Comeza a 16ª edición das Ligas Comarcais do fútbol base costeiro
Un ano máis, e xa van 16, o Club Deportivo Costa da Morte pon en marcha a Liga Comarcal de Fútbol Sala Costa da Morte.
Como sabedes está é unha liga por e para os rapaces da Costa da Morte. Nela participan un total de 6 Concellos (Fisterra, Corcubión, Carnota, Muxía, Dumbría e Vimianzo), un colexio (Manuela Rial) e dúas asociacións ou clubs deportivos (As Baleas e AD Olimpia).
Estaba previsto que a liga se iniciase o pasado 10 de novembro pero por problemas alleos ó CD Costa da Morte non se puido comezar. Deste xeito a competición comezará esta semana coa segunda xornada en xogo. A primeira xornada haberá que recuperala antes do 30 de decembro.
A liga está dividida en dous grupos e compítese en tres categorías; benxamín, alevín e infantil. Os campións de cada un dos grupos enfrontarase entre sí para determinar o campión comarcal, que terá dereito a xogar a fase intercomarcal. Esta liga está organizada dentro do marco do Deporte en Idade Escolar do programa Xogade, subvencionado pola Xunta de Galicia.
Máis información
- Calendario das LCFs - Grupo 1 - 2012/2013 [pdf].
- Calendario das LCFs - Grupo 1 - 2012/2013 [pdf].
- Nota de prensa do Club Deportivo Costa da Morte, da man de Víctor Santos.