O Anorthosis volve a tomar o mando


Non foi mala esta fin de semana do 28 de febreiro e 1 de marzo para o tenis de mesa soneirán. Cómpre destacar a importante vitoria a conseguida polo Anorthosis ante un dos rivais para o ascenso. I é que había 4 equipos empatados na cabeza con 22 puntos e o Breogán Oleiros era un deles. Despois de superalos, agora a esperar outros resultados nesta loita que ao principio parecía que ninguén quería pero que agora ninguén quere perderse. I é que o Anorthosis ponse de novo de líder, con 2 puntos de vantaxe sobre o Narón, Cambre e Breogán Oleiros, pero con 3 partidos máis que os ferroláns e 2 que os coruñeses.
3ª División Nacional – Grupo Norte
- Resultado: Anorthosis Vimianzo – Breogán Oleiros 4-2 (17-7)
Moi bos partidos os de Andrés Fagín conseguindo os dous puntos, asi mesmo coma Gonchu que so se doblegou ante Dani Sánchez despois dun igualado partido. Xa co encontro gañado relaxouse Miguel e cun 10-6 a seu favor deixou escapar a súa victoria ante Fernando Ramírez no último partido. Mo bo ambiente no equipo, sobre todo despois da fabulosa cea de confraternidade celebrada o día anterior.
1ª División Galega – Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas Aquacenit – Breogán Oleiros “E” 5- 1 (15-8)
Por outro lado moi ben Jesus Ferreiro que gañou o o primeiro partido que xogou e que cae garantizaba a victoria do equipo e que agora xa sabe que cada vez que el gaña o equipo tamen o fai. Stevo non tivo problemas para superar aos rivais de turno (máis novos e inexpertos desta vez). Agora a sacar máis puntos para poder sair desas prazas de descenso que hai unas xornadas parecía imposible.
2ª División Galega – Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas O Pinar – Oroso Panadería Sigüeiro 1-5 (5-15)
- Resultado: Construcciones Cernadas – Oroso TM Peluquería Tije 2-4 (8-13)
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Oroso TM Peluquería Tije 5-1 (16-8)
- Resultado: Construcciones Cernadas – Oroso Panadería Sigüeiro 0-6 (1-18)
Vindeiros encontros
- Sábado 7 de marzo de 2015:
- 3ª división nacional grupo norte no pavillón de Bastiagueiro (Oleiros): 17'00 h. Breogan Oleiros "C" - Anorthosis Vimianzo.
- 1ª división galega grupo centro no ximnasio do CPI de Zas: 17'00 h. concello de Zas Aquacenit - Oroso TM Hotel Santa Cruz.
- 2ª división galega grupo centro no ximnasio do CPI de Zas: Construcciones Cernadas - Arteal Ventanas “B”.
- 2ª división nacional femenina en Pontevedra: 17'00 h. Aluminios Xeal - AD Dubratambre.
- 2ª división nacional femenina en Pontevedra: 18'30 h. Aluminios Xeal - Monte Porreiro. - Domingo 8 de Marzo de 2015:
- 2ª división galega grupo centro en Pontevedra: 11'00 h. Monte Porreiro Mexilón "B" - Concello de Zas O Pinar.
Crónicas dsa temporada
- Centos de rapaces fixeron do tenis de mesa unha festa en Zas.
- O Anorthosis tropezou.
- O Anorthosis retoma o camiño do ascenso.
- Un tropezo que non impide soñar co ascenso do Anorthosis.
- O Anorthosis Vimianzo é o novo líder da 3ª Nacional.
- Zas foi o centro do tenis de mesa provincial.
- Dous empates e dous tropezos para a familia do tenis de mesa soneirá.
- O Concello de Zas Aquacénit xa sabe gañar.
- O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza.
- Intensa xornada para a familia Anorthosis.
- Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis.
- Xornada baleira para o Anorthosis.
- O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba.
- O Construcciones Cernadas xa sabe gañar.
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.