Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A baixa do Soneira B deixa a 3ª con só 12 equipos

A baixa do Soneira B deixa a 3ª con só 12 equipos
O Soneira B dase de baixa da 3ª Autonómica

Nova baixa na 3ª Autonómica, a do filial do Soneira, que deixa unha liga con só 12 equipos. Unha liga coxa, sen dúbida, este curso, a 3ª da Costa. O que xa nos puido confirmar a Federación é que vai ter lugar un Calendario novo para que non queden descansando 2 equipos cada xornada.

"Despois de barallar moitas posibilidades e de falar con todos os xogadores, queremos deixar claro que non foi unha decisión facil de tomar debido ós bos resultados da pasada tempada", valora a directiva dende a súa web.

Ademais, explícannos os motivos de tan difícil decisión: "Os motivos da desaparición do equipo son varios. Por desgracia o equipo non conta con sufientes xogadores para formar un plantel o suficientemente amplo que defendese o escudo do clube como se merece, debido a que moitos dos xogadores do filial subiron ó primeiro equipo para xogar na Preferente Norte. Barallouse a posibilidade de subir algun dos xuvenís para o segundo equipo, pero tampouco era viable debido a que se deixaría ó equipo sen xogadores. Tamén se falou de fichar algun que outro xogador, pero a estas alturas case todos os equipos xa están formados e fichar por fichar tampouco era viable porque o que queremos é apostar pola xente da casa".

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios