Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: A loita en marcha

3ª Autonómica: A loita en marcha
Comezou a Liga da 3ª da Costa. 19 equipos xa están en marcha, todos co obxectivo do ascenso. E parece que xa hai varios que comezan con ritmo forte. Aí está o recén creado Volantes de Baño, primeiro líder trala súa tremenda goleada ao Muxía. Ou o Porteño, que quere voltar pronto á Liga da Costa e deu conta do Lira. Coa vitoria tamén se fixeron o Outes, Cerqueda, Alcaián, Coristanco e o renovado Montelouro, que volve á competición. Os dous únicos empates déronse entre Corcoesto e Xaviña, dous dos colistas do ano pasado, e entre Fisterra B e Indenpendiente, no debut do filial fisterrán que conta con moita xuventude, pero con gañas de practicar un bo fútbol.

Porteño - Lira (4-0)

  • PORTEÑO: Jimy, Pejo, Yago, Maikol (Quilmes, min.71), Iago Sestayo, Asier, Cousillas (Piti, min.81), Ismael (Oscar, min.78), Brais, Tajes (Sergio Vilaseco, min.58) e Pablo Santacristiña (Pablo de Quintáns, min.68).
  • LIRA: Quique, Josiño, Fran, Angel (Chindo, min.10), Fran (Manolo, min.52), Fran, Fernando, Álvaro, Gabri, Ancho e Suso Patachín.
  • Goles: 1-0, min.35: Brais; 2-0, min.38: Iago, de falta; 3-0, min.48: Pablo Santacristiña; 4-0, min.67: Brais.
O recén descendido Porteño parece que non quere estar moito tempo na Terceira e comezou con goleada o seu camiño cara o ascenso. O Porteño, que conta cunha numerosa representación de xogadores do desaparecido Vimianzo. O Lira moi mermado polas baixas apenas tirou a porta de Jimy e en ningún momento fixo peligrar a vitoria local. O dianteiro local Pablo estuvo moi activo durante o tempo que estivo no campo, puido adiantar aos da Ponte ao pouco de comezar, pero primeiro a súa vaselina ao porteiro foi sacada baixo paus por un defensa liracho e logo o seu disparo dende a frontal foise ao longueiro. Sen facer un gran xogo o Porteño recuperaba rápido o balón e chegaba con máis facilidade a área contraria. Brais foi quen abriu o marcador cun disparo dende a frontal coa esquerda e pouco despois Iago puxo a tranquilidade para a parroquia porteña ao lanzar unha falta escorada a banda esquerda, o porteiro non estivo moi afortunado, pois o balón colouse a rentes da base do pau corto. Nada máis comezar a segunda metade, Pablo encontrouse co gol que tanto buscara e que firmou cun brillante remate a media volta que se colou por toda a escadra. A partir deste gol os locais comezaron a tocar o balón e practicaron un bo fútbol durante 20 minutos, a partir do cuarto gol, obra Brais tras recibir entre liña e bater no man a man por raso, o partido caeu en intensidade e xa non habería moitas máis ocasións de gol.

Corcoesto - Xaviña (3-3)

  • CORCOESTO: Siro, Rodri, Miguel, Germán (Manuel, min.30), Edelmiro, Javi (Lista, min.75), Carlos Longo, Pablo, Miguel II (Couto, min.60), Uru e Luis (Martín, min.70).
  • XAVIÑA: Pablo, Gallego, Juan Antonio, Chapu, Adrián, Frutos, Diango, David, Elvis, Ángel e Martín.
  • Goles: 0-1, min.3: Ángel; 1-1, min.25: Miguel II; 2-1, min.40: Carlos Longo; 2-2, min.56: Martín; 3-2, min.70: Uru; 3-3, min.88: Alberto.
O Corcoesto deixou pasar a oportunidade de ganar fronte ao Xaviña, que a pesar de comezar gañando pronto perdeu o dominio do partido. O conxunto local fíxose co mando, deu a volta ao marcador e gozou de boas oportunidades para sentenciar. Non obstante, o Xaviña nunca baixou os brazos e pelexou ata o final. A falta de dous minutos, un tanto de Alberto rescatou un punto que o Xaviña mereceu por esforzo pero privou de dous a un bo Corcoesto.

Alcaián - Carnota (2-0)

  • ALCAIÁN: Rizos, Pombo (Diego, min.88), Luisito, Dani, Rubén, Pío, David Negreira (Daviciño, min.66), Pazos, Roberto, Nahuel (Nando, min.63) e Pistolas.
  • CARNOTA: Peipo, Tono, Borja Santos (David Castreje, min.65), Manolo, David, Joselu (Boni, min.78), Andrés, Rodrigo, Manuel Luis (Pumuki, min.75), Casti e Manoliño.
  • Goles: 1-0, min.15: Pío; 2-0, min.35: Pistolas.
O Alcaián foi o sábado un rival moito máis duro do esperado para o Carnota, un dos candidatos ao título. O conxunto de Alfredo Cambeiro debutaba en Terceira tras o traumático descenso e non puido facelo con peor pe. A imaxe no foi mala e deu a cara, pero faltoulle puntería. Tivo mellor tino o Alcaián, que non tardou en adiantarse no marcador. Un bonito contraataque permitiu aos de Víctor Pazos tomar vantaxe. Pío foi o encargado de finalizar a xogada aos quince minutos. O cadro visitante non estaba demasiado cómodo, aínda que gozou de algún acercamento antes de que Pistolas, cunha magnífica xogada individual, puxese o 2-0 que encarrilaba o choque. O Carnota mellorou na segunda metade pero para entonces o Alcaián xa contaba cunha boa vantaxe. Casti e Manoliño, os atacantes do equipo blanquiazul, non estiveron a súa tarde e non foron capaces de superar a Rizos a pesar de contar con moitas oportunidades. Ao final, o esforzo recompensou aos locais.

Outes - Laxe (4-0)

  • OUTES: Gato (Joan, min.65), Arturo, Saúl, Martín Lago, Martín Caamaño, Oki, David, Fabio (Damián m.46), Quin, Fernando (Pitu, min.46) e Pesco (Deivi, min.60).
  • LAXE: Jacobo, Adrián, Antonio, Iván, Jaja, Rubén, Manuel, Rellán, Samuel, Diego e Cefe.
  • Goles: 1-0, min.3: Fernando; 2-0, min.8: Fabio; 3-0, min.14: Fabio; 4-0, min.30: Fernando.
O Outes non encontrou rival nun Laxe que acudiu á cita moi mermado polas oito baixas que arrastraba. O equipo local non tivo piedade dun rival que acudiu con só once futbolistas e que non puido aguantar os primeiros envites. Fernando e Fabio repartíronse o 'pastel' nun arranque fulgurante que non tivo resposta. A segunda metade, moi aburrida co choque decidido, puido omitirse.

Montelouro - Cabana (2-1)

  • MONTELOURO: Isma, Geiko, Pedro de García (Canelo, min.60), Teo, Álvaro, Chema (Juan, min.55), Dani de Sahorta (Pablo, min.46), Denís (José, min.75), Pesco, Raúl (Edu, min.46), Rico.
  • CABANA: Añón, Pancho, Fariña (Darío, min.70), David, José, Fernando (Óscar, min.75), Diego (Sandro, min.60), Jacobo, Eloy, Rubén Rama, Nando (Miki, min.65).
  • Goles: 0-1, min.30: en propia a saque de córner de Eloy; 1-1, min.70: Rico de penalti; 2-1, min.80: Rico
  • Lesións: Fariña e Diego por parte visitante.

Voltaba o Montelouro á competición tralo seu parón e non puido mellor o seu regreso. O equipo cabanés, que este ano aspira ao ascenso coa fichaxe do ex adestrador do Buño, Pablo Mallón, non amosou a súa mellor imaxe. O campo duro de Louro e os mikasa pesaron nos visitantes, e os locais controlaron o peso do partido con moito balón arriba e máis forza. Pesco creaba perigo a cada balón que chegaba pola área.

Así e todo, foi o Cabana o que se adiantou na primeira pero a sensación era de que o gol do empate ía chegar. Puido chegar no primeiro tempo pero o colexiado non viu o penalti de Añón. E foi na segunda, xa contra o min.70 cando os locais deron a volta ao marcador, con dous tantos de Rico, un de penalti, que auparon unha xusta vitoria aos muradáns.

Volante de Baños - Muxía (9-0)

  • VOLANTES: Bolero, Juan, Ramón, Maikel, Chapote, Brais, Varito, Pardelo, Edu, Piti e Nimo. Tamén xogaron Mou, Dani, Fran, Paki e Javi.
  • MUXÍA: Cristian, Santi, Javi, Curras, Martín, Alvaro, Miguel, Julian, Ziro, Alberto e Arsiles. Tamén xogaron Ramón, Peski e Carrera.
  • Goles: 4 Piti, 2 Brais, 1 Iván Chapote, 1 Pardelo, 1 Fran.
Gran debut dos muradáns do Volantes de Baño, que parece que traen un equipo moi competitivo, con ex do Muros como Piti, Varito, Brais ou Pardelo, que non renunciará a nada. Pola contra, os muxiáns, tras sufrir moitas baixas, parece que o pasarán mal ao longo da tempada, pero aínda hai moito tempo para redirixir o futuro.

Coristanco - Atl. Pereiriña (1-0)

  • CORISTANCO: Gonzalo, Iván (Mallón, min.70), Germán, Oscar, Marcos, Pazos (Castro, min.55), Dani (Carlos, min.70), Luís, Benitez, Arantón (Sergio, min.65) e Toniño.
  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Grille, Javichu, José Express, Mateo, Mario (Jorge, min.72), Adán, Rafa (Morcillo, min.60), Josiño, Paulino (Alex, min.70) e Riki.
  • Goles: 1-0, min.75: Mallón.
Un Coristanco con moi poucas caras novas e un moi renovado e ilusionado Pereiriña xogaron un partido máis propio de pretempada con pouco fútbol e intensidade. Bo botín sacou o Coristanco nun encontro moi igualado e no que calquera dos dous equipos puido gañar. O choque non foi moi vistoso, ambos conxuntos fixeron un fútbol moi directo e as ocasións de gol foron case todas en xogadas a balón parado. Os locais lanzaron dous balóns aos paus, Benitez, na primeira metade e Dani na segunda. Por parte dos da Pereiriña, Poki por dúas veces e o ex do Camariñas, Josiño, puideron marcar. O gol da vitoria local foi de Mallón ao definir ante o porteiro unha contra.

Cerqueda - Camelle (4-0)

  • CERQUEDA: Che, Javi, Juan, Rober (Dani Añón, min.70), Javi II (Nion, min.77), Dani (Joan, min.80), Alex, Lorenzo, Manu, Dieguito (Jonathan, min.72) e Maikel (Jorge, min.60).
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri, Manuel, Juanjo, Valiña, René (Adrián, min.46), Iván, Álvaro (Sergio, min.46), Felipe e Mario (Martín (Alvaro Pantera, min.60))
  • Goles. 1-0, min.38: Alex; 2-0, min.42: Juan; 3-0, min.71: Lorenzo; 4-0, min.82: Alex.
Sen facer un gran partido o Cerqueda superou ao reaparecido Camelle que ten moita xuventude nas súas filas e necesita un período de adaptación. Os locais pouco a pouco foron entrando no partido e foron marcando goles, aínda tiveron varias ocasións máis e tres tiros aos paus. O pichichi do Cerqueda, Alex, firmou dous goles e semella que vai a estar de novo na parte alta da táboa dos goleadores.

Independiente - Fisterra B (2-2)

  • INDEPENDIENTE: Upi, Rafa, Dani, Jorge (Gustavo, min.46), Scott, Rubén, Carlos, Cholo (Sande, min.46), Míchel (Juni, min.70), Ivi e Brian (Iván Lorenzo, min.80).
  • FISTERRA B: David, Roberto, Dudo, Cote, Senra, Eddy, Hidalgo, Cote, Bruno, Marco Castreje e Carlos.
  • Goles: 0-1, min.30: Hidalgo; 1-1, min.55: Rúben; 2-1, min.70: Ivi; 2-2, min.82: Bruno.
Empate xusto entre os carballeses e os novos fisterráns. O encontro transcorreo con alternativas no control e no marcador. Tras un inicio controlado polos locais, os fisterráns tomaron o control no medio e se adiantaron por medio de Cristian Hidalgo. Á volta do descanso, saíu mellor o equipo local que deu a volta ao marcador por medio de Rubén e Ivi. Pero un fallo do meta local contra o final foi aproveitado por Bruno para sumar o primeiro punto dun filial fisterrán, que de seguro dará que falar ao longo da campaña.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios