mércores. 30.04.2025
El tiempo

Máis gasolina para a familia do ACB

Máis gasolina para a familia do ACB
Julio Lopez e Pais asinando o convenio entre Bazarra e ACB

Boas novas para o baloncesto costeiro. A pasada mañá, o ACB Costa da Morte recibúa a boa nova de que a Estación de Servizo Bazarra renovou o seu convenio co equipo costeiro. Un convenio que permitirá darlle máis combustible durante esta temporada aos xogadores e xogadoras do cadro ceense.

Bazarra é o patrocinador oficial do equipo Junior femenino, ao cal tamén lle dá nome. O patrocinio renovase por un ano máis sendo xa catro os anos consecutivos que a comprometida empresa ceense se implica dunha forma notable co baloncesto da comarca.

Na imaxe vemos a Julio López, xerente de Bazarra, e o presidente do ACB, cunha camiseta do equipo Junior femenino.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios