Fin de semana de superación persoal no pavillón de Cee


Como cada ano, unha vez mais deu comezo a agardada liga de Taekwon-Do ITF, que recolle un selecto grupo de competidores provenientes dos clubs galegos: “Club Cee Deportes de Contacto”, “ITF Noia”, “Liceo de Noia”, “ITF Oroso”, “Sung de Baio” e “ITF Fisterra” para medir as súas habilidades e dar cumprida mostra de deportividade e Taekwon-Do en xornadas de compañeirismo e desenrolo deportivo e persoal.
Fieis á filosofía do Taekwon-Do non podemos esquecer que por enriba dos resultados (que foron moi bos), debemos valorar a superación persoal de cada un, e a actitude coa que se enfrontaron á difícil situación, que en todos os casos foi brillante e debe ser tida en conta.
Amparando a un amplo habano de idades, esta disciplina marcial que mestura e dilúe as fronteiras entre o arte e o deporte danos exemplo do que se pode conseguir con traballo constante, entrenamento, filosofía, e sobre todo con altas doses de deportividade e respecto tanto polos compañeiros de entreno, como polas persoas ás que se enfrontan en cada competición.
Acorde con esta filosofía, todos os participantes continúan traballando e adestrando para verse as caras de novo nos seguintes encontros da liga que terán lugar o día 2 de abril en Noia, e o 28 de Maio en Sigüeiro para dar mostra do seu traballo e o seu espírito indomable.

Completa xornada en Cee
Nesta ocasión, a organización correu a cargo do Club Cee Deportes de Contacto, máximo representante do Taekwon-Do ITF na Costa da Morte, erixíndose como o mais veterano club onde coñecer e aprender esta nobre disciplina, que dá cabida a estudantes dende os 4 ós 66 anos, dando exemplo de que as artes marciais non coñecen fronteiras de idade e que todos temos algo que aprender traballando en equipo e levando ó máximo as nosas habilidades sen importar en que momento das nosas vidas estamos.
O Club Cee Deportes de Contacto móstrase orgulloso de manterse como o máximo expoñente das artes marciais na Costa da Morte, albergando no seu seo as disciplinas de Taekwon-Do ITF e Kick Boxing, con ata cinco instrutores diferentes que aportan diversos puntos de vista e modos de entrenamento, enriquecendo día a día ás persoas que del forman parte.
Estas disciplinas, e a selecta variedade de membros que a practican, dan boa mostra de que non existen fronteiras de idade ou de sexo para practicalas (sendo un dos clubs con maior paridade entre sexos de Galicia), e o ambiente e compañeirismo que se respira en cada sesión de entrenamento sen dubida conseguen que o que proba, repita ó decatarse de que os deportes de contacto e as artes marciais non revisten violencia nin dano, senón amizade, deporte, e sobre todo a permanencia dos principios de cortesía, integridade, perseverancia, autocontrol, e espírito indomable.
Quen queira atopalos e coñecelos, estarán no seu local de entreno, no pavillón de Brens (Cee) todos os luns e mércores dende as seis da tarde ata as once da noite loitando por seguir adiante.


Máis info
Novas relacionadas
- Setembro 2015: En marcha unha nova temporada para o Deporte de Contacto en Cee.
- A Costa da Morte afianza o seu poderío en Kick Boxing e Karate.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Eloy Cambeiro, de Deportes de Contacto Cee.