Venres. 18.10.2019
El tiempo

Cherinkas asume a organización das Carrilanas de Trasouterio

Cherinkas asume a organización das Carrilanas de Trasouterio
A primeira das novidades das Carrilanas de Trasouteiro - ademais do simpático video pormocional -  son os organizadores. A asociación Cherinkas de Vimianzo asume a organización da 25 edición desta singular competición. A baixada terá lugar o 14 de maio. Ademáis dos novos organizadores do evento, haberá outras novidades tales como os  na mañá do sábado 14, comida, a cargo da organización, para todos os participantes e colaboradores, grandes medidas de seguridade e un gran despliegue de medios nos puntos de maior concentración de público para que a xente poida seguir de inmediato como está a descorrer a competición e ao mesmo tempo amenizar con música. A organización sinala que poderán participar todo tipo de carrilanas que non teñan ningún outro medio de propulsión que a súa propia inercia, ou a axuda dos pilotos e que teñan as rodas e o chasis de madeira e o sistema de lubricación das superficies eixe-roda sexa con graxa consistente ou similar. Será obrigatorio o uso de casco integral. Sistema de competición carrilanas trasouteiro Na mañá do sábado día 14 realizarase unha quenda de adestramentos libres opcionais para as escuderias. Xa pola tarde realizaranse dúas quendas oficiais, unha primeira clasificatoria de saída individual na que se tomarán os tempos, e unha segunda conxunta que servirá para determinar as posicións do podio. Para todos os participantes inscritos a organización ofrece gratuitamente a comida previa ao comezo da competición oficial. Aqueles que desexen asistir deberá facer previamente a súa inscrición e confirmar a asistencia a comida. Horarios e premios O calendario previsto é de 11:30 a 13:00 horas os adestramentos libres. O turno da comida para os participantes e voluntarios será de 13 a 16 horas. Ás 17:00 terá lugar a "Quenda 1: Clasificación" e unha hora máis tarde, ás 18 horas, será a "Quenda 2: Carreira". Ás 18:30 horas está prevista a entrega de premios. Os tres primeiros clasificados das carrilanas homologadas recibirán un trofeo elaborado artesanalmente pola carpintería Loureiro. Tamén se premiará á carrilana con mellor deseño que deberá participar nalgunha das probas oficiais. A participación é gratuíta e os interesados deberán descargar o modelo de inscrición (PDF ou Word) e mandalo debidamente cuberto ao email [email protected] O prazo límite para inscribirse é o 13 de maio. Non poderá participar ningunha carrilana que non estea inscrita dentro do prazo marcado. Para poder participar os pilotos e copilotos deben ter cumpridos os 18 anos e usar casco integral con suxeición e peto de protección (estilo motocross). Máis información: Novas relacionadas Fonte

Comentarios