Manolín porá o broche á súa carreira na súa vila


Era o seu desexo. E así o cumplirá. Manolín de Oliveira, unha das lendas vivintes do fútbol da Costa, pechará a súa carreira na súa terra, na UD Corcubión. O míster vén de rubricar o seu compromiso co cadro da súa vila, polo que a tempada que vén o Corcubión irá a por todas na Liga da Costa.
De feito, o adestrador xa ten repasado as fichas deste curso, que xa ten controlado pois foi a moitos choques no Novo Cubaleiro. Iso si, xa pensa en varios reforzos para o equipo.
Ten pasado Manolín en toda a súa carreira, como xogador, adestrador e presidente (mesmo as dúas cousas a un tempo) por ducias de clubes: Cee, Camariñas, Soneira, ou mesmo o Deportivo e ata a Selección da Costa. E agora vén rematar a súa carreira ao Corcubión. Sen dúbida, un novo paso adiante deste polifacético mestre do deporte da Costa da Morte.
Iso si, non deixedes de ver o seu blog Cousas de Manolín, no que o polifacético costeiro (non lle gusta dicir que é de Corcubión, nin de Cee, nin da Coruña, onde naceu; é un home do Mundo) recolle varias das situacións máis importantes na súa vida. I é que non todo é verso ou fútbol, Manolín tamén ten unha prosa moi traballada.
Máis información
- Blog Cousas de Manolín.
- radiONeria: Programa de Manolín "Realidade e Soños.
Novas relacionadas
- Informa Manolín: Saca a Pioto.
- Un derroche de emoción no Recital de Manolín.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Entrevista con Manolín: Manolín aparca o fútbol e dedícase á poesía e á zarzuela.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).