Martes. 15.10.2024
El tiempo

Deporte e Saúde con DáFIT: Suplementos Queimagraxas!

Deporte e Saúde con DáFIT: Suplementos Queimagraxas!
Ó longo dos últimos anos, nos países industrializados, apareceron cantidades inxentes de  suplementos queimagraxas. Existe un concepto arredor deles, tal como “pócemas máxicas”, que unha vez as tomas comezas a perder graxa sen ningún esforzo a maiores, unha idea que se afasta moito da realidade, e que en parte é xestada polas agresivas campañas publicitarias. Por si sos non axudan a perder a graxa, senón que só cumpren o seu cometido dentro dun contexto xeral no que se dan outros factores: dieta san e equilibrada e actividade física constante). Atados ó sendentarismo e creendo en produtos milagre? Atados ó sendentarismo e creendo en produtos milagre? En que consisten? Inclúen nas súas fórmulas unha mestura de ingredientes(normalmente soe ser cafeína ou outros estimulantes, extractos de plantas, vitaminas e minerais) cuxa acción sinérxica favorece a perda de tecido graxo, a través de varios mecanismos:
  • Aumentando a termoxénese: Con substancias que teñen a capacidade de activar ou acelerar o metabolismo e por conseguinte aumentar a temperatura corporal.
  • Efecto diurético: Favorecendo a eliminación de exceso de líquidos. Cafeína, Cola de cabalo, Dente de león, Guaraná, Ortiga, Hinoxo, etcétera.
  • Reguladores da tiroides: inclúen ingredientes que regulan a resposta hormonal permitindo que a función tiroidiana sexa a correcta, e motivando para que o metabolismo se acelere.
  • Efecto Estimulante: Estimulantes da resistencia e do sistema nervioso central. Permiten  elevar o umbral de percepción da fatiga. Cafeína, Sinefrina, Té verde, Guaraná, Garcinia, etcétera.
  • Efecto Lipolítico:  Ingredientes capaces de acelerar a utilización dos depósitos de graxa como fonte de enerxía, e por conseguinte a súa eliminación. Tamén chamados “mobilizadores de graxas” xa que, provocan que maior cantidade de ácidos graxos sexan liberados, producíndose a posterior conversión en enerxía.
  • Efecto supresor do apetito: Ingredientes que axudan a reducir o antollo por certos alimentos.
  • Potenciadores insulínicos: Teñen un papel destacado no metabolismo do azucre e da insulina, aumentando a sensibilidade celular cara esta hormona, e de aí nos procesos de enerxía. Si a insulina non é eficaz na súa función, tanto a glicosa como os aminoácidos non absorbidos poden regresar ó fígado onde serán transformados en tecido graxo. Os minerais Cromo e Vanadio e o Ácido alfa lipoico son ingredientes que melloran a función insulínica.
A actividade física é a clave: Non son ningún substitutivo da práctica deportiva nin dunha dieta, senón un complemento mais. Referíndonos a  eficacia: Só funcionan e  xeran resultados, cando se consumen mentres se realiza actividade física que xere un gasto calórico adicional. Sempre deberán acompañarse dunha alimentación correcta e de exercicio cardiovascular.  Esta é a fórmula máis efectiva, a combinación destes dous elementos, xunto cos complementos precisos: Alimentacion san e equilibrada   A mellor forma de empregar estes produtos é con coñecemento, só así se evitarán os excesos innecesarios no organismo e consecuencias indesexadas. Así como non funcionan as dietas milagre, nin benefician a saúde, tampouco existen produtos milagrosos. Para perder graxa e tonificar, deberíase:
  • Levar unha dieta equilibrada. (ten en conta a pirámide alimenticia: que alimentos se deben comer e en que cantidades).
  • Hidratación. Beber como mínimo dous litros de líquidos (e se é auga e infusións … pois moito mellor).
  • Móvete!! O exercicio diario e o que conseguirá a eliminación de graxas e a tonificación. Busca unha actividade física que che guste e que te motive a diario para conseguir ser constante (aspecto fundamental a constancia: continuar coa actividade física e non facer longos paróns).
  • Si che gusta o doce... ten ese alimento como unha recompensa semanal, un capricho unha vez estean cumpridos o resto dos pasos anteriormente citados.
Para a Fundación Española de Dietistas-Nutricionistas, tal e como detallou en 2012, no documento ¿Como identificar un produto, un método ou unha dieta "milagre"?, unha perda exitosa de peso é aquela que:
  • Non produce unha rápida perda de peso (porque xera o chamado “efecto rebote”
  • Fai que perdas graxa e non masa muscular.
  • Consegue que a perda se manteña co paso dos anos.
  • Evita o aprendizaxe de conceptos erróneos acerca da alimentación e que se  integren, en cambio, hábitos de alimentación axeitados.
  • Mellora a saúde e a calidade de vida.
  • Non ten efectos secundarios adversos.
Recomendacións e  consellos á hora de tomar os queimagraxas: Dende A Sociedad Española para el Estudio de la Obesidad (SEEDO) recoméndase evitar o seguinte:
  • Nunca sigas tratamentos farmacolóxicos sen rexistro oficial ou nos que non se especifique a súa composición cuantitativa e cualitativa.
  • Evita utilizar fórmulas maxistrais (cápsulas milagrosas) nas que se mesturan diferentes compostos de dubidosa procedenza.
  • Está demostrado que o uso de diuréticos e laxantes non ten ningunha indicación no tratamento da obesidade. Aínda que inicialmente se observe como o peso baixa  ó liberar a retención de líquidos, non se eliminará nin un gramo de graxa.
  • O barato sae caro. Os  perigos para a saúde e o temido efecto yo-yo.
  • Esquece as dietas rápidas. A maioría funcionan a costa da auga corporal e a masa muscular, e non das graxas. O seu éxito radica en que prometen perda de peso sen cambiar de hábitos.
Pirámide de vida activa. A actividade física ten efecto preventivo así como terapéutico. Móvete! Pirámide de vida activa. A actividade física ten efecto preventivo así como terapéutico. Móvete! Para perder peso e reducir graxa, no caso de estar indicado, en primeiro lugar deberíase  acudir a un dietista e/ou nutricionista, pois é o profesional sanitario capacitado e indicado para orientar con respecto a perda de peso. É moi importante que a inxesta destes produtos este supervisada por un profesional, como diciamos, para evitar potenciais danos polo seu consumo. E o que realmente funcionará  para perder graxa é o cambio de hábitos. Ningún produto vai a producir grandes resultados e cambios por si sos. Eres da zona e queres manterte activa ou activo? Pois non dubides en achegarte a Dumbría, ás instalacións deportivas do Conco? Sairás gañando! ;) Boa semana!!    

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios