Camariñas puxo o quimono
13:35 03/03/11
O Pavillón Municipal de deportes de Camariñas foi o escenario que vén de acoller o pasado día 26 de febreiro unha nova xornada do XOGAJUDO 2011 para as escolas municipais e centros da zona da Costa da Morte.
Un evento celebrado coa colaboración do Concello de Camariñas, baixo o patrocinio da Secretaría Xeral para ou Deporte e a organización da Federación Galega de Judo e D.A.
O pavillón viviu unha xornada de Judo na que participaron 230 judokas das categorías benxamín, alevín e infantil e que estiveron arroupados por numeroso público, ao redor de 600 persoas, que seguiron as evolucións dos deportistas con gran interese e que vibraron ademais cunha exhibición a cargo do mestre de judo da escola local.
Participaron as escolas municipais e centros das localidades de: Camariñas, Ponteceso, Cabana, Muxía, Corcubión, Coristanco, Cabana e Finisterre.
Os combates desenvolvéronse nun marco de regulamento adaptado que aproxima aos judokas destas categorías ao Judo de competición, e foron arbitrados por mestres da Federación Galega de Judo que velaron por un desenvolvemento adecuado do evento, e que sumaron un total de 25 voluntarios da Federación Galega de Judo. Ao finalizar o seu participaciónn os deportistas recibiron unha medalla por o seu esforzo e aproveitamento.
Ademais do Cinto Negro 1ºDan de Judo a Francisco Puga Bestilleiro, técnico de deportes do Concello de Camariñas, recibiu un recoñecemento pola súa colaboración, o propio Concello de Camariñas, personalizado na figura do seu alcalde Manuel V. Alonso de León.
Máis información
- Federación Galega de Judo: Fotos de XogaJudo Camariñas 2011.
Novas relacionadas
- Doble éxito do taekwondo e do baile da Costa da Morte.
- Corcubión vivíu a festa do judo máis novo.
- A festa do judo en Corme .
- Os éxitos do judo cormelán .