mércores. 30.04.2025
El tiempo

Basket: O Xiria acada o ascenso a 1ª

Basket: O Xiria acada o ascenso a 1ª
Ascenso do Carballo Basket Xiria a 1 Division Autonomica

A nova da fin de semana para o baloncesto costeiro foi, sen dúbida, o ascenso dos Sénior do Carballo Basket Xiria á 1ª División Autonómica. Os carballeses vencían ao CB Arteixo e confirmaban, a falta de unha xornada, o seu ascenso á categoría galega, un novo éxito para o deporte carballés.

No resto da xornada carballesa non foron bos os resultados. O contrario que por Cee, pois foi unha boa fin de semana para o baloncesto ACB Costa da Morte ca melloría das categorías inferiores, aínda que a nota discordante estivo na mala actuación dun árbitro cos senior que condicionaría totalmente o partido e outro mal encontro dos junior na Coruña.

Familia ACB

4ª División Sénior Masculino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CB LARACHA M3 (41-56).
  • Parciais: 9-12; 22-25; 31-40; 41-56.
  • ACB: Manu (3,1T), Lucas, Déril (8),Sergio (3,1T), Tinin (11) - CINCO INICIAL – Pais (12), Nefri (2), Cristian (2), José e Luciano.
Un centenar de afeccionados presenciarían un bonito encontro dominado pola igualdade máxima entre dous equipos que se conocen moi ben pesa a diferencia na taboa, o CB Laracha está a un paso de proclamarse campeón de Liga, os ceenses sairían cunha boa defensa que lle puxo as cousas difíciles os líderes. Así o intercambio de canastas nos dous primeiros cuartos daría lugar a un partido fermoso e moi desputado con so tres puntos de ventaxa para os laracheses. No terceiro cuarto os de Laracha afinaban no tiro e cunha marcha mais que os ceenses collerían outra pequena renta ata que o arbitro principal comezaba ca sua comedia, unha falta antideportiva cometida por un xogador ceense desataría o enfado de Tinin, que golpea o balón contra o soporte da canasta, no reglamento sancionado cunha falta técnica, pois o arbitro principal, Álvarez Franco, sinalaría unha descalificante, expulsando fulminantemente o xogador e ante as razoables protestas do entrador local na mesa de anotación, o grito de “aquí mando yo” tamén sería expulsado inmediatamente sinalando outra falta descalificante. Así, ante a mirada atónita de afeccionados e xogadores tanto locais coma visitantes, Brais do equipo de Laracha anotaría seis dos oito tiros libres dos que lle serviu o árbitro, alcanzando unha vantaxa que sería insalvable para o equipo ceense, donde Sergio tivo que facer as labores de adestrador e ca notable baixa do seu pívot titular, xa na ducha. Cabe destacar a amigabilidade dos dous equipos durante todo o encontro e sobre todo ó final donde, pese a tensión de moitos momentos non hubo nin un so mal xesto entre eles. Pese a todas as pedras no camiño o equipo ceense realizou un bo partido e plantou cara a un equipo superior que se levou a vitoria con todo merecemento. Mediranse na sua cancha a Adfro a semana que ven.

2ª División Junior Masculino

  • Resultado: BASKET CORUÑA 98B – CE CUME CEE (48-18)
O equipo ceense presentabanse cas baixas de Cristian Vázquez e Adrián por lesión sendo so 6 efectivos. Así comenzaba o primeiro cuarto cometendo erros, pérdidas de balón dadas pola boa presión a todo o campo do equipo coruñés, pese o cal os de Cee ainda conseguían manter unha correcta defensa. No segundo cuarto foi mellor para os visitantes, mais asentados en ataque, con menor número de perdas e unha intensa defensa que faria que os herculinos non anotasen ata a falta de dous minutos para chegar o descanso. O partido estaba aberto tras a reanudación, pero entón foi ahí cando os de Cee non conseguiron anotar hasta o último minuto do periodo collendo xa o basket coruña unha vantaxe enorme que os ceenses non serían capaces de remontar. No último cuarto o equipo local estivo enorme en defensa levándose unha merecida vitoria.

2ª División Infantil Masculino

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE – UNIVERSITARIO FERROL (83-29)
Infantis do ACB Costa da Morte Sobresaliente partido dos pequenos do ACB que gañaron con claridade e contundencia o equipo de Ferrol. Unha defensa enorme e saindo rápidamente o contraataque, seña de identidad do equipo, os de Cee gañarían con suficiencia todos os periodos do partido. Impresionante partido de todo o equipo destacando Carlos con 26 puntos e Dani con 28.

