Corcubión, Camariñas e Fisterra abren a Liga Costa da Morte de Vela


Volve a vela á ría de Corcubión. Concretamente o próximo 30 de abril e 1 de maio do 2011, cando o Club Marítimo Carrumeiro organiza a primeira Regata da Liga Costa da Morte 2011, a Regata Seo de Corcubión da Clase Optimist e Omega. Unha Liga que volta tralo éxito do ano pasado, cando o clube corcubionés confirmou a súa supremacía por mor da súa experiencia.
A Liga Costa da Morte 2011 consta de varias citas. A primeira sesión foi un Adestramento previo á Liga Costa da Morte, que se desenvolveron os 26 e 27 de marzo na ría de Corcubión (como vemos na foto), ao cal asistiron todos os clubs participantes na liga para realizar saídas conxuntas ao mar e adestramentos cun maior numero de barcos. Este adestramento foi unha novidade este ano pero se obtiveron bos resultados co que en anos vindeiros potenciaranse os adestramentos conxuntos.
Ademais, a Liga Costa da Morte de Vela ten 4 citas, 4 Regatas:
- Regata Seo de Corcubión. Organizada polo C. M. Carrumeiro para os 30 de abril e 01 de maio.
- Regata Letras Galegas en Fisterra, organizada polo Club Náutico de Finisterre para os 28 e 29 de maio.
- Regata C.N de Camariñas, organizada polo Club Náutico de Camariñas para os 18 e 19 de xuño.
- Regata C. do Mar e Náutico de Muxía, organizada polo Club do Mar e Náutico de Muxía, para os 25 e 26 de xuño.
Fisterra, Corcubión e Camariñas
Este ano participan o Club Náutico de Finisterre, que estará con 4 Optimist e 1 Omega de 4 tripulantes; o Club Náutico de Camariñas, con 5 Optimist e 1 Omega; o Club Marítimo Carrumeiro, con 8 Optimist (contando co patrocinio nesta clase de Ferroatlantica 2 embarcacións, Santitel unha, vodafone unha,Tesec unha, O horreo unha) e 1 Omega.
Novas relacionadas
- O mar volveu á escola en Camariñas e Cee.
- Liga Costa da Morte 2010: O Carrumeiro certificou a súa supremacía en Camariñas na Liga Costa da Morte de vela .
- En marcha a Escola de Vela Municipal de Vela de Corcubión.
- Os equipos de Optimist e Omega do CM Carrumeiro izan as velas.
- II Competición en Idade Escolar 2010: A ría de Camariñas acolleu a súa competición do Mar na Escola.
Fonte
- Nota de prensa do Clube Marítimo Carrumeiro.