado a grandes cousas.

Comezaba o partido co Castriz máis enchufado. Como avións entraban por banda os de Esteban Blanco, que se metían con 0-2 ao descanso, o segundo protestado polos locais por posible fóra de xogo.

Pero cambiaron as tornas na segunda. Un pequeno baixón físico nos xalleiros, que protestaron e moito a actuación arbitral durante o segundo tempo, foi aproveitado polos laranxas para saír a por todas, cos goleadores ademais que seguen en racha. Pronto recurtaba Espi de penalti e Piti marcaba o golazo da tarde pola escuadra dende fóra da área. A pelexa entre ambos continuaba e desta volta era Espi o que marcaba, con algo de sorte pois o balón colábase polo medio da barreira. Suso, nunha combinación con Piti facía o definitivo 4º tanto.

Polo medio houbo algo de lío. O colexiado estivo a piques de suspender o choque tras unha agresión dun xogador xalleiro e mesmo tivo que ir a Garda Civil. Ao final, o delegado xalleiro tamén foi expulsado por increpar ao colexiado, que mentres marchaba aos vestiario viu como os siareiros visitantes se lle botaron enriba.

Seguen moi arriba os goleadores do Volantes, con Piti de pichichi con 11 goles, só un máis que Espi.


Baíñas - Camariñas (3-0)

  • BAÍÑAS: Sergio Puto, Samuel (Héctor, min.65), Rodri, Luís, Vilas (Iván, min.70), Mario, Eloy, Braulio (Marcos, min.80), Javi Suárez e Tasky (Cristian, min.60).
  • CAMARIÑAS: Pablo, Pereira, Martín, Sergi (Espi, min.75), Moriño, David, Álvaro (Javi, min.50), Ismael, Denís (Chicote, min.70) e Mario Toja.
  • Goles: 1-0, min.50: Javi Suárez; 2-0, min.55: Eloy; 3-0, min.89: Marcos.

Partido vistosos por momentos de bo fútbol polos dous lados. Se Gerpe non acaba de dar ca tecla para gañar partidos, si que está conseguindo facer que o equipo combine ben por momentos, pero aínda lle falta, pero é que a cantidade de baixas (onte con 6 xuvenís na convocatoria) non lle permite facer demasiado. Non tanto ao equipo de Mario de José, cómodo no medio da táboa, recuperando ademais moitos e importantes efectivos.

O choque decidiuse no comezo da segunda metade tras un igualado primeiro tempo no que os visitantes protestaron un posible penalti e expulsión do meta local.
Dous goles de Javi Suárez (o seu 7º da campaña) e Eloy nos 10 primeiros minutos rompía o partido. Deu un paso atrás o cadro vimiancés e o Camariñas tomou o mando pero non conseguiron romper a defensa local, e nunha contra xa co Camariñas volcado, Marcos facía o terceiro.


Ponteceso - Mazaricos (2-2)

11 do Ponteceso ante o Mazaricos-Foto-SD
  • PONTECESO: Brais, Diego Collazo, Javi Peón, Moscoso, Fabián (Dani Valle, min.75), Dani Cotelo (Youssef, min.60), Mendieta, Martín Puente, Alberto Recarey, Dieguito (Juanma, min.55) e Christian Martinez (Pablo Marquez min.84).
11 do Mazaricos no Pinguel-Foto-SD
  • MAZARICOS: Pejo, Miguel (Ferreiro), Esteban (Chico), Martín, Matías, Ricardo, Pereiro, David (José Ángel), Estéfano, Chenel e Molinos (Cabrexo).
  • Goles: 1-0, min.8: Dieguito; 1-1, min.12: Ricardo tras un córner; 2-1, min.30: Martín Puente de fermoso gol olímpico; 2-2, min.40: en propia meta tras unha falta colgada.
  • Expulsión: Javi Peón no min.85.
Ponteceso e Mazaricos saltando ao Pinguel-Foto-SD

Partido igualado no Pinguel, baixo ao chuvia, cun cadro local que saíu máis intenso chegando á área rival. Aproveitou que o cadro amarelo saía durmido e prointo Dieguito adiantaba aos pontecesáns. Un gol que fixo moito dano o cadro de Mazaricos, que, sen embargo, conseguía empatar tras un córner. Seguía o Ponteceso mellor prantado e tendo as mellores ocasións e Martín Puente asinaba un golazo de córner directo. Pero antes do descanso o Mazaricos volvía igualar a contenda con algo de sorte.

