Basket: Boa saúde para os equipos do ACB e emotiva homenaxe para rapaces do Artai
Din que o importante e ter saúde, entón nese aspecto sería unha boa semana para os equipos ceenses, mala se contan os partidos de baloncesto, xa que esta semana non conseguiran ningunha vitoria nos catro partidos disputados. Rematou a tempada regular para os Sénior, que esperan xa os cruces da Copa Privamera.
Por Carballo, entrañable foi a homenaxe a que recibiron hoxe Jorge Guillamet, Marcos Suárez, Daniel Otero, Manuel Pereira, Xabier González, Carlos Sánchez e Jaime Sueiro, sete xogadores júnior do Club Baloncesto Artai que din adeus á súa etapa no colexio. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, quixeron acompañalos na súa despedida.
Na xornada carballesa, o balance foi de catro vitorias e tres derrotas para a familia Artai. TIvo moita emoción o choque das infantís, campionas de liga o domingo e que o celebraron ao grande na cidade herculina. Só unha derrota nas catorce xornadas de liga o que fala do potencial destas xogadoras, adestradas por Fran Cristóbal. Por certo, o base carballés leva un ano para non esquecer porque fai tres emanas conseguín o ascenso co Carballo a un paso senior.
Familia ACB
4ª División Sénior Masculino
- Resultado: FILLOA JAZZ – ACB COSTA DA MORTE (63-46)
- ACB: MANU (10,2T); LUCAS (3,1T), DERIL, TININ (10), SERGIO (6)- CINCO INICIAL – LUCIANO (6,2T), CRISTIAN (4), NEFRY (2), DIEGO (5,1T) E JOSE.
- PARCIAIS: 9-7 / 18-12 / 20-12 / 16-15.
Último partido da liga para o equipo sénior do ACB á espera da formación dos grupos para a posible disputa da Copa primavera. Así, na tarde do domingo se enfrontaban os dous equipos empatados na categoría e onde o gañador se levaría a 6ª praza na táboa clasificatoria. Ante a presión do partido fora da casa os ceenses volverían a erros pasados e sairían brandos en defensa, concedendo xa de inicio un parcial de sete favorable o equipo de novo mesoiro; malia que conseguiron recuperar esa diferenza isto mesmo acontecería nos tres primeiros cuartos onde en todos eles o equipo local iria aumentando pouco a pouco a súa vantaxe.
O último período seria o mellor para os ceenses que se encontraban perdendo dezasete abaixo pero conseguirían remontar ata poñerse a so nove puntos a falta de cinco minutos aínda por disputar, conservando aínda opcións de remontar o partido. Un par de decisións en contra en ataque seguidas de faltas dubidosas en contra e o dominio no poste baixo do pívot coruñés acabarían decantando o partido a favor dos locais que finalmente volverían a vantaxe inicial do cuarto e gañarían con merecemento o partido e a sexta praza. Mal partido dos ceenses fóra de casa que pagaron os moitos erros desde o tiro de tres puntos, pero moi bo partido de Diego e Luciano, este último cadete, saíndo desde o banco. Destacable triplo de Manu a falta dun segundo para rematar o partido desde o medio campo.
En xeral notable actuación do equipo sénior conseguindo sete vitorias na liga regular e conseguindo unha honrosa 7ª praza na clasificación.
2ª División Junior Masculino
- Resultado: CE CUME CEE – BALONCESTO IRMANDIÑOS (23-45)
O equipo ceense presentábase na súa cancha con gañas de cambiar a imaxe dada no partido de ida, onde a diferenza amosada no marcador foi moi avultada. Deste xeito, comezaban cunha defensa moi forte que impedía que os visitantes, un equipo mais forte fisicamente, anotasen con comodidade. Isto non se traducía nunha diferenza de puntos, xa que os ceenses estaban especialmente erráticos en ataque, perdendo numerosos balóns.
A segunda metade continuou con esta tónica, pero os visitantes aproveitaban a súa maior forza física para anotar, sobre todo cando Cristian ou Nando non estaban en pista, sumando unha presión a toda pista hasta o final do partido. O partido concluía cunha diferenza moito maior do realmente visto no partido, co ACB moito mais forte que no partido disputado en Ferrol.
2ª División Infantil Feminino
- Resultado: UNIVERSITARIO FERROL A - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (66-22)
Ultimo partido da liga regular para as pequenas guerreiras do ACB e derrota con contrastes. As ceenses comezaron o partido aterrorizadas, sen defender ca agresividade que acostuman e con precipitación en ataque. Esa mezcla fixo que ao descanso o partido estivera resolto a favor do equipo ferrolán cun parcial de 37-6. Despois do descanso, no que o seu adestrador lles inculcou mais agresividade foron capaces de plantar cara e defender coma todo o ano. Ao final, unha derrota merecida pero con momentos de moi bo xogo ante o líder destacado da categoría.
2ª División Infantil Masculino
- Resultado: MENERAUTO MONTROVE – FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (47-40)
Igualadisimo partido o disputado na tarde do sábado, donde o pequeno e guerreiro equipo ceense planou cara o líder da grupo. Bo encontro dos rapaces nun partido marcado polas defensas fortes, de ahi o tanteador baixo do encontro. Pese o bo inicio, o ACB non pudo manter o bo nivel nos minutos finais e acabaron cedendo o partido nun ultimo e decisivo cuarto.
Familia carballesa
Junio Masculino – 1ª Div. - X.21
- Resultado: CB ARTAI - BÁSQUET CORUÑA (48-63)
- Parciais: 9-17; 27-35; 40-51; 48-63
- CB ARTAI (9 18 13 8):Aítor (2), Jorge (24), Pablo (10), Carlos (7), Marcos, Dani (1) e Jaime (4).
Partido xogado na mañá do sábado no pabellón da Zona Escolar de Carballo, con máis dun centenar de seguidores nas gradas. Antes de comezar o partido rendeuse unha emotiva homenaxe aos sete xogadores junior que se despiden esta tempada do club tras dez tempadas no mesmo. Chano Calvo, Evencio Ferrero,Marcos Trigo, María Fraga, Lola Añón, Javier Cotelo e Fernando Buendía foron os encargados de entregar as placas da eses sete xogadores: Carlos Sánchez, Marcos Suárez, Daniel Otero, Manu Pereira, Jaime Sueiro, Xabier González e Jorge Guillamet recibiron o recoñecemento de toda a familia do club.
Era un partido importante para ambos equipos; para os locais, para os xogadores de Cotelo, era pola supervivencia, por evitar o descenso; para os de Fer Buendía, asegurar a súa praza para a fase de ascenso. Saíron victoriosos os visitantes, con máis fondo de persoal que os locais, con tan só sete xogadores polas baixas de Xabi e Manu. Pese a iso, os locais foron capaces de plantarlle cara aos herculinos, que sufireron de xeito abondo para lograr a vitoria. Non lle perderon a cara ao partido os de Cotelo, intensos en defensa e loitadores ata o último minuto do partido. Pero esas ganas, ese pundonor non foron suficientes para superar aos coruñeses, moi superiores no rebote, tanto ofensivo como defensivo.
Liga Provincial Junior - Fase de Ascenso - Xornada 6
- Resultado: EB XIRIA - MARISTAS (42-70).
- EB XIRIA (14 10 10 8): Diego (8), Fran, Sergio (11), Andrés (4), Mario (2)-cinco inicial-Javi (4), Alberto, Feli (2),Juan (5), Iván, Marcos (3) e Antonio (3).
Último partido da fase de ascenso disputado no pabellón da Zona Escolar de Carballo con máis de cen seguidores nas gradas. Partido sen ningún tipo de transcendencia para ambos equipos; para os locais, sen ningunha vitoria na súa casillero, era o final da fase e para os visitantes, trala sorprendente vitoria do Culleredo ante Narón, idem. Pese a ese condicionante ,ambos equipos pelexaron durante todo o partido e a película do mesmo foi idéntica para os locais ao que levan vivido nesta fase de ascenso. Dous bos primeiros cuarto e moi malos os dous seguintes. Ao descanso, os de Moreira só perdían de dez, 24 a 34, pero nova nova mala segunda parte deixaba a vitoria de forma cómoda aos xogadores de Pablo Cayado.
Infantil Feminina, xornada 14
- Resultado: CB ARTAI - OBRADOIRO (71-22).
- CB Artai: Nuria (12), Emma (21), Sabela (12), María (6), Sara (6), Celia (6), Cayetana (6).
Último partido do ano e para a maioría das xogadoras último partido nesta categoría. Vitoria de principio a fin, cun parcial inicial que marcaba unha diferenza ampla non marcador, non que nalgúns momentos as rapazas xa tingan máis a cabeza na celebración que non propio partido. Felicitar a cada unha delas polo conseguido, tamén aos pais polo ano que levan, dun lado para ou outro, agora toca centrarse na Copa Primavera que é o próximo obxectivo, neste caso xa só coas cadetes.
Liga galega Infantil, xornada 16
- Resultado: C.B. ARTAI - SOLOGAS BASKET SCHOOL (69-54)
- C.B. ARTAI: Carlos (2), Edu (19), Manu (7), Pérez (16), Rubén, Pablo, Mario (5), Nión (13), Caamaño (6), Yago (1).
Visita na mañá do domingo dos ferrolanos, en plena pelexa por prazas de ascenso. Saíron os nosos sabendo que facer, parando ben aos dous xogadores da selección galega de Ferrol, tanto Manu como Mario, encargados de emparejarse coas máis feas, e máis tarde Edu. En ataque, o bo movemento de balón e o acerto exterior, facían sumar puntos aos locais, que aínda así perdían o cuarto por 15-19. Mesma dinámica no segundo cuarto, que nos deixou a xogada do partido cun triplo sobre a bocina de Pérez para deixar aos mozos do cole 7 abaixo ao descanso.
E paso por vestuarios que sentou de luxo aos do cole. Tras uns axustes defensivos e o aumento de agresividade en ataque, os artaicos endosaron un 18-4 aos ferrolanos. De nada valeu a zona dos visitantes nin a posterior presión. E último cuarto no que os azuis aguantaron as primeiras arremetidas de Sologas, e acabáronse levando o cuarto por 19-11. Mágoa a última xogada do partido, na que os carballeses non defenderon e deixaron anotar un triplo aos de Ferrol que lles dá o basketaverage aos verdes.
Crónicas da temporada
- O ACB fai un fortín do pavillón ceense.
- Máis gasolina para a familia do ACB.
- Basket: O Xiria acada o ascenso a 1ª.
- Basket: O Basket Xiria, a un paso do ascenso.
- Basket: O ACB sabe gañar tamén fóra da casa e o Carballo, a un paso do ascenso.
- Basket: Fin de semana con historia no baloncesto carballés.
- Basket: Pensando na cea dos 30anosbasketxiria.
- Basket: Unha vitoria enorme do ACB e unha xornada regular na familia Artai.
- Carballo suma, Cee non tanto.
- As Junior do ACB colócanse líderes.
- Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior.
- Basket: Doble derbi con sabor bergantiñán.
- O ACB pecha o ano con vitoria.
- O ACB xa voa.
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).