2ª División Infantil Feminino

  • Resultado: UNIVERSITARIO DE FERROL B – FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (31-34)
Partidazo e enorme vitoria das pequenas do ACB na tarde do sábado en Ferrol. Os dous equipos xogabanse o dubidoso honor de non ser os últimos na competición e iso notouse no primeiro cuarto onde tras 5 minutos sen anotar remaría cos dous equipos empatados a 6. Tras o descanso, as xogadoras de Manuel Vázquez melloraban e conseguían a máxima vantaxa de nove puntos que parecía darlles tranquilidade pero mais ala diso cun arbitraxe extremadamente caseiro as xogadoras costeiras Manuela e Lucia serian eliminadas con cinco faltas. Así, cando o partido se decidía a cara ou cruz apareceu a garra das cinco xogadoras ceenses para, con varios rebotes en ataque de Lara e Mencía, os puntos de María a falta de cinco segundos e ante os pitos dunha grada chea de afeccionados locais conseguían levarse o partido nun final de infarto. Enorme partido de Lucia, Manuela, María, Mariña, Mencia, Lara e Paula con momentos de grandísima defensa, intensidade e sangre fría nunha cancha que non era a sua.

Familia Artai

Junio Masculino - Fase de Ascenso - Xornada 5

  • Resultado: B NARÓN - EB XIRIA (80-50).
  • Parciais: 11-18; 34-24; 55-39; 80-50.
  • EB XIRIA (18+6+15+11): Luciano (2) Iván, Juan, Adrián, Diego (13), Antonio (2), Andrés (11), Sergio (9), Mario (11), Marcos e Fran.

Partido xogado na mañá do domingo no pavillón naronés, con menos de medio centenar de seguidores nas gradas. Repetiuse o que vén sucedendo nas xornadas anteriores da fase de ascenso: boa primeira parte dos carballeses, sobre todo o primeiro cuarto, para caer claramente nos dous cuartos finais. A única diferenza respecto de os partidos anteriores foi que o equipo rival, o CB Narón, tivo na súa base, Picallo, un xogador imparable para os carballeses. O mellor xogador da categoría, sen ningunha dúbida, foise aos 48 puntos, dous menos que a totalidade do persoal carballesa. Deu un auténtico “máster” de dirección de xogo e sobre todo de anotación. A nota positiva, dadas as ausencias de Javi, Alberto e Xoel foi a participación de dúas cadetes, Adrián e o debut de Luciano.

1ª Div. Junior Masc. – xornada 19

  • Resultado: LUB BALONCESTO ARTAI - ESTUDIANTES LUGO (53-95).
  • Parciais: 10-14; 27-31; 44-63; 53-95.
  • CB ARTAI (10+17+17+9):Aítor (2), Jorge (10), Pablo (3), Carlos (15), Marcos (4), Dani (3), Xabi (8), Enrique (3), Jaime (4) e Manu.
Boa entrada de seguidores no pavillón da Zona Escolar para asistir ao partido que medía aos locais e ao líder da competición, o Estudantes de Lugo de Alex Polo, que ademais chegaba co persoal ao completo. Foron dous partidos dentro dun; os dous primeiros cuartos foron moi igualados, moi parellos os dous equipos en acertos e en fallos. Os carballeses mantíñanse no partido e só chegaban cunha desventaja de catro puntos ao descanso (27 a 31). Pero a segunda parte foi un vendaval de xogo e anotación dos lucenses quen xustificaron o porqué do seu liderato. Si na primeira parte anotaban 31 puntos ,nos dous cuartos seguintes íanse a 32 en cada cuarto pese aos intentos dos xogadores de Cotelo por manterse no marcador.

Cadete Masculino - 2ª División - Xornada 18

  • Resultado: CB Artai - CB CULLEREDO (36-44).
  • Parciais: 13-16; 22-22; 32-30; 36-44.
  • CB Artai (13+9+10+4): Jota (14), Javi Souto (5), Raúl, Juan López (3), Luciano (3), Santi, Javi López (2), Santi Rey,Pablo Sueiro (5) e Adrián (4).

Visitaba o líder a pista carballesa e tivo que suar e esperar ao último cuarto para levarse a vitoria e manterse invicto. Boa formulación o do técnico local quen durante os tres primeiros cuartos foi capaz de impoñer o seu modo de xogo pese ás importantes baixas de Pozas e Anxo. Agarrados ao acerto anotador de Jota, máximo anotador local, só o último cuarto impediu que a vitoria quedásese en Carballo e romper a imbatibilidade dos líderes.


Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios