Esta fin de semana ponse en marcha o groso das competicións do fútbol da Costa. Se a pasada xa comezamos coas Preferente e 3ª Autonómica, esta fan o propio as 1ª Autonómica (este ano con tan só 2 dos nosos clubes), a 3ª Autonómica (este ano como Grupo 4) e a Liga Xuvenil Norte Gr.4.
Xa vimos como hai bastantes horarios modificados para esta xornada e para toda a campaña, polo que teremos que estar atentos cada fin de semana para non acodir ao campo á hora errónea.
Continúa o mercado de fichaxes
Entrementres, continúan as idas e vidas, e os equipos seguen perfilando os seus planteis. Un dos que máis se ten reforzado este verán é o Fisterra, que onte presentaba a outro que volve a casa: Marco Docabo. Será a segunda etapa de Marco como xogador do Fisterra, co cal conseguiu gañar unha liga e xogar en Liga Galega cos xuvenís e unha copa da costa cos sénior. Marco chega logo dun ano no Dumbría.
Preferente Norte, xornada 2
Soneira | 04/09 - 17:00 | S.de Compostela |
Dumbría | 04/09 - 17:00 | O Val |
Bertamiráns | 04/09 - 18:00 | Santa Comba |
Xallas | 04/09 - 18:00 | Chantada |
1ª Autonómica, xornada 1
Ponteceso | 03/09 - 18:15 | Cariño |
Villestro | 04/09 - 16:00 | Cee |
2ª Autonómica, xornada 1
O Pindo | 04/09 - 15:45 | Sofán |
Corcubión | 04/09 - 17:00 | Corme |
Mazaricos | 04/09 - 17:00 | Fisterra |
San Lorenzo | 04/09 - 17:00 | Esteirana |
Muros | 04/09 - 17:00 | Dumbría B |
Buño | 04/09 - 17:00 | Zas |
Nantón | 04/09 - 18:30 | Malpica |
Baio | 04/09 - 19:00 | Camariñas |
Castriz | 04/09 - 19:00 | Club do Mar |
3ª Autonómica, xornada 2
Xaviña | 03/09 - 16:00 | Montelouro |
Lira | 03/09 - 16:00 | Outes |
Soneira B | 03/09 - 18:00 | Indep. Carballo |
Camelle | 03/09 - 19:00 | Alcaián |
Muxía | 04/09 - 17:00 | Coristanco |
Laxe | 04/09 - 17:00 | Corcoesto |
Fisterra B | 04/09 - 17:00 | Cerqueda |
Carnota | 04/09 - 18:45 | Porteño |
Cabana | 04/09 - 19:00 | Volantes |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 1
Coristanco | Sáb.3 17:00h | Dumbría B |
Malpica | Sáb.3 17:00h | Camariñas |
Ponteceso | Sáb.3 17:00h | Laxe |
Muxía | Sáb.3 17:00h | Corme |
Cabana | Sáb.3 17:00h | Zas |
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).