O Anorthosis volve a tomar o mando

Non foi mala esta fin de semana do 28 de febreiro e 1 de marzo para o tenis de mesa soneirán. Cómpre destacar a importante vitoria a conseguida polo Anorthosis ante un dos rivais para o ascenso. I é que había 4 equipos empatados na cabeza con 22 puntos e o Breogán Oleiros era un deles. Despois de superalos, agora a esperar outros resultados nesta loita que ao principio parecía que ninguén quería pero que agora ninguén quere perderse. I é que o Anorthosis ponse de novo de líder, con 2 puntos de vantaxe sobre o Narón, Cambre e Breogán Oleiros, pero con 3 partidos máis que os ferroláns e 2 que os coruñeses.

3ª División Nacional – Grupo Norte

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo – Breogán Oleiros 4-2 (17-7)

Moi bos partidos os de Andrés Fagín conseguindo os dous puntos, asi mesmo coma Gonchu que so se doblegou ante Dani Sánchez despois dun igualado partido. Xa co encontro gañado relaxouse Miguel e cun 10-6 a seu favor deixou escapar a súa victoria ante Fernando Ramírez no último partido. Mo bo ambiente no equipo, sobre todo despois da fabulosa cea de confraternidade celebrada o día anterior.

1ª División Galega – Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit – Breogán Oleiros “E” 5- 1 (15-8)
<ñ>Segunda vitoria na casa do Concello de Zas Aquacenit que lle sirve para manter certas esperanzas (xa algunas máis que na semana pasada) de conseguir a permanencia, quedando a só un pundo da salvación. Moi ben Chris Roy gañando os seus dous partidos e sobre todo polo esforzó de cara o equipo pois viaxou de Inglaterra so para xogar tal e como tiña prometido (cómpre dicir que veu de Inglaterra o xoves e este mércores volve alo para arreglar os seus asuntos particulares, e como tiña prometido estar neste encontro fixo a viaxe só para xogalo. Eso chamase cumplir coa palabra).

Por outro lado moi ben Jesus Ferreiro que gañou o o primeiro partido que xogou e que cae garantizaba a victoria do equipo e que agora xa sabe que cada vez que el gaña o equipo tamen o fai. Stevo non tivo problemas para superar aos rivais de turno (máis novos e inexpertos desta vez). Agora a sacar máis puntos para poder sair desas prazas de descenso que hai unas xornadas parecía imposible.

2ª División Galega – Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas O Pinar – Oroso Panadería Sigüeiro 1-5 (5-15)
  • Resultado: Construcciones Cernadas – Oroso TM Peluquería Tije 2-4 (8-13)
  • Resultado: Concello de Zas O Pinar - Oroso TM Peluquería Tije 5-1 (16-8)
  • Resultado: Construcciones Cernadas – Oroso Panadería Sigüeiro 0-6 (1-18)
<`>Superioridade de Oroso nas categorías inferiores, sobre todo nos veteranos do Panadería, pero sobre todo na actitude donde parece que algún dos xovenes de Zas non se implican como deben cando xogan. Será este tempo de morriña ou orballo que os amilana. Despois na cea de confraternidade estiveron moito máis animados.

Vindeiros encontros

  • Sábado 7 de marzo de 2015:
    - 3ª división nacional grupo norte no pavillón de Bastiagueiro (Oleiros): 17'00 h. Breogan Oleiros "C" - Anorthosis Vimianzo.
    - 1ª división galega grupo centro no ximnasio do CPI de Zas: 17'00 h. concello de Zas Aquacenit - Oroso TM Hotel Santa Cruz.
    - 2ª división galega grupo centro no ximnasio do CPI de Zas: Construcciones Cernadas - Arteal Ventanas “B”.
    - 2ª división nacional femenina en Pontevedra: 17'00 h. Aluminios Xeal - AD Dubratambre.
    - 2ª división nacional femenina en Pontevedra: 18'30 h. Aluminios Xeal - Monte Porreiro.
  • Domingo 8 de Marzo de 2015:
    - 2ª división galega grupo centro en Pontevedra: 11'00 h. Monte Porreiro Mexilón "B" - Concello de Zas O Pinar.

Crónicas dsa temporada

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.