Martes. 14.07.2020
El tiempo

Lariño disfrutou do fútbol praia e en Esteiro loitan por evitar a Cuchara

Lariño disfrutou do fútbol praia e en Esteiro loitan por evitar a Cuchara

Varias citas futboleiras nesta última fin de semana de xullo. Se en Cee a Selección da Costa se enfrontaba ao Deportivo B, Esteiro e Lariño viviron sendas citas deportivas. Pola vila muradá seguen co Campionato de Barrios ben intenso, con loita por arriba, e por abaixo, e ademais disputaron o II Memorial Pedro Caamaño.

Se cadra máis intensa foi a fin de semana en Lariño, onde no marco do Beach Party Carnota, e organizado polas asociacións Punta Insua e Asaghieiras, disputaron o I Torneo de Fútbol Praia de Lariño. Unha organización excepcional e de novo moitas das estrellas do fútbol costeiro se deixaron ver, demostrando o potencial na materia da Costa da Morte. I é que por algo temos a 2 dos mellores xogadores do mundo desta disciplina.

O campión foi de novo o equipo do Pirata, que vén de vencer o Campionato de Fútbol 7 de Carnota. Os de Caldebarcos gañaron ao Imprenta Costa da Morte-Lennon Bar de Cee nunha apretada finalísima, por 3-5.

3º quedou os muradáns dos Zidanes y Pavones, que vencían no 3º e 4º posto ao Cafetería Vagalume por 6-2. Os muradáns a piques estiveron de meterse na final tras empatar nas semis cos de Caldebarcos a 4 tantos, pero a sorte dos penaltis estivo de parte dos Piratas. Na outra semi, os ceenses foron superiores aos xalleiros do Vagalume, e venceron por 7-1.

A "Cuchara" do Campionato de Barrios de Esteiro

E segue en loita o XXXV Campionato de Barrios de Esteiro. Este pasado domingo, os equipos Praias de Raimundes e Tal pelexaron por escapar do último lugar da clasificación da primeira fase do que dá lugar á obtención do trofeo da "cuchara", en alusión aos campionatos de rugby onde o último clasificado leva a "cuchara de madeira". O Tal venceu ao Praias de Raimundes por 3-5, así que se non dá un estirón será o Praias o que leve o deshonroso trofeo da Cuchara.

Por arriba, a falta de solo tres partidos, están xa clasificados para a segunda fase os equipos Cánchester con 10 puntos, e Ciclón's e Independiente con 13 puntos. Pelexando pola praza que resta para as semifinais do campionato os equipos de Abelleira con 9 puntos e Carallo Santo con 6 puntos.

II Memorial Pedro Caamaño

Ademais, a vila de Esteiro acolleu este memorial na honra do Presidente fundador da Esteirana. O cadro local venceu 4-1 ao Outes.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios