Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fran Pose tira do carro en Outes

Fran Pose tira do carro en Outes
Pose cando xogaba no Noia É un dos homes importantes do equipo do Cunchido dende que chegou fai uns anos dende Noia para reforzar a liña defensiva. E co paso do tempo está a ganar importancia no vestiario como futbolista dos que tira do carro. O Outes atravesa unha situación difícil, máis se cabe por inesperada, pero o modélico club non é dos que se rende, e a bo seguro que todavía teñen moito que decir nunha liga que está a ser impredecible en todos os seus encontros e de imposible pronóstico. O domingo pasado o Outes dou a sorpresa en Esteiro e levouse o derbi. Sobre este e outros temas fálanos Pose. QPC -  ¡Que gran victoria a do domingo no derbi! ¿Como foi o partido? Ganar un derbi sempre ten un sabor especial, é moi gratificante! Aínda que a final de tempada son 3 puntos, ó rematar os 90 minutos parece que sumases algo mais. O partido para nos estivo dentro do esperado, non polo resultado, pero si polo plantexamento. Chegamos a Esteiro cunha idea clara do que precisabamos para facerlles dano, e sobre todo, de como conseguir que eles non nos fixesen dano a nos. Foi un partido con moi poucas ocasións de gol, no que a Esteirana se facía coa posesión do balón tratando de rematar con centro a área, e no que nos estivemos moi ben plantados defensivamente, tratando de roubar balón en zonas nas que sabiamos que a Esteirana o podía perder e deixando xogar donde non nos facían dano. Foron 90 minutos moi igualados, e para o meu gusto, un partido moi bonito para o xogador, e tamén para o espectador. QPC - Ninguén esperaba ver ó Outes de colista a estas alturas. Cales cres que son as causas da vosa mala clasificación? Esta é unha situación na que é moi fácil verse, empezamos a tempada perdendo puntos en partidos nos que merecíamos moito mais. Esa situación levounos a entrar nun estado de "estrés" ou "mala dinámica", na que cometes erros froito da inseguridade, erros que costan puntos, ben séa en ataque ou en defensa, xa que por momentos costounos moito facer gol e recibiámolos con moita facilidade. Esta situación sumada ás baixas que vamos soportando tanto por xogadores que abandonaron o club como Piki, Jorge Rego, Quin, David Sampedro ou Dani Corniños, como por xogadores que están lesionados, como é o caso de Chua ou Martín, todos eles moi importantes para a plantilla, afundiunos máis todavía nesa dinámica derrotista. Nestes momentos estamos traballando con Lodeiro para cambiar esta situación e creo que pouco a pouco estamos mellorando. QPC - O grupo segue unido e convencido da salvación? Os xogadores somos os primeiros en estar convencidos de que vamos a salvar a categoría. Somos un grupo moi reducido neste momento, no que todos somos amigos, e formamos unha piña moi consistente. QPC - Onde cres que está a clave para salvarvos? Baixo o meu punto de vista a clave está en que a plantilla e o corpo técnico crean nas posibilidades do Outes tal e como me preguntaches antes. Despois diso debemos tomar cada acción do partido con total seriedade, centrarnos o 100% en cada xogada. Un centro lateral no que defendes mal orientado, unha falta desde o centro do campo no que non estas en situación de disputar o balón, un mal saque de portería,... calquera acción pode supoñer un gol en contra, e na situación na que nos atopamos non podemos permitirnos ese tipo de erros. O Outes, en situación inesperada pero con forza para revertila QPC - Sodes un grupo moi compacto e que leva tempo xunto, pero quen sodes os homes que mais tirades do carro? Non podría decirche un nome, todos tiramos do carro dentro das posibilidades de cada un e aportamos cadanseu graniño de area. Inda que hai xogadores como Yago Dosil, do cal, deberíamos facer unha mención especial, xa que, debido a súa situación laboral non adestra todo o que lle gustaría e aínda así os domingos demostra detalles de calidade por enriba do nivel da categoría. QPC - O cambio de adestrador foi positivo para o equipo? Nestes casos nos que os xogadores caen na dinámica da que che falaba antes, lamentablemente o adestrador cae con eles, pois forman parte da misma plantilla e viven o mismo partido. Polo tanto, aínda que con Alfredo Cambeiro, o cal aproveito para enviarlle un saúdo, estábamos encantados, pois creo que si foi positivo. Lodeiro chegou con outras ideas, viña de ver os toros desde o outro lado da barreira e sen o "noso medo escénico" de cada domingo. QPC - Foi un home importante na historia recente do club. Botades de menos a Manu Roque? Ninguén que compartirá un vestiario con ese señor pode dicir que non o bote de menos. Manu Roque vive o fútbol dunha maneira moi especial as 24 horas do día, contaxia esa ilusión por aprender e por traballar. E un adestrador que é consciente de que nunca se sabe demasiado, ademais, sabe manexar os xogadores e fai que no vestiario exista un bo ambiente e eso sempre suma. Aparte dun bo entrenador é un bo amigo. QPC - Outros equipos estanse a volver locos fichando xogadores, el calquera categoría que miremos. Vos creedes que deberiades fichar ou os que estades no equipo védesvos capaces de revertir a situación? Como che decía antes, confío en que os que estamos vamos a salvar a situación antes de que remate a tempada. De todas formas todo o que sexa para sumar sería benvido. Nunha plantilla nunca sobra competitividade. Se aparecesen xogadores con ganas de afrontar a nosa particular "contracorrente" e con ganas de facer ben as cousas non lles cerraríamos as portas. QPC - Que equipos crees que descenderán? Esa pregunta formúlama cando falten 3 xornadas para acabar a temporada, a estas alturas todavía e moi cedo, e ahí abaixo todos os equipos temos marxe de maniobra polo momento. QPC - Como ves a loita polo título? Vexo o Mazaricos como claro favorito para o ascenso directo. Creo que ós de Roberto Amoedo, e díxenllo a el persoalmente, xa non se lle vai escapar o liderato ata que remate a liga.

Comentarios