Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dani Varela e Diego Cespón analizan o derbi Baio - Dumbría

Dani Varela e Diego Cespón analizan o derbi Baio - Dumbría
Temos unha 1ª Galicia apaixoante este ano, con cinco representantes costeiros que teñen equipos para competir no máis alto. Espérase moito dos nosos conxuntos, e esta fin de semana enfróntanse no Platas Reinoso dous deles, o Baio e o Dumbría, nun encontro que antaño foi final copeira e que agora ten máximo atractivo, con dous planteis plagados de calidade e xente xoven con ganas de comerse o mundo. Falamos con dous dos xogadores máis destacados de ambos conxuntos, o gardameta Dani Varela do Baio e o centrocampista total Diego Cespón do Dumbría. Isto nos contaron: O Baio iniciou ben a liga cunha vitoria a domicilio DANI VARELA (C.D. Baio) QPC - Tivestes un bo inicio coa vitoria en Praíña. Sempre é importante empezar unha competición con vitoria. A pesar das baixas que tiñamos en defensa o equipo fixo un bo partido sobre todo na primeira parte, no tramo final costounos máis e tocou sufrir pero logramos o obxetivo que era traer os 3 puntos para Baio. QPC - Como ves o equipo que montastes este ano? O equipo vexoo moi ben, creo que ó manter o mismo bloque vai facilitar moito as cousas. En canto ás fichaxes creo que coas incorporacions de Damian, Alex Varela , Pablo Romero e o recuperar a Javi Suarez e Bieito a plantilla dou un salto de calidade. QPC - É a túa segunda tempada na segunda etapa no Platas Reinoso. Que tal te atopas en Baio? Pois en Baio a verdade é que me encontro moi a gusto. Cando xurdiu a posibilidade de volver aquí non o dubidei porque sabía que era o sitio idoneo para poder volver a demostrar que podía recuperar o nivel e a credibilidad que perdín polo meu comportamento inadecuado e creo que o estou conseguindo, e gran parte débollo aos compañeiros e a directiva do Baio que me tratan de forma espectacular. QPC - Que partido esperas o domingo contra o Dumbría? Creo que o derbi do domingo vai ser un partido moi igualado e que se decidira por pequenos detalles. O Dumbría este ano perdeu xogadores importantes pero tamén mantivo xogadores que van a marcar as diferencias na categoría como poden ser Cespón, Yuyo ou Iago, e creo que vai ser un equipo que vai dar moita guerra ao longo da tempada. QPC - Ves ó Baio nos postos altos da clasificación? A directiva o obxectivo que nos marcou foi non pasar polos apuros da tempada pasada e lograr a permanencia coa maior holgura posible . En canto aos favorito creo que agora mesmo de partida son o Flavia, Piloño, Lalin e Sigüeiro, creo que son os equipos a priori que van estar na cabeza. Diego Cespón, todo un referente no Conco DIEGO CESPÓN (Dumbría C.F.) QPC - Vaia pao o outro día co Esclavitud. Supoño que o partido estivo moi marcado pola expulsión de Iván Baña. O primeiro partido da temporada costounos os 3 primeiros puntos na casa, onde estamos acostumbrados a facer do Conco un fortín, e sobre todo marcou ou condicionou un pouco o partido o penalti e expulsion que sufrimos ós 15-20 minutos de empezar o partido. Ainda asi na primeira parte non estuvemos tan intensos como deberiamos, o Esclavitud saliu mais enchufado e nos fixo moito daño con cada balón que metía á espalda da nosa defensa. Na segunda parte correximos eses errores e a verdad é que pasamos a xogar en campo contrario e a dispoñer de ocasions bastante claras: Dous remates a balon parado de Matias, un que tocou no largueiro e outro que nos sacaron baixo paos. Un man a man de Marcote que o balon non entra por muy pouco e outro remate a balon parado de Pablo Paz que acaba no pao. E xa acabando, na unica chegada que tuvo o Esclavitud na segunda parte, meteronnos un golazo de fora da área por toda a escuadra. Ainda asi, a nota positiva que sacamos foi que o equipo respondiu moi ben fisicamente a pesar de estar con 10, penso que non se reflejou no campo tal inferioridad e dispuxemos de ocasions claras para darlle a volta o partido. QPC - Este ano parece que veremos un Dumbría diferente, despois dunha renovación de plantel moi importante, con moita xente xoven. O equipo ven dun cambio xeracional importante, do cal marchou xente veterana e con experiencia despois de 6 anos competindo en Preferente, e chegan xogadores xóvenes con moi boas condicions en general xa que foron participes dos ascemsos das categorías inferiores ás ligas gallegas. Ainda que necesitan ese pequeno tempo para asentarse na categoria e seguir coñecendonos uns a outros. Semana a semana vese a melloria, estamos nun bo momento físico e Julian Ferreiro encargase en cada adestramento de querer sacar o mellor de nos tacticamente. A pesar de ter unha plantilla un pouco curta, penso que faremos un gran ano. Pero temos que ser conscientes e primeiro asentar o equipo na categoria, sin mirar para arriba na clasificiacion e, despois deso, seguir medrando semana a semana. QPC - E o domingo, o primeiro derbi xa. Esta fin de semana temos o primeiro derbi, nun campo complicado como é o Platas Reinoso e sobre todo contra un equipo tamen renovado e con xente xoven ó mando, pero con unha pequena diferencia con nós, e que eles xa levan una anos xogando xuntos e estou seguro que este ano van facer unha gran temporada. Ademais tendo 3 balas arriba como son MC, Javi Suarez e Ivan Rojo, que en 1ª Galicia poden facerlle moito daño as defensas ca velocidad e habilidad da que dispoñen. Eu personalmente vexo o Baio mais forte dos ultimos anos ainda que marchara xente importante como Martín, pero de seguro que deixou os “chavales” co guión ben aprendido. Ainda asi sabemos donde e como podemos facerlles daño, e si somos serios e expeditivos en defensa, arriba vamos ter as nosas ocasions a pesar de que a dia de hoxe temos tres baixas importantes como son Marcote (que é duda), Marcos Mouro e Alberto Loureiro que non van a estar. QPC - Como ves a liga e ós restantes equipos costeiros? Dos equipos favoritos non podo falar moito porque a verdad non sei como se reforzaron os da zona de Santiago, pero na Copa Diputacion tocounos lidiar co Sigüeiro, e polo que sei desta categoria, van ser claros candidatos o titulo xa que se reforzaron moi ben con xente de preferente e incluso terceira division. E o equipo costeiro favorito para esta temporada para min sin duda o que mellor plantel ten é o Soneira. Xa o ano pasado me extrañou que quedaran tan abaixo na clasificación, pero cos reforzos que fixo este ano penso que estarán entre os 4 primeiros clasificados.

Comentarios