Venres. 29.03.2024
El tiempo

Resultados da volta do fútbol da Costa

Resultados da volta do fútbol da Costa

Voltou o fútbol da Costa. E voltou con gañas. Os nosos 4 equipos da Preferente xa están en marcha, ao igual que os da 3ª da Costa, este ano máis cargada que nunca.

A mellor nova na Preferente protagonizouna o Xallas, que vencía no seu debut e fóra da casa. Soneira e Santa Comba, dous dos chamados a estar arriba, acadaron sendos empates. Mentres, o Dumbría non podía e caía pola mínima ante o Dubra. Resultados todos que demostran que a igualdade será unha das protagonistas da campaña.

Na 3ª, o primeiro líder é o sorprendente Volantes de Baño. O equipo muradán, recén estreado, non tivo piedade dun Muxía con serios problemas, e comeza a súa primeira campaña dende o máis alto. Por detrás tamén están os Outes, Porteño, Cerqueda, Alcaián, Montelouro e Coristanco, que sumaron os 3 primeiros puntos.

Unha das novidades desta primeira xornada é a unificación dos gastos en colexiados. Isto é, que por Fisterra non pagarán máis pola arbitraxe que en Verdillo, a pesar da distancia.

Preferente Norte, xornada 1

Gal. Mugardos2-2 Soneira
Santa Comba 1-1 Narón
O Val 0-1 Xallas
Dubra 1-0 Dumbría

3ª Autonómica, Xornada 1

Volantes9-0 Muxía
Montelouro 2-1 Cabana
Alcaián 2-0Carnota
Corcoesto 3-3 Xaviña
Outes 4-0 Laxe
Porteño 4-0Lira
Indep. Carballo 2-2 Fisterra B
Coristanco 1-0 Atl. Pereiriña
Cerqueda 4-0 Camelle

Reunión en Baio

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios