Liga da Costa: Fin do Camiño, principio da lenda

12:00 02/05/16
O fútbol da Costa recupera como rexidor ao Fisterra, esa antediluviana e pretérita institución que representa os valores máis ancestrais do balompé da zona; o triunfo en Camariñas foi o trámite necesario
Fisterra estalou de alegría - Foto: SD FIsterra
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Camariñas 0-5 Fisterra
O Camariñas durou unha parte - foto: Camariñas
Quince anos esperando un día como este
Viva a nai que vos pariu!". Iso, nunca en día tan apropiado, foi o que se escoitou maiormente ao chegar a casa a expedición dunha Sociedad Deportiva Fisterra que, quince anos despois, volveu levantar unha Liga da Costa. O fixo nun encontro en chave de trámite lúdico-festivo, ante un Camariñas que propuxo resistencia ata exactamente o intermedio, e que despois non quixo emborronar o que era xa unha innegable celebración. Coa fame e a ambición debuxadas na faciana desde o primeiro minuto, o cadro verde recuperou ese elemento de casta que tan grandes ten feitas a xeracións e xeracións de fisterráns, moitos deles cunha orgullosa e feliz mirada desde a bancada. Como espello do que ten sido o resto do curso, o Camariñas propuxo unha ordeada resistencia, con saída rápida en contra en caso de atopar vías de circulación. O ritmo foi algo cansino nun inicio no que se notaba o chamamento á calma de Nacho. Circulana e circulaba o balón a SD, que incluso levaría un par de sustos de aúpa: un balón cruzado ao segundo pau que se estrelou no largueiro e botou na liña de gol, e dúas accións semellantes que atoparon a anticipación de Norberto. Sen Adrián de partida debido a unhas molestias físicas, reinventouse o plan fisterrán. O elemento de ruptura foi tanto o dinamismo de Bruno, algo desasistido, e a clase e potencia de Jesús, que fabricou el só tres opcións con resposta notable de Pablo. Parecía destinado ao suspense o guión do título. Pero a determinación do Fisterra valiu tamén para abrir unha brecha psicolóxica. Xusto na acción previa áo intermedio un pase entre liñas para o desmarque de Bruno atopou ao punta, que resolveu alto e seguro, a gol, ante Pablo. Era a administración desa vantaxe tremendamente sinxela para a SD, cun rival enfrente que chegaba nalgún arrión aillado, e que tampouco tiña ese punto de intensidad. E como en todo día grande, tiña que haber un selo de grandeza. E se o alirón ven coa firma de Lestón, pois dous selos. Lembrando a Nayim na final da Recopa que venceu o Zaragoza ao Arsenal, o corcubionés Pablo executou unha volea maxistral desde o medio do campo, colleu a Pablo retornando e asinou un tanto que xa queda para a retina e a memoria colectiva, do mesmo xeito que o de Adrián sete días atrás ante o Cee. Pero non se quedaría niso o pequeno gran talento, que dez minutos despois deixaría un golpeo de interior para enmarcar e sentenciar o título. De aí ao final foi unha media hora de abrazos, de sorrisos, de homenaxes, cánticos e ovacións aos heroes, que aínda deleitarían con dúas dianas máis: unha de altos vos de Robertín, e a inevitable chamada da selva do gol a un Adrián que, mancado, quixo sumarse á festa. Ata aí o espectáculo deportivo. QPC repasará en breve as chaves dunha celebración acorde coa xesta dun deses equipos 'feitos na casa' que amosou, ademais, que os barcos poden chegar á fin do mundo, desembarcar soños marabillosos.
De esquerda a dereita, Robertín, Rubia e Pablo Lestón, o gran protagonista do día - Foto: SD Fisterra
[fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/963670113751646/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Mazaricos 3-2 San Lorenzo
Zas-Ameixenda-Foto-Alejandro Mel
Zas-Ameixenda-Foto-Alejandro Mel
O Sporting Zas remontou ante o Ameixenda e asegurou a promoción de ascenso a Primeira Autonómica, aínda que tivo que sufrir moito máis do agardado, ante un moi competitivo cadro ceense, quen ademais protestou a labor arbitral. Pudo pecar de confianza excesiva o cadro sportinguista co madrugador tanto de Diego, tras unha gran asistencia de Chapela. Medraban e medraban os visitantes, que xa fixeran a Josito sacar un balón baixo paus. Álex, primeiro tras un gran pase lateral e pouco despois ao anotar un penalti por mans, volteaba o marcador. Acosou na segunda metade un Zas que sin embargo, sen o pichichi David Blanco, parecía ter a pólvora mollada. Tivo que ser desde a liña de penalti, primeiro por mans e logo por un derribo, como Rubio deixase aberta a fiestra do ascenso para o Sporting.
Cerqueda 1-2 Buño
O derbi deixa ao Buño na Liga da Costa - Foto: UD Cerqueda
Non é que os uniformes se distinguisen á perfección - Foto: CF Porteño


- Campo: Hermanas Patiño
- Camariñas: Pablo Novo, Rodri, Kevin (Cerbán m.77), Moriño, Soule (Martín m.70), David (Daniel m.65), Yuyo, Maikol, Paco (Pablo Mouzo m.60), Nico e Vieites
- Fisterra: Norber, Rubia, Cote (Santi m.67), Roco, Jesús (Adrián m.80), Abel, Piti, Pablo Lestíon (Adri m.60), Rodri (Manuel Cartamil m.70), Robertín e Bruno (Mané m.71)
- Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Amonestou a Bruno, do Fisterra
- Goles: 0-1 m.45 Bruno; 0-2 m.50 Pablo Lestón; 0-3 m.59 Pablo Lestón; 0-4 m.77 Robertín; 0-5 m.85 Adrián




- Campo: Peña do Ouro
- Mazaricos: Miguel, Matías, David, Ricardo, Chenel, Molinos (Jose m.68), Estéfano, David, Brais (Marcos m.64), Miguel Riveiro e Pereiro
- San Lorenzo: Javi Souto, Isaac (Sergio m.80), Juanjo (Adrián m.55), Rudi, Kevin (Dani Pena m.55), Álex Taibo (Ángel m.80), Mario, Álex Figueiras, Juni (Fuentefría m.55), Parafita e Luis
- Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Expulsou a Javi Souto (m.78) e a Adrián, do San Lorenzo (m.90), así como a Miguel Riveiro, do Mazaricos (m.63).
- Goles: 1-0 m.14 Chenel; 2-0 m.37 David, de penalti; 2-1 m.63 Fuentefría; 2-2 m.84 Fuentefría; 3-2 m.90 Pereiro

- Campo: San Andrés
- Sporting Zas: Bugy, Cilindro, Josito, Manu, Diego Fernández, Dieguiño (Sande m.61), Isma, Adri, Rubio, Dani Mato (Brais m.81) e Chapela (Carlos m.80)
- Ameixenda: Maikel, Demetrio, Javichu, Bichiño, Samuel, Álex, Jesús, Grille, Brais, Borja e David
- Árbitro: Del Río Amor (A Coruña). Expulsou a Samuel (m.85) e David (m.85) do Ameixenda
- Goles: 1-0 m.8 Diego; 1-1 m.26 Álex; 1-2 m.39 Álex, de penalti; 2-2 m.53 Rubio, de penalti; 3-2 m.86 Rubio, de penalti


- Campo: Xaviña
- Cerqueda: Diego Dourado, Darío, Xabi, Dani, Fernando (Sergio m.75), Fran, Brais (Sergio Bastón m.85), Fernandito (Juanjo m.54), Martín, Lorenzo e Eloy (Manu Guillamet m.32)
- Buño: Toni, Miguel Dourado, Fran Borrazás, Eloy, Dimitri, Emilio, Jordan (David Dourado m.66), Dani Calvete, Richard (Pedro m.76), Víctor (David Castro m.75) e Alexander (Pablo Canedo m.72)
- Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Expulsou a David Castro, do Buño (m.84). Amonestou a Brais do Cerqueda; Dani Calvete do Buño
- Goles: 1-0 m.31 Lorenzo; 1-1 m.58 Alexander; 1-2 m.71 Víctor
- Campo: As Redondas
- Cabana: Adrián, Grille (Rubén m.57), David Varela, Isma (Miki Pose m.67), Jose, Adrián Rama, Álex (Diego Varela m.85), José Manuel, Christian (Alberto m.46), Dani Reigía e Fernando
- Volantes de Baño: Javira, Julio, Álvaro, Javi, Pardelo, Mou, Álex, Ivi, Álex Siaba, Ramonsiño e Pedro de Paky
- Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Expulsou a Pardelo, do Volantes (m.84). Amonestou a Álex, Adrián e Pablo do Cabana; Álvaro, Ramonsiño e Julio do Volantes de Baño
- Goles: 0-1 m.7 Álex Siaba; 1-1 m.24 Fernando; 2-1 m.89 Jose
- Campo: San Paio de Refoxos
- Cee: Ángel Luis, Nico, Rubén Senlle, Agulleiro, Rubén Fiuza, Borja, Xabi, Josiño, Leo Picallo, Isma Lamela (Jorge Trillo m.83) e Jose Manuel (Isma m.77)
- Castriz: Víctor, Iván (Dani Martínez m.64), Sergio, Richard (Martín m.46), Darío Capelo, Diego Maneiro, Alberto (Elías m.46), Fabián, Jose Manuel, Bolón e Álex Flores
- Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Amonestou a Iván e Bolón, do Castriz
- Goles: 1-0 m.5 Isma Lamela; 2-0 m.33 Leo; 3-0 m.74 Rubén Fiuza
- Campo: Lombáns
- Carnota: Andrés Sanjurjo, Pumuky, Adrián, Manolo Chouza, Abelardo, Nakata, Raúl, Jose, Adrián Lourido (m.67) Manuel Luis e Miguel
- Baíñas: Sergio (Joselu m.46), Matías, Pablo Rey, Mario Casal, Cristian (Tantán m.57), Tasky (Carliños m.73), Javi Suárez, Jaime, Alemán, Samuel (Canay m.57) e Dani Casal
- Árbitro: Vilariño Hidalgo (A Coruña).
- Goles: 0-1 m.15 Dani Casal; 0-2 m.16 Tasky; 1-2 m.48 Manuel Luis; 2-2 m.78 Bernardo

- Campo: Jose Luis Vara
- Esteirana: Roberto, Dani Rama (Anxo m.57), Damián, Martín (Xián m.38), Álex, Adrián (Brais m.60), Pablo Rama, Eloy Campos, Codesido, Iker (Carlos m.46) a Tobío
- Porteño: Martín (Jose m.73), Jorge, Adrián, Pejo, Manuel, Cousillas (Matías m.77), Wii (Rodri m.69), Quilmes, Abenl, Cristian e Iago
- Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Adrián, Damián e Tobío da Esteirana; Cousillas, Wii e Tajes
- Gol: 1-0 m.90 Eloy Campos
- Campo: O Pinguel
- Ponteceso: Xurxo, Diego Collazo, Pablo Regueiro (Brais m.42), Nando, Juanma, Diego, Iván, Youssef (Mohssin m.80), Mendieta, Christian e Charly
- Coristanco: Ignacio, Marcos, Jorge, Juan Lagoa, Álex Mato, Antonio (Gonzalo m.75), Iván Pena, Javi, Pablo Díaz, Samuel (Adrián m.80) e Iván
- Árbitro: Casanova Vázquez (A Coruña). Amonestou a Juanma do Ponteceso, Mallón e Iván Pena do Coristanco
- Goles: 0-1 m.28 Iván Pena; 0-2 m.56 Samuel; 1-2 m.68 Mendieta; 2-2 m.80 Christian, de penalti
Novas relacionadas
- Crónica de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos.
- Os arrastres provocarían a día de hoxe o descenso de Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).