A segunda parte comezou co Mazaricos metido moi arriba na área do Ponteceso con dous balóns o pao por medio de Pereiro e Estéfano. Cara o min. 70 o Ponteceso comezou a desplegarse moi ben e foi arriba, pero as mellores chegadas eran dos amarelos, como unha de Molinos. Pero aínda había tempo para máis, o colexiado sinalaba un protestado penalti e expulsión de Javi Peón, pero Brais paroulle a pena máxima a José Ángel. Ao final, un empate que lle soubo mellor ao cadro local.

Ponteceso-Mazaricos-Foto-SD

Seaia - Buño (0-0)

11 do Seaia ante o Buno-Foto-David Castro
  • SEAIA: Sporting Seaia: Jesús, Víctor, Lesi (Parga, min.80), Adrián, Vistas, Eme, Adra (Damián, min.54), Miguel Riveiro, Camilo (Ángel Riveiro, min.80), Nando e Richard (Juny, min.54).
11 do Buno ante o Seaia-Foto-David Castro
  • BUÑO: Víctor, Ángel, Casais (Rubén, min.46), Matías (Eloy, min.46), Diego, Jorge Calvete, Uru (Juan, min.76), Dourado (Emilio, min.46), Jorge (Dani Calvete, min.46), Charro e Neucha.
  • Árbitro: Sergio Espasandín Cores. Amonestou aos locais Miguel Riveiro, Vistas, Eme e ao míster Tato; e, por parte dos oleiros, a Dourado, Eloy, Jorge e Emilio. Expulsou ao xogador do Sporting Seaia, Adrián, no minuto 90 por dobre amonestación.
  • Campo: Pedra Queimada (Malpica). Uns 250 espectadores.

Comezou moi metido no partido o conxunto que dirixe Tato e antes de que se cumprise o primeiro minuto xa avisaría cunha internada por banda de Nando que pon o centro e cando xa se cantaba o gol, Camilo non é quen de conectar o remate. Pouco a pouco, o equipo oleiro foi igualando a contenda e incluso foi mellor que o local durante un cuarto de hora, no cal contou con dúas ocasións de gol; a primeira con un potente disparo de Neucha, que envía a córner Jesús cunha gran intervención cando o balón se dirixía a escadra da portería local, e na segunda tras unha internada de Charro na área, este saca un disparo que salva un defensa do Sporting tirándose ao chan. Antes do descanso, o equipo azul voltou a mellorar e tras un cambio de xogo de Miguel Riveiro que recibe Camilo, este saca un disparo que se vai a rentes do pau, tras librarse de Casais.

Á volta do tempo de lecer, Chema fixo unha revolución no equipo, ata catro cambios, para buscar solución neste derbi, pero sería o Seaia, quen avisaría aos tres minutos de reanudación despois dunha falta colgada por Miguel Riveiro que cabecea arriba Adrián, libre de marca. O partido tras esto, caracterizouse polo que pasa en casi todos os derbis, moita disputa no centro do campo e escasas ocasións de gol. A piques estivo de adiantarse o Buño, logo dun saque de banda de Jorge Calvete que peina Diego, no primeiro pau, para que Dani Calvete saque un remate acrobático que se vai a rentes do pau. Cinco minutos despois, tras un centro de Juny, Camilo non é quen de conectar o remate por pouco. A falta de quince minutos para o final, o Sporting tería dúas ocasións de gol casi consecutivas na primeira Jorge Calvete envía a córner o lanzamento de Juny e na segunda Camilo saca un disparo que se vai por pouco. E aínda teríamos tempo para a polémica cando transcorría o minuto 90, os locais reclamarían unha posible pena máxima de Eloy sobre Juny.


Outes - Carnota (1-1)

  • OUTES: Gato, Borja (Rafa), Saúl (Jura), Roberto, Chía (Babu), Davi, Martín, Yago (Fabio), Oki (Ekías) e Piki.
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Tono da Caixa, Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Nico, Nakata, Pablo Beiro (Iván Maseiras), Raúl (Pablo Pichín), Múchel e Pumuky (Manuel Luís).
  • Goles: 0-1, min.40: Pumuky de fermoso tiro lonxano; 1-1, min.85: Piki tras varios rexeites.

Partido aburrido no Cunchido, cun Carnota moi ben prantado atrás e un Outes que non conseguíu facer o seu xogo. Na primeira se puido meter por diante o cadro local pero Luís lle parou un penalti a Davi. Foi ao fío do descanso cando Pumuky, de gran tiro lonxano, adiantaba aos visitantes.

Na segunda apretou o Outes, pero sen conseguir romper a sempre férrea tela de araña dos equipos de Cambeiro. Varios balóns colgados si que puixeron en apuros ao meta herculino, e finalmente, nunha xogada con varios rexeites, Piki, o máis listo da clase, anotou o gol do empate que lle permite ao Outes seguir ben situado.
Aínda paseáronse dous balóns pola área visitante pero o marcador non se moveu.


Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios