Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Iván Villaverde estrease a vindeira tempada como entrenador do primeiro equipo do Calvo Basket Xiria

Iván Villaverde estrease a vindeira tempada como entrenador do primeiro equipo do Calvo Basket Xiria
ivan-villaverde-basket-xiria Iván Villaverde lleva xa varios anos como entrenador axudante do primeiro equipo masculino do Calvo Basket Xiria A vindeira tempada, Iván Villaverde Cores - nado en Carbalo no ano 1992 - será o entrenador do equipo senior Calvo Basket Xiria que disputará na Primeira División. Villaverde pasou os últimos anos como entrenador axudante do primeiro equipo masculino, dous con Basilio Pampín e o último xunto a Arturo Ferraces. A súa experiencia e a súa formación como entrenador superior pola Federación Española de Baloncesto e axudante da selección galega de alevín levaron ao clube a darlle a dirección do primeiro equipo. Iván Villaverde desempeña tamén a labor de entrenador do equipo cadete da liga galega de CB Artai, posto que compatibilizará co novo cargo. Traxectoria Con 16 anos, aló polo ano 2006, Iván Villaverde comezou a entrenan nos equipos benxamíns do Artai. Na tempada 2008-2009 curso o seu primeiro curso como entrenador despois do cal viñeron os consecuentes títulos; no 2011 acadou o de entrenador de Nivel 1, no 2013 o de entrenador de Nivel 2 e xa no 2014 o de entrenador Superior. Na súa traxectoria, destaca que foi o 2º entrenador da selección galega de alevín masculina durante as tempadas 2015-2016 e 2016-2017. Catro anos como entrenador dos equipos infantís e outros catro na categoría de cadetes. E  tamén estivo tres anos como 2º entrenador da primeira nacional.  

I Copa Bergantiños

Copa Bergatinos de Basket Foto de familia da Copa Bergatiños de Basket Na xornada do sábado disputáronse as fases finais da Copa Bergantiños 2017, por segundo ano e as dúas veces en Carballo. Nun pabellón ateigado de público disputáronse un total de nove partidos, con nove equipos participantes. A vitoria recaeu nos dous equipos de Artai, tanto en categoría mini como premini, vencendo en ambas finais aos equipos das Escolas de Ponteceso. No acto de entrega de medallas e trofeos estiveron presentes representantes dos equipos participantes, así como o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e Saray Fornos, por parte da Delegación Coruñesa de Baloncesto. COPA BERGANTIÑOS PREMINI RESULTADOS Semifinal 1-CB Artai, 59-EB Xiria, 32 Semifinal 2-Escolas Ponteceso, 55-EMBAL, 17 3º e 4º posto: EB Xiria-48-EMBAL, 29 Final: CB Artai, 55-Escolas Ponteceso, 13 Campión: CB Artai COPA BERGANTIÑOS MINI RESULTADOS Previa: EB Xiria, 39-CEIP Labarta Pouse, 40 Semifinal 1-CB Artai B, 67-EMBAL B, 41 Semifinal 2-Escolas Ponteceso, 71-CEIP Labarta Pouse, 30 3º e 4º posto: EB Xiria-25-EMBAL, 60 Final: CB Artai, 50-Escolas Ponteceso, 26 Campión: CB Artai B

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

     

Comentarios