Venres. 03.05.2024
El tiempo

Análise e os 80 resultados da fin de semana no #FutboldaCosta

Análise e os 80 resultados da fin de semana no #FutboldaCosta
Corme e Malpica saltan ao Cairo-Foto-Fin Lema

Completísima xornada no Fútbol da Costa con máis de 80 partidos, xa con case todos os peques tamén en competición.

E comezamos a análise desta xornada pola Preferente - Senra Sport, con boas novas para os nosos. O sábado arrincaba a xornada coa vitoria do Dumbría en Dorneda, e o domingo o XSC completaba a boa liña cunha vitoria clara ante todo un Betanzos. Ascenden así os de Canosa e os de Coméndez á 8ª e 9ª praza, deixando os postos de descenso a 6 e 5 puntos respectivamente.

Pasou de todo na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. No derbi costeiro, o Malpica sumaba a súa 3ª vitoria consecutiva gañando no Cairo, nun partido no que acabou con 10 sufrindo moito ante a marea azul, superándoo xa na táboa, e deixando ao Corme ao fío dos postos de descenso despois de 5 derrotas seguidas. Uns postos dos que xa case sae a Esteirana, que xa suma dúas vitorias seguidas.
Por arriba o Sofán segue impresionante e sumaba a 7ª vitoria no campo do Piloño, e xa saca 4 puntos aos seus perseguidores, Villestro e Baio, que caía en casa ante un bo Agolada.
A nova da semana a protagonizada o Soneira, despois da destitución de José Ángel. Fran de Urroa tomou o mando mentres buscan adestrador, pero o equipo nada podía facer ante o potente Villestro.

Non para este San Lorenzo. Segue de líder da 2ª Autonómica - ES Bazarra, e nin o Cee foi capaz de frealo. Pero tampouco baixa o pistón o Zas, que vencía en Camelle e se mantén a 1 punto. O que non puido aguantar o ritmo foi o Castriz, pero é que se topou cun gran Volantes, 5º a 6 do liderato e empatado con Buño e Outes, que foi quen de remontar un 0-2. Dous equipos, Buño e Outes que non pasaron do empate ante Seaia e Carbota.
Por abaixo, o Montelouro sumaba o seu segundo punto en Ara Solis, e o Ponteceso rompía unha xeira de 6 derrotas seguidas cun empate ante o Mazaricos. Ademais, o Camariñas caía con rotunidade ante o Baíñas.

Conseguíu frear o Nantón ao Ameixenda na 1ª xornada da segunda das 4 voltas da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, pero os de Manolín seguen imbatidos e con 7 puntos sobre os perseguidores. Ocupa agora o Coristanco, que non fallaba ante o Laxe, a segunda praza de ascenso directo, empatado co Corcubión, que sufría pero conseguía sacar os 3 puntos de Arliña ante un Muxía que segue tendo moi mala sorte. A sorpresa, relativa, da xornada, foi a vitoria do Castrelo en Lombáns, ante un Lira, que suma 4 derrotas, ante as que Pedrosa tamén presentaba a súa dimisión. Era a primeira vitoria dos vimianceses, que a modiño se achegan ao grupo da promoción, e ademais puideron dedicarlla ao novo presi do Castrelo, o xogador Estebo.

Movementos nos Xuvenís

Foi o XSC o protagonista da xornada na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte. Santi Casal persentaba a súa dimisión, e o equipo completaba a fatídica semana cunha derrota en Cee que o deixa fóra dos 3 postos que dan acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega. Resultado que mete ao Cee na loita, pero aínda está por debaixo dos Miúdos, que queda despois de vencer ao Fisterra a 4 do intratrable Dumbría, que sufría demais para superar a un Corcubión que aínda non estreou o taboleiro de puntos; e da Esteirana, que non fallaba co Muxía. O Outes tamén amosa a cabeza por aí arriba.
Xa polo Norte, a xornada chegaba completísima, con varios choques directos. Como o Cabana-Corme, que rematou cunha goleada excesiva que deixa ao líder con máis vantaxe. Tamén foi intenso o Zas-Porteño, que deixa ao Porteño como perseguidor dos cabaneses a só un punto, mentres zaenses e cormeláns quedan a 6. O Camariñas non fallou ante o pechacancelas e queda a 3 do liderato, o mesmo que o Coristanco que fixo o propio co Baio.

Xornada importante na base

Non foi moi positiva a xornada para os nosos equipos de base nas Ligas Autonómicas. Caía o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría ante a visita do Racing de Ferrol, mentres o XSC da Liga Galega Cadete e o Dumbría Infantil sumaban un puntiño na casa ante os herculinos Montañeros e o Calasanz.

Xa nas Ligas locais, xornadas importantes. O Cabana ascende ao liderato da 1ª Cadete tras vencer a un Corme, que chegaba líder e que completa a aciaga fin de semana para a familia azulona. Ademais, noutro choque directo, o Fisterra vencía ás Baleas e se reafirma como candidato.
Mentres, na 1ª Infantil, o XSC segue no máis alto, pero Os Miúdos mantense a 1 só punto.

Ademais, as F8 Alevín Costa Sur e F8 Benxamín Costa Sur disputaban a súa segunda xornada con grandes goleadas.

Os Veteranos

Descansaba o Hosgran na 1ª División, pero aínda mantén o liderato. Conta con 2 puntos de vantaxe ante Coristanco e Dumbría, que non fallaban nos seus complicados partidos ante o Laxe en Zas. O Soneira vai subindo enteiros tras vencer ao San Román.
Ademais, na 2ª División disputábanse dous choques directos entre os 4 de arriba, que deixan a Agualada e Erbecedo nos postos de ascenso tras vencer ao San Isidro-Razo e o Porteño.


Preferente - Senra Sport, xornada 11

Dorneda 1-2 Dumbría
Xallas StComba 4-1 Betanzos

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 10

Piloño 0-2 Sofán
Villestro 3-1 Soneira
Bertamiráns B 1-3 Esteirana
Baio 0-3 Agolada
Corme 1-2 Malpica

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 10

Camelle 1-3 Zas
Porteño 2-2Cabana
San Lorenzo 2-1 Cee
Fisterra 2-2 Montelouro
Volantes 4-2 Castriz
Baíñas 3-0 Camariñas
Ponteceso 2-2 Mazaricos
Seaia 0-0 Buño
Outes 1-1 Carnota

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 10

Muxía 1-2 Corcubión
Lira 0-3Castrelo
Nantón 1-1Ameixenda
Coristanco 3-0 Laxe
  • Descansa Cerqueda.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 10

Cee 4-1 Xallas StComba
Os Miudos 3-2 Fisterra
Esteirana 4-1 Muxía
Outes 6-1 Castriz
EF Corcubión 1-2Dumbría

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 10

Zas 0-1 Porteño
Camariñas 6-1 Malpica
Laxe 5-2 Corme
Coristanco 4-0 Baio
Cabana 6-0 Corme

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 9

Dumbría 1-2 Racing Ferrol

Liga Galega Cadete, xornada 9

Xallas de Santa Comba 1-1 Montañeros

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 9

Dumbría 0-0 Calasanz

1ª Cadete, xornada 9

Os Miudos 2-0 Muxía
Coristanco 2-3 Esteirana
Outes 0-3 Ponteceso
Cabana 3-1 Corme
As Baleas 1-5 Fisterra
Sofán 0-9 Cee

1ª Infantil, xornada 9

Ponteceso 3-9 Vimianzo
Zas 0-4 Os Miudos
Coristanco 1-4 Xallas StComba
Fisterra 2-3 Sofán
Corme 6-0 Cee
Esteirana 5-3 Cabana
  • Descansa Outes.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 2

Dumbría A 5-4 XSC A
Fisterra 2-7 Cee A
Dumbría B 3-1 Os Miúdos A
Lira 1-1 As Baleas
Esteirana A 7-3 Esteirana B
Cee B 0-11 Sofán
Outes A 6-2 Os Miúdos B

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 2

Dumbría 2-2 XSC A
Fisterra 18-0 Cee
Esteirana 5-2 XSC B
Lira 2-12 As Baleas
Cee B 7-1 Sofán
Outes 20-1 Os Miúdos B
  • Descansa Os Miúdos A.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 9

Dumbría 3-1 Laxe
Cabana 2-3 At. Milagrosa
San Román 1-5 Soneira
Baio 0-2 San Lorenzo
Bértoa 1-1 Ponteceso
Castriz 4-2 Xv. Bergantiños
Zas 1-2 Coristanco
  • Descansa Hosgran.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 9

Cerqueda 1-0 Poniente
Sofán 1-2 Malpica
Camariñas 3-0 Nantón
Dep. Carballo 4-3 Leiloio
Erbecedo 6-3 Porteño
San Isidro-Razo 1-3 Agualada
Vimianzo 0-2 Buño
  • Descansa Corcoesto.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios