Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Gran expectación para o derbi de tenis de mesa que abríu a tempada

Gran expectación para o derbi de tenis de mesa que abríu a tempada
Imaxe dun adestramento da familia Anorthosis

Primeira xornada da tempada da 2ª Galega de tenis de mesa para os equipos costeiros. E primeiro derbi, entre Concello de Zas Aquacenit e Anorthosis Vimianzo. Foron finalmente os dos primeiro equipo, o Anorthosis, os que quedaron coa vitoria, nun encontro que levantara moita expectación entre os integrantes do clube.
De feito, casi toda a familia do tenis de mesa costeiro estivo vendo o encontro, e entre amigos, familiares e espectadores había case medio centenar de persoas no pavillón zaense. "Xa lles gustaría aos de División de Honra ou Superdivisión ter unha afección así", valora o responsable Stevo Lema.

Datos do partido

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Anorthosis Vimianzo (2-5) - (9-17 nos sets).
  • Concello de Zas Aquacenit: Miguel, Gonchi e Stevo.
  • Anorthosis Vimianzo: Ángel, Roi e Marce.

O encontro foi máis fácil do previsto para o Anorthosis, en principio, pois nin Stevo nin Gonchi (este convaleciente dunha operación e aínda non está en forma) estiveron a altura para facer frente aos Roi, Ángel e Marce.
Ademais Roi e Ángel foron moi superiores nos dobres a Miguel e Stevo. Os dous puntos de Aquacenit foron coseguidos por Miguel (gañou a Marce e Ángel). Do Anorthosis todos conseguiron puntos con Roi como máis destacado xa que gañou todos os seus partidos.

Vindeira xornada

O vindeiro sábado 6 de outubro, desprázanse os dous equipos á Coruña para xogar contra O Club del Mar Xuvenil.

  • 16:00h - Club del Mar Xuvenil - Anorthosis Vimianzo.
  • 18:30h - Club del Mar Xuvenil - Concello de Zas Aquacenit.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios