Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Comeza a segunda Fase en categoría xuvenil

Comeza a segunda Fase en categoría xuvenil

Menudo circo protagonizamos onte no sorteo das 2ª fases das ligas Xuvenís no marco da presentación da nova sede federativa en Baio. Custou poñerse dacordo, e tivo que ser cunha moeda ao aire, e coa mítica presencia xornalística na mesa presidencial, a que decidise algunhas cuestións…

En todo caso, xa temos perfilados os emparellamentos para a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil emais para esa fase copeira que só serve para manter relativamente activos aos rapaces. Xa podedes pinchar en www.futboldacosta.com para ver as primeiras xornadas dos Calendarios, que completaremos en canto os prepare a Federación.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

Arrinca este mesmo sábado 21 de xaneiro e se prolongará ata o 25 de marzo.

Liguilla Copeira

Trala renuncia do Zas, quedan 12 equipos que formarán en 3 grupos de 4 equipos, quedando só 2 fóra dos Oitavos. A decisión de facer os grupos por cercanía ou sorteo fíxose por moeda tras un empate técnico nunha dubitativa votación. Así e todo, o grupo 2 deixa ás claras que ás veces as cousas son difíciles de compaxinar...

O Oitavos de CopadaCosta Xuvenil que se celebrarán a partido único, xa contando cos 6 de arriba. Os grupos empezan 28 de xaneiro.

 

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios