Basket: O Vázquez y Reino tamén sabe gañar fóra da casa
Xornada feliz para o basket carballés, pois a pesar da derrota dos sénior, a primeira vitoria do recén estreado sénior feminino é toda unha alegría para a familia Xiria.
Por Cee, gozaron dunha completa, e produtiva, xornada de base.
Familias Xiria
2ª División Sénior Feminina, xornada 3
- Resultado: CD Inmaculada - Vázquez y Reino EBX (22-42)
- Vázquez y Reino EBX: Laura (12), Ana (4), María Pereira, Silvia (12), Sara (4), Limeres (2), Cris, Estela (2), Andrea Mato (2), Alba, Andrea Pombo (4) e Patricia.
Chegou a 1ª vitoria a domicilio para as rapazas do Vázquez y Reino EBX nesta primeria campaña en competición. As carballesas comezaban con moitos erros, pero as locais tamén. As visitantes dominaban á zona, e pesar da baixa puntuación estaban moi ben en defensa. Á volta dos vestiarios as locais saían enchufadas e case que igualaba a contenda. Javi Varela pedía tempo morto, reaxustaba en defensa para manter a superiidade, que se reflexou no último e serio cuarto.
1ª División Sénior Masculino, xornada 3
- Resultado: Calvo Basket Xiria - BBCA Ferrol (59-65).
- Calvo Basket Xiria: Javi Argüelles (4), Héctor (7), Guillamet (5), Manu (4), Roi, Anxo (4), Fran (12), Tato (7), Luís (6) e Moreira (12).
Na prórroga perdeu un partido que tiveron nas mans no último minuto os sénior do Xiria, desperdiciando unha renda de 5 puntos e dúas posesións. O partido marchou á prórroga pero a cabeza xa estaba derrotada e os ferroláns sentenciaron.
Antes, foi un partido igualado, con alternativas, cun último cuarto excepcional, só manchado polo último minuto. Asi, terceira derrota dos carballeses que aínda non estrearon o taboleiro de vitorias.
Familia ACB
Boa xornada para os equipos de base ACB Costa da Morte que nun día de baloncesto intenso no pavillón municipal de Cee acadaron a vitoria na categoría infantil feminino, e no masculino grazas ao bo facer do equipo verde adestrado por Ramón Trillo.
Os cadetes caían ante o Arteixo por un apretado 55-58, e iso que no terceiro cuarto ata se puñan por diante cunha canastra de Fran. As que nada podáin facer en Culleredo eran as cadetes, que caían con rotundidade.
Como dicimos, os e as infantís protagonizaron as alegrías. Os chicos caían no primeiro choque da xornada ante un potente Santo Domingo de Betanzos (12-62) pero eran quen de vencer ao Embal de Laracha por 61-11. As rapazas viron como Iria Martínez completaba un partido espectacular, con 35 dos 41 puntos que serviron para doblegar aos Dominicos.
Familia Artai
Infantís do ArtaiNon puido o Artai da Liga Galega Cadete ante o Bosco Salesianos e acabou sucumbindo por 52-73. Os herculinos, un equipo dos favoritos, puido nesta segunda xornada cuns carballeses que comezaron mal.
Pola súa parte, o equipo cadete da Liga Provincial do Basket Xiria arrasou co Maristas por 92-29, un resultado capicúa.
Xa son 6 as xornadas da Liga Galega Infantil, pero os azuis non puideron vencer a todo un Cenor Obradoiro.
Novas relacionadas
- Xornada de derrotas para o basket costeiro.
- Arrincou a tempada para Xiria, coa gran estrea do Sénior Feminino, Artai e ACB.
- Carballo vístese de verde Xiria.
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).