Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Liga xuvenil: Soneira, un equipo a ter en conta

Liga xuvenil: Soneira, un equipo a ter en conta
Con 6 xornadas disputadas na Liga da Costa xuvenil, xa comenzamos a ver que equipos poden ser os que opten ó entorchado costeiro, e ó segundo posto que da acceso á fase de ascenso á Liga Galega. O cambio de formato enriqueceu bastante a competición, dándolle un carácter de normalidade que outros anos non tiña. Agora todos xogan contra todos a doble volta, e parece que este sistema é o mais xusto posible. O Corme encabeza a taboa, despois dunha derrota inicial en Fisterra enlazou 5 vitorias consecutivas mostrándose como un equipo dun talento elevado: Samu Costa, Manu Bermúdez ou Eloy Villar son so tres exemplos do que falamos. Detrás, Esteirana e Fisterra asoman a cabeza esperando un erro cormelán para poñerse líderes, e vemos un grupo de equipos competitivos e capaces de todo ata o posto 14. Entre eses equipos atópase o Soneira. En terras de Vimianzo están a voltar a crer na canteira e o traballo empeza a dar froitos. Destacando a individualidade do seu dianteiro Francisco Moreira, Fran, que xa leva 10 tantos no que vai de liga, o resto do equipo non desmerece, e con 3 vitorias e 2 derrotas ante favoritos como o San Lorenzo e o Corme, os soneiráns empezan a ser temidos na liga. Falamos con un dos seus adestradores, Sergio "Pichón", que xunto con Roland levan o mando da nave do Soneira xuvenil. Pichón debuta este ano na categoría xuvenil despois de dúas tempadas levando o equipo cadete. Fran, mostrando o seu talento na liga xuvenil e na 1ª Galicia QPC - Como estas a ver esta Liga Xuvenil? A verdade é que me gusta. Véxoa moi competitiva, podes gañar ou perder contra calquera. QPC - Xa levas visto a 6 rivais. Cales son os mellores equipos na túa opinión? Do que vin gustoume moitísimo o Corme, en todas as facetas do xogo. Tamén o San Lorenzo ten moi bo equipo. Pichón, adestrador sábado e xogador do Porteño domingo. QPC - Como anda o Soneira? Estades dando moito que falar. A verdade é que estou moi contento co equipo que teño. A maioría dos xogadores xa os levei na categoría cadete, e son de primeiro ano case todos, excepto 4 nenos mais veteranos, e a verdade é que estamos a competir moi ben. Temos boas individualidades pero gustaríame destacar o traballo de todo o grupo. Somos un equipo que se temos que decir algo nesta liga é xogando en conxunto. Roland, elemento imprescindible no club de Vimianzo QPC - Por que che parece que ós equipos costeiros nos resulta tan difícil ascender a ligas galegas? Pois a verdade é que creo que de debe en parte ó tema económico dos clubes. As ligas galegas non son moi rentables. Ademáis creo que os rapaces se deixan levar en outros apartados que non son o deportivo, e iso influe negativamente no rendemento. QPC - Que che parece o actual sistema de competición? Foi un cambio positivo? Gústame moito mais este sistema sen dúbida, xa que creo que así se fai unha liga máis competitiva e bonita. Esta fin de semana, doble xornada na Liga da Costa Xuvenil. Se queredes ver ós futuros talentos costeiros, non deixes de ver algún encontro. Temos na parrilla de partidos citas como un derbi Puenteceso - Corme, ou un Soneira - Esteirana o xoves, e o sábado destacan o Laxe - San Lorenzo ou o Coristanco - Cabana. Fútbol para todos os gustos.

Comentarios