Deporte e Saúde con DáFit: Que nos di o etiquetado dos alimentos??
19:18 25/05/16
Sen azucre engadido- reducido en azucres- LIGHT- “fonte de fibra”- “sen glute”-0,0% Materia graxa- sen graxas saturadas, baixo contido en sal...
Recordamos: Dos alimentos que escollamos e da cantidade que se inxire depende o aporte de nutrintes de cada dieta e, como consecuencia disto, o estado da saúde. Os alimentos compoñense de: auga, nutrintes (hidratos de carbono, graxas e proteínas) e outros nutrintes como minerais, vitaminas e fibra.
Vantaxes do Etiquetado.
Adicar uns minutos de maneira habitual a ler o etiquetado, axudaranos a seleccionar mellor os alimentos que nos permitan, por un lado, levar unha dieta adecuada, e por outro, previr enfermidades relacionadas coa alimentación.
O etiquetado é principal medio de comunicación entre os produtores e o consumidor, e permítenos coñecer o alimento, a súa orixe, modo de conservación, os ingredientes que o compoñen ou os nutrintes que aportan a nosa dieta. Por iso é moi importante que exista unha regulación que asegure comprender de forma sinxela e clara toda a información relativa ós alimentos que consumimos.
• É unha ferramenta imprescindible para ter unha alimentación saudable e responsable.
- Coñecer con seguridade os ingredientes que conteñen os alimentos.
- Coñecer as características nutricionais dos alimentos.
• Axuda a tomar decisións que se adapten ás necesidades e preferenzas individuais.
- Valorar economicamente a relación entre o prezo e a calidade do alimento.
• Informa sobre substancias ou produtos que cause alerxias ou intolerancias.
• Axuda a mellorar a seguridade alimentaria:
- Coñecer a fecha de duración mínima ou caducidade do produto a consumir.
- Saber as condicións de conservación e utilización do alimento.
- Detectar algún ingrediente en persoas alérxicas ou intolerantes.
- Detectar sustancias ou produtos que poidan afectar á saúde.
• Axuda a comparar produtos e a elixir as alternativas máis axeitadas.
Existe un importante número de normas legais que coidan que a información que nos chega sobre composición ou propiedades dos alimentos estea perfectamente estudada e aprobada, sobre todo os seguintes aspectos:
• A información sobre o produto que debe mostrarse.
• A veracidade das propiedades saudables de cada alimento.
Entre dita normativa atopamos normas e reglamentos de carácter nacional, pero tamén moitas correspondentes á Comisión Europea, no referente ó etiquetado, presentación e publicidade dos produtos alimenticios. Este feito permite a mobilidade (por toda a Unión Europea) de certos produtos, ó tratarse de medidas globais e estandarizadas.
Información obrigatoria no etiquetado dos alimentos envasados:
• Denominación do alimento: nome do produto, descrición do mesmo ou ben o nome do produto no país de procedencia. Debe indicar o estado físico no que se atopa o produto ou o tratamento ó que foi sometido (en pó, conxeado, afumado, etc). En ningún caso se poderá substituír a denominación por unha marca comercial ou mensaxe publicitario.
• Lista de ingredientes.
• Cantidade de determinados ingredientes o de categorías de ingredientes.
• Cantidade neta do alimento envasado.
• Fecha de duración mínima (“Consumir preferentemente antes de”), ou fecha de caducidade (só se emprega para alimentos moi perecedoiros).
• As condicións especiais de conservación e/ou as condicións de utilización.
• Nome ou razón social e a dirección dirección do fabricante ou operador, no seu caso, importador na UE.
• Respecto ás bebidas que teñan máis de 1,2% no volume de alcohol, especificarase o grado alcohólico volumétrico.
• O número de lote.
Que nos di a información nutricional?
A cantidade de enerxía (valor enerxético e determinados nutrintes: graxas, graxas saturadas, hidratos de carbono, azucres, proteínas e sal) que teñen os alimentos mídese en unidades denominadas Kilocalorías (Kcal.) ou Kilojulios (KJ.). Como medida de referencia, no etiquetado de alimentos indícase a cantidade de KJ./Kcal. que aporta ese alimento ó consumir 100g. ou 100ml.
Ainda que a información nutricional será obrigatoria a partires do 13 de decembro de 2016, moitos produtos xa incorporaron de forma voluntaria dacuerdo co establecido na nova normativa.
Axencia Española de Consumo, Seguridade alimentaria e Nutrición (AECOSAN)
Que significan os Números E que aparecen na lista de ingredientes?
Por exemplo, E-330, E-300, E-950, etcétera. Corresponden ós aditivos alimentarios empregados na elaboración de produtos, e a letra E, indica que é un aditivo autorizado na Unión Europea. Os Aditivos son sustancias naturais ou sintéticas (químicas) que se engaden ós alimentos, non polo seu valor nutritivo, senón co fin de facilitar a súa conservación, mellorar a súa aparencia, o sabor, o color, etc. Engádense de forma voluntaria e son regulados de forma estrita, e periodicamente son sometidos a revisións para asegurar a súa inocuidade e/ou seguridade.
Declaracións nutricionais:
Para ofrecer unha maior variedade de produtos, a industria modifica algunhas propiedades dos alimentos. Na etiqueta esta práctica reflíctese nos seguintes mensaxes:
• Declaración nutricional: posúe propiedades nutricionais benéficas específicas con motivo de:
- O aporte enerxético (valor calórico), que proporciona ou non, ou que proporciona en grao reducido ou incrementado (baixo valor enerxético, light, sen graxas).
- Os nutrientes ou outras sustancias, que contén ou non, ou que contén en proporcións reducidas ou aumentadas (enriquecidas en calcio, sen azucre, fonte de vitamina D»).
• Declaración de propiedades saudables: que existe unha relación entre unha categoría de alimentos, un alimento ou un dos seus constituíntes e a saúde, aprobadas especificamente polas Autoridades Sanitarias Europeas, («O calcio contribúe ó funcionamento normal dos músculos, reduce os niveis de colesterol,etc.).
Sería importante que…
• Te familiarices coas etiquetas dos produtos alimenticios.
• Comprobar a súa procedencia e ingredientes. Para sabe o que tomas.
• Cando consumas un produto con determinadas propiedades nutritivas saudables, fai caso do etiquetado e non te excedas na cantidade diaria recomendada.
• Non compres alimentos cunha procedencia da que non esteas moi convencido/a ou incumpra as normativas vixentes sobre o etiquetado, presentación e publicidade, por non ofrecer a información detallada sobre o seu contido e propiedades.
Sesións con Dafit
- Alimentación & Nutrición: Clasificacións.
- Ciclo Circadiano, Arredor do día.
- Fast Food, receitas de comida rápida saudable.
- Receitas #ComeconDafit con produtos de temporada.
- Suplementos Queimagraxas!.
- Comer SAN, pode ser MALO?.
- A primavera o sangue altera!?.
- Ácido Láctico.
- Efecto EPOC ou Postcombustión.
- Novas tendencias culinarias.
- KickBoxing, para todas as idades!.
- Estiramentos… Si ou non?.
- Cales son as lesións máis frecuentes?
- Exercicio funcional para saber cargar pesos.
- Electrofitness con Dani Trillo.
- #DaFitKIDS.
- O bo, o malo e o feo? NON (Falamos do colesterol).
- Paciencia para recuperarse do Nadal.
- Os mitos da Alimentación.
- Para Maiores!.
- Hipopresivos & Isométricos.
- Bewater, my friend!.
- Maniotas, quen non as padeceu algunha vez?.
- Previndo a dor das costas.
- Apostamos polo Crossfit.
- Unha de surf.
- Comer, todo é bo, na medida xusta!.
- Outono de sendeirismo.
- Invadindo o Conco.
- #CorreconDafit.
- “A xente vén buscando estética e sae con saúde”.
- O Deporte e o Adestramento persoal como identidade dende a Costa da Morte.
Máis información
Fonte
- Enlace patrocinado.