Donato, con acento costeiro


Xa está na rúa o novo libro futboleiro con acento costeiro. Despois de crear Mar de Paixón co seu tío Luís Porto, Héctor Pose vén de rematar a súa última aventura literaria. "Donato" chámase o novo libro do malpicán publicado pola editorial barcelonesa Damajuana.
Son 190 páxinas pulcramente ilustradas, entre as que destaca unha longa carta en primeira persoa que o exfutbolista hispano brasileiro lle escribe ao seu referente vital, seu pai, para contarlle como lle foi na vida. Donato cóntalle a Héctor a súa infancia nos arrabais de Río de Janeiro, as súas primeiras patadas a un balón de coiro no Nacional FC, a fichaxe polo América CF e logo o Vasco da Gama de Romario, Mazinho, Roberto Dinamita... e gañar tres veces o campeonato brasileiro.
A historia do brasileiro non sería a mesma sen España. Viría axiña Jesús Gil a fichalo para o Atlético de Madrid ou Lendoiro por aquel iniciático Super Dépor, a selección española... Respóndelle ao pai con outra misiva e logo hai unha posdata, o making of do libro a modo de diario, onde o autor relata todos os pormenores do libro. O prólogo asínao..., outro grande fundamental para a historia branquiazul, Bebeto.
A obra está salpimentada coas opinións de máis de 50 personalidades do mundo do fútbol, a quen o autor tivo a sorte de entrevistar por múltiples medios: Zico, Bebeto, Mauro Silva, Ricardo Rocha, Jorginho, Fernando Hierro, Aldana, Djukic, Fran, Arsenio Iglesias, Julen Guerrero, Del Bosque, Irureta, Javier Clemente, Enrique Cerezo, Luis Enrique, Unzué, Lendoiro, Michael Robinsom, Paco González, Futre…
Presentacións
A obra xa se presentou aos medios deportivos de Madrid a pasada semana e farase o propio o día 9 de xuño ás 20:00h na Deportenda de Riazor. Logo, virá un amplo periplo de presentacións por Galicia e resto do Estado. Esta semana estará á venda en todas as librerías de España e Latinoamérica.
Novas relacionadas
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”
- Un árbitro á sombra dun rododendro.
- Os imprescindibles.
- Miculita-Sieso-Manín: tridente letal.
- O Míster.
- Manolo… Manolo Casal.
- Periscal e… gol!.
- Remexer nos papeis doutros.
- Tonié.
- Un gol en Santa Comba.
- Domingo de fútbol.
- Un Mar de Paixón: Un proxecto…, xa traxecto.
Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa
- Lema Suárez: A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Chema Rei: Aqueles anos no Balsiño.
- Xosé María Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).