Nova xornada de Fútbol da Costa neste ecuador de setembro nesta última fin de semana do verán (ás 22:44h deste domingo cambia a estación). E o sol provocou grandes sofocos nos campos da Costa, que viviron grandes tardes de deporte.
Empezamos por arriba, cunha boa xornada na Preferente con só unha derrota e tres vitorias. Derrota ao do Soneira en Riveira, tras saír medio durmidos e recibir un claro 3-0. Mentres, o Bergantiños segue líder con 5 de 5. Con 10 puntos se coloca o Xallas de Santa Comba, facendo un gran inicio de temporada a pesar da revolución tardía. Hoxe vencían 2-1 a un Estudiantil que vai ser dos de arriba. Ademais, o Dumbría daba unha alegría á súa afección vencendo con claridade ao San Tirso.
En 1ª Autonómica a xornada foi dispar. Gañaron o Baio, que estreaba o taboleiro de vitorias ante o que chegaba de líder; e gañou o Malpica e á costa da Esteirana. Ambos se colocan con 5 puntos na 4ª e 5ª posición. Pero ademais da derrota da Esteirana, hai que sumar as do Camariñas, tras ir vencendo 1-3 en Sigüeiro, e do Ponteceso, que sufría un duro pao en Rianxo.
A 3ª xornada da Liga da Costa mantén o efecto sorpresa no alto da táboa. Outes e Porteño seguen intratables. Os da Serra deron a sorpresa da xornada vencendo nada menos que 1-3 en Ara Solis, ante un Fisterra chamado a facer grandes cousas esta campaña pero que aínda non acaba de arrincar. Mentres, o Porteño aproveitou a flebleza do Corcubión, aínda en proceso de adaptación ao novo estilo de Nito. Por detrás, con 7 puntos, quedan Castriz e Sofán, dous dos favoritos, que vencían ao Carnota e ao Muros. O Cee xa vai collendo ritmo pero tivo que esperar ata o minuto 90 para doblegar a un correoso Zas. Os que seguen sen puntuar son o IDC e o Cabana. Mención aparte merece o partido do Cairo. O Corme se metía por diante non sen polémica e cunha suspensión temporal do choque. Con 4-0, e o Camelle cun menos, o cadro visitante era quen de empatar o partido.
E nos Xuvenís, xa na 4ª xornada, imos perfilando candidatos. Polo norte tocáballe descansar ao Dumbría, xunto co Mazaricos, e aínda así mantén o liderato con 9 puntos. Por detrás ponse o XSC con 8, tras golear ao Soneira, e a Esteirana con 7, tras caer ante un Cee que vaise unindo á zona alta, igual que o Fisterra. Polo Norte, o Ponteceso, que chegaba líder imbatido ao Cairo, para o derbi, e o Corme barríao cun claro 5-0 e se coloca líder. O Camariñas e o Malpica igualan tamén aos pontecesáns con 9 puntos, asomando a cabeza tamén como aspirantes.
Nas ligas autonómicas, boas e malas novas. Segue imparable o Dumbría da División de Honra Cadete, situándose líder con 6 puntos, empatado nada menos que co Celta e o Porriño, da man dun espectacular Juan de Dora. E non son tan alentadoras as novas dende a Liga Galega Infantil. Esta fin de semana caeron os 3, quedando XSC e Dumbría aínda sen sumar.
Continúa en marcha a Copa da Costa Cadete e a Liga Infantil, e mentres, en Veteranos, son o Laxe e o San Lorenzo os únicos equipos da 1ª División que suman os 6 puntos, tras vencer con rotundidade a todo un San Román, e ao Muros pola mínima, respectivamente. En 2ª, Corcoesto e Agualada suman tamén encontros por vitoria.
Preferente, xornada 5
Atl. Riveira
3-0
Soneira
Bergantiños
2-0
Viveiro
Xallas StComba
2-1
Estudiantil
Dumbría
4-0
San Tirso
1ª Autonómica, xornada 3
Baio
1-0
Noia
Sigüeiro
4-3
Camariñas
Esteirana
0-4
Malpica
Unión
7-1
Ponteceso
2ª Autonómica, xornada 3
Fisterra
1-3
Outes
Corcubión
2-4
Porteño
Cabana
1-2
Volantes
Sofán
2-0
Carnota
Muros
0-2
Castriz
San Lorenzo
1-2
Mazaricos
Cee
1-0
Zas
Buño
3-1
Indep. Carballo
Corme
4-4
Camelle
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 4
Muros
1-1
Outes
Fisterra
3-0
Lira
Cee
1-0
Esteirana
Xallas StComba
6-0
Soneira
Descansan Mazaricos e Dumbría.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 4
Cabana
7-0
Porteño
Laxe
3-7
Baio
Corme
5-0
Ponteceso
Camariñas
3-1
Castriz
Muxía
1-3
Malpica
Descansa Coristanco.
División de Honra Cadete, xornada 2
Dumbría
2-1
Val Miñor
Liga Galega Infantil, xornada 2
Xallas StComba
0-1
Conxo
Dumbría
1-7
Bertamiráns
Calasanz
1-0
Bergantiños
I Copa da Costa Cadete, xornada 2
G1: Muros – Cee (3-0) (descansa As Baleas)
G2: Baio – Fisterra (3-3) (descansa Esteirana).
G3: Zas – Muxía (5-2) (descansa Coristanco).
G.4: Cabana – Outes (9-2) (descansa XSC).
- Partido aprazado da Xornada 1: G3: Muxía – Coristanco (0-3).
Liga Infantil, xornada 3
Cee
6-1
Fisterra
Outes
0-7
Os Miudos
Coristanco
3-2
Vimianzo
Baio
1-11
Cabana
Esteirana
5-0
Muxía
Corme
8-3
Sofán
Descansa Ponteceso.
Ligas de Veteranos, xornada 2
1ª División
Soneira
2-2
Castriz
San Lorenzo
1-0
Muros
Nantón
0-3
Baio
Ponteceso
4-0
Camariñas
Xv. Bergantiños
2-2
Bértoa
San Román
0-4
Laxe
Zas
4-0
Dumbría
Cabana
2-2
Coristanco
2ª División
Poniente
1-4
Corcoesto
Buño
0-0
Leiloio
Sofán
1-0
Porteño
Malpica
5-0
Erbecedo
Dep. Carballo
5-1
Cerqueda
Vimianzo
0-3
Agualada
Descansa Milagrosa e Camelle-Corme aprazado para o 06-12.