Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Sofán non para e o Malpica sae do descenso a costa do Corme

1ª Autonómica: O Sofán non para e o Malpica sae do descenso a costa do Corme
  • * Última hora: Manolito volve ao banco do Soneira e sucede a José Ángel Pose.
Corme-Malpica -Foto-Wash Calvo 1

Cantas cousas sucederon nesta 10ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O derbi do Cairo centraba as miradas e o resultado corroborou as tendencias dos dous equipos, un Malpica que chegaba tras dúas vitorias seguidas, e un Corme que xa leva 5 derrotas nos últimos 5 partidos.

Por arriba, o Sofán vai ao seu. Xa sabía o que é gaña fóra e onte rubricouno vencendo ao Piloño, sumando a súa 4ª vitoria consecutiva, o que lle permite un colchón de 4 puntos cos perseguidores, o Villestro e o Baio. Os baieses non puideron cun rival da zona alta como o Agolada, que soubo facer o seu partido e levou unha vitoria xusta do Platas Reinoso.

O Soneira era outro dos protagonistas da semana trala destitución de José Ángel Pose como míster do equipo. O capitán Fran de Urroa tomaba o mando, co preparador físico Víctor Santos sentado no banco (que deixará o equipo xunto a Pose), pero o club porase a traballar esta semana para coller o relevo. Non puido o cadro vimiancés con todo un Villestro, que anda na liga dos de arriba.

E cómpre salientar a segunda vitoria, e seguida, da Esteirana, que case sae dos postos de descenso nunha reacción digna dos grandes equipos. Os esteiráns vencían en Bertamiráns ao filial.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Piloño - Sofán (0-2)

11 do Sofan en Pilono-Foto-SD
  • SOFÁN: Lerma, Sito, Javi Souto, Rubén, Félix Garrote, Míchel, Martín (Seo, min.89), Iván Rojo (Brais, min.87), Chechu (Leilán, min.68), Bertín e Raúl (Boedo, min.63).
  • Goles: 0-1, min.57: Iván Rojo define á media volta unha falta prolongada por Raúl; 0-2, min.66: Bertín entrando por banda.
Sofan en Pilono-Foto-SD

Espectacular está este Sofán, xa implacable tamén fóra da casa. O líder da 1ª soubo ler o partido, esperar o seu momento e matar, co bo momento dos seus puntas. Nunha tarde pasada por auga, o guerreiro Piloño non permitiu que o Sofán combinase demasiado. Na primeira metade apenas se deron un par de ocasións, sobre todo a balón parado, pero as defensas estiveron contundentes.

Foi o acerto no comezo da segunda, con dous tantos cae que seguidos de Iván Rojo (que xa suma 6) e Bertín, os que permitiron que a SD nadase e gardase a roupa durante a última media hora. Sacou algunha contra o cadro visitante, pero tamén tocaba sufrir nuns últimos 10 minutos nos que o Piloño se volcou sobre a meta de Lerma, pero é que o muro dos sofanistas é así o demostra os poucos goles que recibe, tan só 7 en 10 xornadas, sendo o equipo menos goleado da categoría, e tamén o máis goleador con 18.

Estes son os goles que nos deixa Luís González:


Villestro - Soneira (3-1)

Soneira en Villestro-Foto-Oscar Basalo
  • SONEIRA: Anxo, Iván Chans (Alberto, min.46), Fran de Urroa, Pichi, Maikel, Sandelo (Richi, min.70), De la Sierra, Mayor (Brais Triñanes, min.60), Basti (Jose, min.95), Javito e Nazo (Cristian Figueroa, min.55).
  • Goles: 1-0, min.21; 2-0, min.60; 3-0, min.64; 3-1, min.75: en propia meta.
Victor Santos dirixou ao Soneira-Foto-Oscar Basalo

Non lle saíu nada neste partido ao cadro soneirán, convulso trala destitución de José Ángel. E iso que comezaba o partido cun Soneira intenso, moi ben situado no campo, e Basti que marraba un man a man aos 5 minutos. Javito e Basti intentábano con tiros lonxanos, pero nunha das primeiras chegadas locais, o Villestro se metía por diante. Este gol fixo moito dano aos soneiráns, que se viñeron abaixo, e o dominio tornouse local, tocando ben, ante un Soneira que non soubo reaccionar.

De feito, sentenciaba nos primeiros compases da segunda o equipo local, ante un Soneira ao que non lle saía nada, nun deses días malos. A mellor ocasión a protagonizaron Richi e Brais Triñanes, pero o porteiro fixo un paradón. Protestaron tamén os vimianceses unha xogada polémica no min.70, cando un xogador local failel unha entrada sen balón a Maikel que puido ter sido vermella directa pero que o colexiado deixou en amarela. Non dubidou na última xogada do partido o colexiado, expulsado ao meta Anxo por unhas apuradas mans fóra da área.
Tan mal lle foi ao cadro soneirán, que só en propia meta conseguiu sumar un tanto ao marcador.


Bertamiráns B - Esteirana (1-3)

  • ESTEIRANA: Fabio, Code, Serrano, Sui, Álex, Saúl (Uru, min.65), Maseiras, Simón, Adrián (Pesco, min.72), Róber Pladur e Pabliño (Kike, min.60).
  • Goles: 0-1, min.22: Róber Pladur remacha de cabeza tras un fermoso detalle técnico de Pabliño no desborde; 0-2, min.45: Saúl marca de reixete tras unha boa xogada por banda; 0-3, min.64: Pabliño empurra tras fermosa xogada de Rober; 1-3, min.80: gol de penalti moi discutido.
  • Lesión: Maseiras con corte no párpado, levando uns cuantos puntos de sutura.

Segunda vitoria da Esteirana que parece coller algúns folgos e resiste a ser o pechacancelas do grupo. Haberá que agardar para ver a reacción dos da Ría de Muros pero agardamos se poñan máis preto dos seus predecesores na clasificación.

Mellorou as prestacións e moito en tódalas liñas o equipo de Esteiro para levarse un triunfo ben merecido cargado de carraxe e moita brega. Non se viu un fútbol atractivo como viña despregando ata o de agora mais sí sacou un rendemento máis positivo a un xogo directo onde a liña de arriba raiou a unha grande altura, axudados eso sí por unha defensa moi segura. Non inquedou o Bertamiráns en ningún momento da primeira e sí o fixo na segunda metade co marcador de 0-2 en contra. Sorprendeu nun contragolpe a Esteirana e matou o partido a pesares de que os locais intentaban acortar e darlle emoción ao encontro. Un penalti discutido nos minutos finais deixou o marcador final entre uns rivais que se pelexan na zona baixa.


Baio - Agolada (0-3)

Baio e Agolada saltando ao Platas Reinoso-Foto-Santi Soneira
  • BAIO: Dani, Fachal, Porto (Saleta, min.80), Mario, Eloy (Alberto, min.46), Martín (Canay, min.66), Brais, Bieito, Rubio (Yago, min.46), Christian e MC.
  • Goles: 0-1, min.30; 0-2, min.44; 0-3, min.88.
Capis do Baio e Agolada-Foto-Santi Soneira

Derrota xusta do Baio ante un rival directo da zona alta como é o Agolada. I é que nesta longa e igualada liga todos os equipos, e máis os de arriba, cha poden liar. Os baieses non encontraron o seu xogo en ningún momento, e a pesar de dominar territorialmente, o segundo gol, que chegaba ao fío do descanso, matou aos de Félix, que non foron quen de revertir a situación nunha segunda metade na que os visitantes souberon nadar e gardala roupa, sacando ademais algunha contra como a que supuxo o 0-3 xa co partido case que rematado.

Baio-Agolada-Foto-Santi Soneira

Estes son os goles do Agolada, da man do amigo Santi Soneira:


Corme - Malpica (1-2)

11 do Corme ante o Malpica-Foto-Luis POrto
  • CORME: Suso; Joshua, Alejandro, Jesús (Manu, min.70), Pandi, Adolfo, Juan Chans, Adrián Doldán, Alejo, Toniño e Antoniño (Josiño, min.58).
11 do Malpica no Cairo-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, Juanjo Rabuñal, Alemán, Baba, Fernando Varela, Joel Pereiro, Cheo (Pablo Díaz, min.67), Cololo (Rodrigo, min.65) e M. Maradona (Diego Alonso, min.60).
  • Goles: 0-1, min.18: Cololo remata de cabeza en prancha un centro de Cheo; 0-2, min.60: Diego Alonso empalma unha deixaba de cabeza de Cololo; 1-2, min.75: Manu tras un centro de Josiño que combinaba con Juan Chans.
  • Expulsión: o malpicán Diego Alonso (min.85).
Capis do Malpica e Corme-Foto-Luis Porto

Sudou sangue o Malpica para sumar a súa terceira vitoria seguida a costa dun Corme que suma 5 derrotas nos últimos 5 partidos. Non mereceu nesta xornada o Corme quedar de baleiro, pois fixo un treito final de partido espectacular pero non estivo acertado cara gol.

Foi un choque fantástico, entre dous grandes conxuntos que fixeron un bo partido, demostrando que os dous deben estar moito máis arriba do que sinala a táboa.

O Malpica levou o peso do partido dende o comezo. Joel Pereiro avisaba, e Cololo abría o marcador e a piques estivo de facer o segundo. Tamén Fernando Varela tivo o 0-2 pero non definiu nestes minutos fermosos pero tolos de fútbol dos dous equipo. Reaccionaba o Corme e Alejo avisaba mandando preto do pau un man a man tras pase de Juan Chans, e noutra xogada escápaselle alta a vaselina. Adrián Doldán buscaba o empate e os cormeláns pedían un penalti sobre Juan Chans que o colexiado víu fóra da área. A primeira metade remataba con esa falta que Josiño mandaba fermosa pero tamén fermosa era a parada de Pombo.

Na segunda seguía o Malpica algo mellor e Diego Alonso facía o segundo. Tardou en reaccionar o Corme, pero foron 20 minutos de abalancha azulona. Manu recurtaba e Toniño e Manu tiveron o empate nas súas botas, pero a sorte non está co Corme neste treito da temporada.

Corme-Malpica-Foto-Wash Calvo

Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios