Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Diario dumbriés dunha fin de semana de piragüismo nos Pirineos

Diario dumbriés dunha fin de semana de piragüismo nos Pirineos

O xoves día 27 partiu dirección Francia a expedición do CDM Piragüismo Dumbría. Viaxaban Iago Canosa, Javier Trigo e Aarón Núñez compartindo furgoneta cos palistas do Club Penedo, Luis Fernández, e do CP Valmiñor, a internacional Antía Loira e Uxía Dacosta. Todos marchaban con moita ilusión para competir na Copa Pirineos de Slalom, o circuito de competicións onde te podes apuntar sen pertencer a unha equipa nacional máis prestixosa do mundo.
Aló agardaban palistas de 12 nacionalidades distintas, e 4 continentes representados, que dan, ben ás claras, o increíble nivel da proba.
Por se fora pouco, participantes de renome internacional, coma o Campión do Mundo e doble medallista olímpico Fabien Lefebre, ou o africano Boukpeii, medallista en Pekín. Sería coma competir no equivalente ó Rali de Montecarlo, pero en augas bravas, i en tres das canles sedes habituais de Campionatos do Mundo, de Europa, ou coma no caso de La Seu, ata duns Xogos Olimpicos.

Despois de máis de 12 horas de carretera, chegamos a Foix, o primeiro río no que íamos a competir. Estaba un pouco pasado de auga, e con previsión de subir máis aínda o caudal, o venres o mediodía estaba en 150 m3/s. Sobre as dúas do mediodía entramos na auga; a corriente tiraba moito, as contras eran moi fortes, había algún rulo descomunal e o final do tramo un tren de olas que casi volcaban para atrás, a pesar de non ter hora de entreno remamos duas horas. O nivel do río subía tanto por mor do desxeo que o sábado pola mañán casi se suspende a competición. Una hora máis tarde do previsto arrancou a competición. Entre a dificultade do río e un par de portas de esquí postas a mala fe, a tónica do día foron os "cincuentas", tanto en palistas noveles coma noutros máis experimentados. Pola tarde non se puido acabar a proba a causa de que o caudal do río xa superaba os 200m3/s decidindo a organización finalmente por suspendela. O domingo a expedición dumbriesa como non se podía remar en Foix colleu dirección Orthez e alí entrenou un par de horas compartindo canal co equipo nacional de Holanda e con alguna que outra granizada.

O luns tocaba a canle de Pau, unha das máis complicadas do mundo. Os nosos tres palistas estaban ansiosos por remar alí, posto que oiran falar muito da sona de esta canle, divertida e difícil a partes iguales. Aproveitamos os 45 min de entreno que tiñamos e pola tarde a competición. Esta vez foron máis benévolos co percorrido, as portas estaban na dirección da agua e non había demasiadas trampas. en semis e en finales subiron a dificultade. Os únicos galegos que conseguiron pasar foron Antía e Marío, acostumbrados a remar nese tipo de canal e a ese nivel de competición. Martes pola tarde fomos a Pau río, de mangazo, entrenamos un par de horas, poucas contras e moita ola e rulo.

Despois de acabar a proba de Pau tiñamos uns días libres hasta Seu e o miércoles non o dudamos, volvemos a entrenar en Pau canal todolos galegos e excepto Antía que rompeu o barco os 20 min de sesión, o resto aprobeitamos hasta o ultimo minuto de canal. A diferencia que na Seu, remar en Pau canal e factible, según o día pagas oito ou cinco euros por una hora, en Seu obligante a coller o canal todo e pagar 220. Como o cansancio xa se iba acumulando miércoles a tarde fixemos un pouco de turismo, visitamos Lourdes, eso si que é un bo negocio e non o corte ingles…polo resto todo moi bonito.

Xoves partimos dirección España, a subida do porto de montaña foi do máis divertido do viaxe, una furgoneta cargada de rapaces e un pico nevado dan moito xogo; una horiña e pico que nos retrasamos xogando ca neve. As doce chegamos a vila lleidana de Sort, donde fixemos una sesión de dúas horas de entreno. Coma o viernes non tíñamos hora na Canle Olimpica ata as 6 da tarde, decidimos ir pola mañan a Ponts, río no que fixeron una e onde se van realizar este verán os Campeonatos de España. Traballamos dúas horas a ritmo suave xa que pola tarde tiñamos os entrenos oficiais na canle de La Seu, que por sorte, estaba moito menos saturada na hora de entreno do que estaba a de Pau.

A Competición de La Seu foi parecida á de Pau: marcaron un recorrido factible para as semifinais, subindo considerablemente a dificultade para as rondas finais. O domingo unha vez que Uxía Dacosta rematou as finales de canoa partimos dirección Galicia todos con ganas de repetir para o vindeiro ano unha viaxe inolvidable, donde puidemos remar nun monton de ríos distintos co mellor do slalom mundial, dende Campions do Mundo ata medallistas olímpicos. Pode ser que esta sexa a primeira copa pirineus de moitas para o CDM Piragüismo Dumbría posto que se trata dunha experiencia impresionante.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do CDM PIragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.

Comentarios