Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Balonmán: Doble derrota conserveira

Balonmán: Doble derrota conserveira
Choque do BM das primeiras xornadas-Foto-Patry RivasCristian Canosa no choque do BM Camariñas da primeira xornada-Foto-Patry Rivas

Dúas derrotas colleitaron os equipos conserveiros da Costa da Morte na 4ª Xornada da 1ª Estatal de Balonmán. Dúas derrotas que en todo o caso non os alonxan da zona nobre da clasificación.

SD Teucro - Bm. Camariñas (30-25)

  • Bm. Camariñas: Cristian (p), Félix (p), Alan (3), Cristian Canosa (4), Eusebio, Borja, Fabio, Alberto (6), Fran Carril, Cristian Antelo (1), Diego Alonso (1), Fabián (8), Xabi (1).

Gran primeiro tempo e bo inicio do cadro conserveiro, mandando sempre, marchando ao descanso con 5 goles de vantaxe e mantendo a diferencia ata o ecuador da segunda metade. Pero a partir de aí desapareceu o cadro camariñán, que incomprensiblemente se veu abaixo debido á falta de concentración. Remontou o Teucro e nos últimos minutos, a pesar de intentalo cun despregamento físimo importante, non puido reaccionar a tempo deixando o marcador nun 30-25 demasiado inxusto para o visto no campo, nunha derrota na que os colexiados tamén puxeron o seu gran de area sendo caseiros.

OAR Coruña - Calvo Xiria (30-27)

  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (4), Jorge Bouzas (6), Brais Puñal (1), Sergio Facal (1), Miguel Suárez-Pumariega, Chimpo (5), Gabriel Castiñeiras (1), Juan Carlos Rodríguez (4), Pablo Iglesias (3), Manuel Méndez (2), Andrés Vila, Fran Rey, Alejandro Calvete.

Primeira derrota do curso do cadro verde no derbi herculino, nun choque no que os carballeses tardaron en entrar alomenos 10 minutos. 4-1 arrincaba o encontro pero pronto reaccionaban os conserveiros empatando o partido e marchando ao descanso só 2 abaixo. Na segunda intentaron variantes os carballeses pero os herculinos estaban moi finos, saíalle todo e non permitiron que o marcador dese a volta.

 

2ª División Cadete Masculino, xornada 2

  • Resultado: Hierros Varela Urbieta Xiria - Balonmán Camariñas (21-22)
  • Hierros Varela Urbieta Xiria 21 (7): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Franco Rial 1, Diego Rodríguez 4, Carlos Varela 10, Aaron Rodríguez 2, Manuel Rama, Fernando Mallo 1, Xurxo Díaz, Pablo Esmorís 1, Alex Puñal 1, Roque Chao e Toni Calvelo 1.
Bm Camarinas cadete
  • Balonmán Camariñas 22 (6): Martín Luaces (porteiro) César Carbajal 3,Dylan Mouzo 6, Abel Luaces, Bieito Canosa, Javier Martínez, José Romar, Daniel Carril, Fabio Rojo, Anxo canosa 2 e Aaron Pérez.

Derbi costeiro en cadetes cun final de infarto. A falta de 5 minutos para o final, o Hierros Varela Urbieta dominaba no marcador 21 a 16, pero na recta final do encontro os nervios, a precipitación e a reacción dos camariñáns provocou unha impresionante remontada.

Foi un partido igualado o disputado polos dous equipos no Vila de Noia ante un centenar de seareiros. Defensas que dominaban sobre os ataques, máis espesos, e demasiada precipitación nas xogadas ofensivas que deixaba un marcador de 7 a 6 para os locais. O Xiria mantiña a vantaxe gracias ao acerto e a fluidez co balón, pero os últimos minutos foron de tolos cun gran impulso dos visitantes.

Vindeira xornada

Na xornada 5, o Bm. Camariñas recibe o sábado 14 ás 18:30h no Areal (que que en breve se porá en obras de repavimentación) ao Construcciones Castro Octavio. O Calvo Xiria desprázase a Vigo para enforntarse ao Sesona o domingo ás 12:30h.

 

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios