Esta fin de semana ponse en marcha o groso das competicións do fútbol da Costa. Se a pasada xa comezamos coas Preferente e 3ª Autonómica , esta fan o propio as 1ª Autonómica (este ano con tan só 2 dos nosos clubes), a 3ª Autonómica (este ano como Grupo 4) e a Liga Xuvenil Norte Gr.4 .
Xa vimos como hai bastantes horarios modificados para esta xornada e para toda a campaña , polo que teremos que estar atentos cada fin de semana para non acodir ao campo á hora errónea.
Continúa o mercado de fichaxes
Entrementres, continúan as idas e vidas, e os equipos seguen perfilando os seus planteis. Un dos que máis se ten reforzado este verán é o Fisterra, que onte presentaba a outro que volve a casa: Marco Docabo . Será a segunda etapa de Marco como xogador do Fisterra, co cal conseguiu gañar unha liga e xogar en Liga Galega cos xuvenís e unha copa da costa cos sénior. Marco chega logo dun ano no Dumbría.
Preferente Norte, xornada 2
Soneira 04/09 - 17:00 S.de Compostela
Dumbría 04/09 - 17:00 O Val
Bertamiráns 04/09 - 18:00 Santa Comba
Xallas 04/09 - 18:00 Chantada
1ª Autonómica, xornada 1
Ponteceso 03/09 - 18:15 Cariño
Villestro 04/09 - 16:00 Cee
2ª Autonómica, xornada 1
O Pindo 04/09 - 15:45 Sofán
Corcubión 04/09 - 17:00 Corme
Mazaricos 04/09 - 17:00 Fisterra
San Lorenzo 04/09 - 17:00 Esteirana
Muros 04/09 - 17:00 Dumbría B
Buño 04/09 - 17:00 Zas
Nantón 04/09 - 18:30 Malpica
Baio 04/09 - 19:00 Camariñas
Castriz 04/09 - 19:00 Club do Mar
3ª Autonómica, xornada 2
Xaviña 03/09 - 16:00 Montelouro
Lira 03/09 - 16:00 Outes
Soneira B 03/09 - 18:00 Indep. Carballo
Camelle 03/09 - 19:00 Alcaián
Muxía 04/09 - 17:00 Coristanco
Laxe 04/09 - 17:00 Corcoesto
Fisterra B 04/09 - 17:00 Cerqueda
Carnota 04/09 - 18:45 Porteño
Cabana 04/09 - 19:00 Volantes
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 1
Coristanco Sáb.3 17:00h Dumbría B
Malpica Sáb.3 17:00h Camariñas
Ponteceso Sáb.3 17:00h Laxe
Muxía Sáb.3 17:00h Corme
Cabana Sáb.3 17:00h Zas
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
Ler máis