Sábado. 05.10.2024
El tiempo

FSF: Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeira

FSF: Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeira

Non foi nada mala a xornada, despois da pésima fin de semana anterior, para o fútbol sala costeiro. O Fisober acadou o seu primeiro punto coma local desta tempada nunha 2ª División na que o Viaxes Amarelle de Patri segue sendo líder do seu Grupo (as herculinas xogan no Gr.IV mentres as costeiras no Gr.I).

Xa na Liga Galega, segunda vitoria, moi traballada, do Vila de Cee lonxe da casa, que a ben seguro dará tranquilidade e ánimos ao equipo de Juan Jesús. Os que gozaron dun choque tranquilo, foron os mozos de Llopis, que seguen pisando forte na categoría autonómica.

E na Provincial, gran partido das pontecesáns que seguen paso firme cara arriba.

 

2ª División Femenina – Grupo I, xornada 7

O Fisober celebrando o tanto da xornada O Fisober celebrando o tanto da xornada no Conco
  • Resultado: FISOBER F.S.F. –SAN VIATOR 78 F.S.F. (1-1).
  • FISOBER: Leti, Paula Fandiño, Ana, Bárbara, Inés; tamén xogaron: Mai, Noe, Tamara, Lía (p.s.).
  • Goles: 1-0 min.10 Bárbara, (descanso), 1-1 min 29 Lorena.
o-fisober-dumbria-defendendo-unha-falta

O pavillón do Conco en Dumbría vestíase de gala para acoller o choque entre o Fisober e o San Viator aragonés, un partido que tivo unha parte para cada equipo, na primeira dominaron as locais e na segunda as visitantes. Arrincou ben o Fisober o partido, moi metido e collendo o control do mesmo. Os primeiro minutos foron bos. Aos catro minutos a local Inés vía coma un lanzamento seu bicaba o pau. O dominio do partido era local. Froito desto Bárbara adiantaba as costeiras elevando o balón por encima da porteira para facer o un a cero no minuto dez. O gol deulle tranquilidade ó Fisober que seguiu controlando bastante ben o encontro. Co resultado de un a cero chegouse o tempo de lecer.

A segunda metade trocou o guión da primeira. O Fisober non se asentou igual na pista e o dominio pasou a pes das aragonesas. Deixou de estar cómodo o Fisober e apareceron as primeiras ocasións visitantes. Os minutos foron pasando ata que o San Viator igualou o partido cun lanzamento cruzado de Lorena que supuxo a igualada a un no minuto 29. Parece que este gol espertou algo as locais, xa que tan só un minuto despois Paula Fandiño enviaba un balón o pau. Non tardaban en respostar as visitantes cunha ocasión tamén moi clara. O partido chegaba o seu fin e o electrónico non se movía. A pouco máis dun minuto do fin , despois dunha xogada de pizarra a piques estivo Paula Fandiño de desfacer a igualada, pero chegouse o fin co resultado de un a un. A vindeira semana o Fisober viaxa a terras aragonesas por primeira vez na súa historia para enfrontarse ó A.D. Sala Zaragoza F.S. .

 

Liga Gallega Feminina, xornada 6

  • Resultado: Cidade de As Burgas - FSF Villa de Cee - O Semáforo (6-7).
  • FSF Villa de Cee: Vanesa, Tati, Adriana, María Dumbría e Paula Trinidad, participando tamén, María Lijó, Andrea, María de Dumbria, Marta, Carla e Serena.

Tocaba viaxar lonxe, ata Ourense ao equipo de Juan Jesús. E comenzaron bastante nerviosas as Ceenses, que non conseguían dominar o xogo, e en poucos minutos recibirían 1-0. A partir dese momento puseronse as pilas as rapazas, e foronse a polo partido conseguindo marcar por duas veces para irse o descanso cun 1-2 o seu favor .

Xa na segunda parte, volveuse tolo o partido, as ceenses dominaban o xogo e creaban infinidade de ocasións, hasta 5 balóns os paus chegaron a por. As ourensáns colleron unha racha de contras que en cada unha delas cons3eguín marcar, aínda así as ceenses nunca se deron por perdedoras e faltando 9 seg. desfrutaron dunha falta cerca da area a cal tirou Andrea e no rechace marcou María de Dumbría, gol que significaría o definitivo 6-7 e tres puntos importantes coma visitantes que traen pa casa as rapazas de Juan Jesús.

As Estrelas nesta ocasión son: 3* Tati, coma sempre partidazo e 2 goles; 2* María Lijó o seu mellor partido da tempada 2 goles e un auténtico pesadelo para o rival; e 1* María de Dumbría, con outros dous goles e ademais cada xornada mellora e aporta mais o equipo.

A seguinte xornada, o sábado 12/11/2016 ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Cee ante o Cervecería La Brújula Hércules.

 

Liga Galega Masculina, xornada 8

  • Resultado: A.J. Pombo Hércules - FSF Villa de Cee - Clínica A Xunqueira (0-10).
  • Goles: Aitor (3), Marroco (2), Mario (2), Santi (2) e Perce.

Tocoulle nesta xornada os rapaces do FSF Villa de Cee viaxar a Coruña. Os ceenses comenzaron o partido motivadisimos, sabendo que unha victoria os consolidaba no alto da taboa de clasificación. Dominaban totalmente o partido e faltando 10 minutos para o final da primeira parte ian gañando 1-5, relaxáronse os homes de Llopis e aproveitou o rival para meterse de novo no partido chegando a finalizar a primeira parte cun 3-5.
Xa na 2º parte os de Llopis volveron poñerse as pilas e foron unha apisonadora para o rival finalizando o encontro cun contundente 4-10.

As estrelas esta semana son 3*Aitor, esta que se sae e fai con tres goles, 2* Marroco que se estrea coma goleador e 1* Santi, cada xornada mellora e mellora.

A vindeira xornada, tamén o sábado no Pavillón Municipal de Cee ás 19:00 horas recibirá o FSF Villa de Cee a S.I. Outeiro de Rei, un dos equipos de arriba co que loitar os postos de cabeza.

 

Liga Provincial Feminina, xornada 5

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Melide FSF (7-0).
  • A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, María, Verónica e Nuria - tamén xogaron - Sandra e Isabel.
  • Goles: Verónica (2), María (3), Sandra e Nuria.

Fácil vitoria das de Barca. E iso que saían ó partido ambos equipos mostrando respecto ó rival, posto que era o primeiro partido no que se enfrontaban. Chegaban xa con perigo as locais na primeira xogada, pero Verónica manda o balón por riba do longueiro. Un minuto despois tiña unha dobre ocasión o Ponteceso, pero a porteira e a defensa rival rexeitarían o balón en ambas ocasións. Tiña o dominio do balón o conxunto local, pero co paso dos minutos parecía que espabilaban as visitantes ó mesmo tempo que as pondalianas comezaban a cometer erros. Ningún equipo chegaba á portería rival. Chegaba o Ponteceso cun tiro de Nuria tras un roubo de balón no medio campo, que respondía a unha chegada do Melide tras unha xogada de falta. Nos últimos minutos subiron a intensidade as pontecesanas na súa presión, facendo errar ás visitantes na saída do balón. Sería o Ponteceso quen se adiantaría cun gol de Verónica, que batía á porteira tras controlar un pase largo de Melani. Facía o segundo Verónica rematando no segundo pau tras unha xogada con María. Nos últimos segundos do primeiro período facía o 3° María tras xogada individual. Chegaríase ó descanso co 3-0 no marcador.

Sairían enchufadas as xogadoras de Curro e Sandra poñía o cuarto no primeiro minuto. A boa presión arriba, volvía facer que cometesen erros as de Melide. María facía o 5° rematando unha xogada de falta entre Ana e Vero. Intentábano tamén as visitantes, que probaban coas xogadas a balón parado, pero sen crear perigo na portería pontecesana. Nuria facía o sexto tirando tamén tras xogada de saque de banda. Non deixaban de presionar arriba as pondalianas a pesar do resultado e seguían saíndo co balón xogado de atrás. María poñía o 7° no luminoso tras xogada persoal.

 

2ª División Femenina - Grupo IV. Xornada 7

  • Resultado: CD Chiloeches - Viaxes Amarelle FSF (1-6).
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Patri, Lago, María Gómez (cinco inicial), Martita, Alba, Sheila, Mariña, Sandra (portera suplente).
  • Goles: 0-1 María Gómez (min. 2); 1-1 Marta Sicilia (min. 4); 1-2 Sheila (min. 11); 1-3 Elima (propia porta) (min. 13); 1-4 Patri (min. 22); 1-5 Dolo (min. 25); 1-6 María Gómez (min. 28).

Mantense líder o Viaxes Amarelle tras golear en Guadalajara ao Chiloeches, nun choque no que a medida que pasaban os minutos as herculinas amosaban a súa superioridade. Foi a muxiá Patri a que sentenciou o choque nada máis volver dos vestiarios marcando o 1-4.

O vindeiro sábado ás 12:00h, no Pavillón da Sagrada Familia da Coruña, ante o Pirata Moaña FSF.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios