Muxía puxo o broche final ao pioneiro II Circuíto Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña
En Muxía se coceu, e en Muxía se degustou. Coma se dunha boa fonte de percebes se tratase, o bo de Santi Pérez puido celebrar o peche do II Circuíto Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña na súa casa. Un Circuíto que leva o adn muxián, do Club Xadrez Cabo Touriñán, sendo quen de convecer a toda unha Deputación e a 13 Concellos para acoller as diferentes probas desta pioneira experiencia que leva un deporte tan san como o xadrez por toda a provincia.
De maio a outubro o cadrez paseouse Oroso, Carballo, Arteixo, Zas, Val do Dubra, Cambre, Carnota, Dumbría, Cabana, Mazaricos, Malpica, Cerceda e Muxía. Foron máis de 300 os xogadores únicos e 950 en total, notando un bo aumento respecto de a 1a edición, cunha gran participación tanto en nivel como de diversos lugares, prácticamente de toda Galicia e de varias provincias máis Españolas cumprindo o obxectivo de promocionar o ajedrez, dar a coñecer os distintos concellos e facer algo de turismo.
Para a clausura muxiá, ademais de gozar do bo tempo e da boa comida de Muxía ao mediodía, preparáronse uns pinchos (mexillóns, tortilla, empanada, tartas…) gracias á colaboración de Froitas Fondo que regalou os 40kg de castañas para facer un magosto, e a Estrela Galicia e Disbelia (Trina).
O GM esteirán David Lariño, á dereita, estivo intratable en MuxiaRematou o Circuito o pasado xoves 12 de outubro, co II Torneo Concello de Muxía, no que participaron 73 xogadores procedentes de varias partes de Galicia: Verín, Ourense, Vigo, Sanxenxo, Lugo, Padrón, Rianxo, Ribeira, Noia, Santiago, Ferrol, Coruña, Cambre, Arteixo, Carballo, Malpica, Zas, Mazaricos, Corcubión, Vimianzo e Muxía… Non estaba o gran favorito e o que xa era o virtual vencedor do circuíto, o GM Strikovic, e o GM David Lariño (do Xaquedrum) non desperidicou a ocasión para levar outro trofeo. 8 triunfos en 8 partidas para o intratable esteirán.
Por detrás quedaron o MI Diego Espiñeira (Padrón) e o MF Jose Sande (Ponferrada). O mellor local foi Jose Soneira, por diante do seu compañeiro, o tamén corcubionés no Cabo Touriñán, Ramón A. Franco.
Santi Perez, o gran "culpable" da revolución provincial do xadrez, entregando o premio ao mellor local a Jose Soneira, ambos membros do Club Xadrez Cabo TouriñánClasificación general absoluta (7 mejores torneos):
Na clasificación xeral o GM Serbio Aleksa Strikovic quedou campión con 6 triunfos e un 2º posto, por diante do GM David Lariño, 2º con 5 triunfos e dous 2º postos sendo os claros dominadores do circuíto, 3º MF Fernando Sánchez.
• GM Aleksa Strikovic (Chantada) 170 puntos • GM David Lariño Nieto (Xaquedrum) 165 “ • MF Fernando Sánchez Aller (Rianxo) 131 “ • MI Diego Espiñeira González (Padrón) 115 “ • MI Arián González Pérez (L. orensano) 103 “ • MF Marcial García Carbó (Rianxo) 92 “ • MF Antonio Pazos Porta (Ferrolano) 91 “ • Walter López Rodríguez (Xaquedrum) 81 “ • Alfonso López González (Padrón) 74 “ • Carlos Casares Cabanas (C. Artes) 55 “ • Jesús Rodríguez Pérez (Marquiño) 54 “ • Eloy Sixto Puente (Padrón) 47 “ • J. Carlos Francisco Rodríguez (Verín) 35 “ • Pablo Tubío Agrasar (Padrón) 32 “ • Pablo Sánchez Quinteiro (Recatelo) 23 “Clasificación por equipos (4 jugadores con más puntos)
• Escola Lugesa de xadrez – Xaquedrum 270 puntos • Club de ajedrez Escola Padrón – Golfiño 268 puntosClasificación sub-2000
• Iván Valeriano Fernández Vázquez (A. Bóveda) 83 puntos • Gumersindo Rocha Romaus (Capablanca) 82 “Clasificación sub-1600
• Xulio del Prado Rodríguez (Padrón) 125 puntos • Javier M. Fariña Pérez (Malpica) 115 “Clasificación Veteranos (+55 años)
• Manuel R. Arias Rodríguez (Clubexa) 135 puntos • Juan Carlos Siso Lale (Clubexa) 78 “Clasificación Femenina
• Paula Quintás Fernández (Xaquedrum) 160 puntos • Marta Quintás Fernández (Xaquedrum) 155 “Clasificación sub-18
• Daniel González Eiris (Carballo) 108 puntos • Diego López González (Padrón) 82 “Clasificación sub-16
• Antonio Mallo Penas (Algalia) 67 puntos • Tristán Alonso Rodríguez (Verín) 58 “Clasificación sub-14
• Martín Mira Remuiñán (Carballo) 59 puntos • Sergio Castro Martínez (Carballo) 47 “Clasificación sub-12
• Darío Lema Cacheiro (Cabo Touriñán) 66 puntos • Alejandro Rama Rodríguez (Arteixo) 60 puntosClasificación sub-10
• Breixo Longueira Alonso (Algalia) 88 puntos • Xoel Quintela García (Carballo) 64 “Clasificación sub-8
• Roi Mira Remuiñán (Carballo) 141 puntos • Escarlata Alonso Rodríguez (Verín) 137 “Novas do Circuito
- Strikovic asegura o Circuito Interprovincial de Xadrez a falta da cita de clausura en Muxía
- Mazaricos tamén vibriu co Xadrez e permitiu un doblete de David Lariño.
- O Circuito de Xadrez segue sementando amor por este deporte en Cabana.
- Carnota e Dumbría vibraron co xadrez.
- Strikovic segue mandando no Circuito Intercomarcal de Xadrez.
- O xadrez de alto nivel volveu a Baio.
- O Circuito de Xadrez salta de Arteixo a Baio.
- O II Aberto Fundación Luis Calvo de Xadrez batíu marcas de participación.
Máis novas
- As ANPAS apúntanse á moda do Xadrez.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- O Xadrez Cabo Touriñán pelexa por manter a 3ª praza.
- O Manuela Rial gran protagonista do campionato comarcal de Xadrez.
- O Cabo Touriñán afiánzanse na zona media da 2ª Galega de xadrez
- O Club Cabo Touriñán vence ao líder e espalla o xadrez polas escolas de Muxía.
- O erros condenan ao Club Xadrez Cabo Touriñán en Vilagarcía.
- Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra
- Febreiro 2017: O Xadrez Cabo Touriñán comeza a liga con vitoria.
- Setembro 2016: 745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).