Martes. 15.10.2024
El tiempo

Deporte e saúde con DáFit: Fast Food, receitas de comida rápida saudable

Deporte e saúde con DáFit: Fast Food, receitas de comida rápida saudable
O ritmo de vida acelerado e estresante fai que moitas persoas se vexan na obrigada de alimentarse con frecuencia  a partires de comida coñecida como fast food ou comida rápida. Esta falta de tempo para dedicarlle a un aspecto tan importante como é a alimentación, unido ó aumento da oferta de comida procesada, lista para o seu consumo inmediato, provocan unha serie de cambios nos hábitos de alimentación da poboación cara un consumo de alimentos de alta densidade calórica, ricas en azucres, graxas “trans” e lácteos. O fast food é moi común entre a mocidade, parellas que viven soas ou persoas que traballan moitas horas ó día con problemas de tempo. Sobre todo, é un estilo de vida para a xente sen moito tempo para comer, evitando así o cociñar  a un prezo razoable. A gran expansión de cadeas de establecementos que serven este tipo de comida, costumes de grupo, prezos adsequibles, publicidade, etcétera. Alimentos como hamburguesas, batidos, patacas fritas, polo frito, pizzas e demais snacks forman parte da alimentación diaria dunha inmensa maioría de persoas, que, sen darse conta, están levando a cabo unha dieta pouco variada e desequilibrada, con moitas desvantaxes e perigos para a saúde e o benestar en xeral. O problema preséntase cando estes alimentos son inxeridos de maneira diaria ou habitual. Pois non só aumenta o risco de obesidade, senón que o seu consumo frecuente diminúe a cantidade de froita, aceite de oliva e de alimentos ricos en auga da inxesta habitual, afastándose da saudable Dieta Mediterránea. ¿Qué clase de nutrintes e ingredientes leva ou aporta este tipo de comidas?
  • Alta cantidade de proteínas de orixe animal.
  • Aditivos como conservantes, colorantes e potenciadores do sabor, que xeran o hábito de consumir este tipo de comida.
  • Abundante cantidade de azucres simples, graxas saturadas, colesterol e sodio.
  • Aporte baixo ou nulo de fibras e vitaminas.
  • Elevadísimo aporte calórico por inxesta.
Pero a falta de tempo non debe ser un motivo para levar unha dieta des-equilibrada. Con un pouco de organización, e dando prioridade ós alimentos frescos fronte ós precociñados, podemos llevar unha dieta saludable e equilibrada. Porque, ¿hai algo mellor que preparar na casa a nosa propia comida? Merece a pena disfrutar destas comidas informais feitas cos mellores produtos, resultando así, máis sabedoras e sans. Hoxe as nosas  propostas van dende as masas de pizza, a salsa de tomate frito, pasando pola carne de polo dos Nuggets, bocadillos ou hamburguesas. “Pizza de xamón e espárragos trigueros” Ingredientes:
  • Para a masa: 250 grs de fariña integral, 250 grs de fariña especial pizza, un chorriño de aceite, pizquiña de sal, auga tibia.
  • Salsa de tomate: 1 bote de tomate triturado natural, 1 cebola pequena (opcional), ½ cucharadiña de sal, ½ cucharadiña de azucre ou Stevia, aceite de oliva virxe extra, ourego.
  • Topping: 200 gr xamón cocido, queixo mozzarela light rallado, champiñóns laminados, 1 tomate, espárragos trigueros frescos.
Elaboración: Mesturamos as fariñas nun recipiente, formamos un oco no centro e engadimos o sal, aceite e vamos engadindo auga e amasamos de fóra cara dentro ate conseguir unha masa que non se pegue. Non é necesario amasar moito. Formamos unha bola e deixamos repousar tapada, nun lugar cálido. Estiramos a masa cos dedos nunha superficie enfariñada, podemos axudarnos dun rodillo. Dámoslle forma e colocamos sobre papel de fornear para precociñar uns 10 minutos no forno (con ventilador arriba e abaixo) previamente prequecido a 180ºC. Sofritimos unha cebola picadiña en dúas culleres de aceite (opcional, tamén se podería picar unha rama de apio), engadimos o tomate con a sal e o azucre para contrarrestar a acidez e deixamos reducir. Estendemos a salsa de tomate pola base de masa precocida, colocamos uns taquiños de xamón cocido, queixo mozzarela light, champiñóns laminados, unhas láminas de tomate natural e uns espárragos trigueros precocidos no microondas nunha funda ól vapor. Doramos uns minutos no forno a 180ºC. E listo!!   “Nuggets de polo e sésamo” Ingredientes (para 2 persoas):
  • 1 peituga enteira de polo.
  • 1 ovo e  1 clara.
  • Fariña de millo.
  • Sésamo branco e negro.
  • Sal e pementa.
  • Aceite de oliva.
Preparación: Troceamos a peituga, salpimentamos, pasamos polo ovo e unha mistura de sésamos e farina de millo. Fritimos en abundante aceite de oliva e escorremos o exceso de aceite en papel de cociña. Acompañamos con salsa Wolden Farms sen calorías. ComeconDafit-Nuggets de polo con sesamo   “Hamburguesa caseira” Ingredientes para 1 hamburguesa:
  • 100 grs de carne recén picada sen graxa (70 tenreira/30 porco).
  • 2 lonchas de queixo baixo en graxa.
  • 1 ovo.
  • Leituga.
  • Tomate.
  • Pan de semillas
Preparación: Misturamos ben as carnes, salpimentamos e formamos unha bola. Na prancha ben quente engadimos unha culler de aceite de oliva e a carne, que aplastamos cunha escumadeira. Para que se cociñe ben por dentro podemos tapar con papel de aluminio e tamén presionar a carne por cada volta contra a prancha. Colocamos a loncha de queixo sobre a carne para que se funda. Cociñamos o ovo tamén á prancha e ó gusto de cada quen. Montamos a nosa hamburguesa cos ingredientes en capas e mostaza Dijon. Comecondafit-Hamburguesa caseira   “Steak sándwich ou bocadillo de tenreira” Ingredientes (para 2 persoas):
  • 1 barra de pan integral.
  • Rúcula.
  • Mostaza Dijon.
  • Pepinillos en vinagre.
  • 2 medallones de babilla.
  • Aceite de oliva virxe extra e vinagre de Módena.
Preparación: Quecemos a prancha, engadimos 2 culleres de aceite de oliva virxe e cociñamos a tenreira ó punto con sal e pementa. Deixamos repousar a carne uns minutos. Partimos a barra de pan á metade, untamos a mostaza sobre a que estendemos unhas follas de rúcula aliñadas con aceite e vinagre, unhas láminas de pepinillos e a carne cortada en pequenos filetes. Si queredes saber máis sobre comida rápida saudable e con receitas paso a paso, non vos perdades as nosas recomendacións para preparar na casa  na conta de  Instagram #comecondafit. ComeconDafit-Steak sandwich ou bocadillo de tenreira  

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios