Martín Varela pecha o ano cun novo torneo e xa prepara o Masters

09:57 18/11/10

Torneo perfecto
Martín partía como un dos favoritos ante a ausencia do catalán Kiko Tur e o aresano Illobre. Tras competir a semana anterior en Valencia, Varela acudía a Tenerife para seguir mellorando o seu nivel de xogo Para acudir ao Máster Nacional en decembro. O cormelán comezou ben o torneo vencendo con claridade ao catalán Iván Adoitar por un dobre 6/1. Xa en semis enfrontouse ao veterano Miguel Tena ao que superou por 6/1 e 6/2 na tarde do sábado. Xa o domingo Martín xogou a final ante o segundo cabeza de serie, o aragonés Carlos Pina. O partido foi moi disputado pois Martín acusou o cansazo acumulado do torneo de Valencia e os dous días anteriores de competición tanto de dobres como de individuais. O tenteo foi de 6/0, 4/6 e 6/3. Desta forma Varela termina a tempada cun novo título para o seu palmarés.Finalistas en dobres
Martín Varela tamén competiu en dobres formando parella co outro galego da competición, Daniel Prada. Ambos conseguiron contra todo prognóstico plantarse na final, onde caeron ante a parella formada por Tena e Pina.Vindeira cita
Martín terá agora un par de semanas para prepararse para o Máster e intentar facer un bo papel para pechar o ano. A cita será en Madrid a principios de decembro.Novas relacionadas
- Martín Varela alcanzou as semifinais en Valencia e xa pensa no Master.
- Martín Varela volve ás pistas tras 3 meses de lesión e busca a Paraolimpiada.
- Martín Varela é todo un exemplo de deportista con Moito Valor.
- Martín Varela continúa rodándose en torneos internacionais.
- Martín Varela gaña o Open de Huesca e dous novos patrocinadores.
- Martín Varela non puido na final do Open de Cataluña co nº28 do mundo.
- Un cormelán na Copa do Mundo.
- Martín Varela prepara a Copa da Mundo en Israel.
- Martín Varela iniciou a campaña internacional preparando a Paraolimpiada.
- Martín Varela comeza ben a tempada ata en terra batida.
- O cormelán Martín Varela comeza a tempada ca selección española .
- Martín Varela reafírmase no Master como un dos mellores tenistas de España.