O Circuito de Bértoa cítase coa crema do Autocross galego

04:48 27/05/16

O Campionato de España volverá un ano máis a visitar o Circuíto carballés no mes de xullo
Ademais, como en anos anteriores, o circuíto galego volverá a Carballo en setembro para unha segunda proba, xa máis decisiva de cara ao título. E o Campionato de España estará un ano máis en Carballo en xullo nunha das citas máis concorridas das que teñen lugar no circuíto. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou o orgullo do Concello por poder contar con entidades como Máis Motor -a quen lles transmitiu os seus parabéns- que contribúan a manter vivo este deporte, e subliñou que o deber da administración "ten que ser o de favorecer a práctica deportiva e axudar ao tecido asociativo".As finais a partir das 17.30 horas
As categorías da proba son coches de +1.600 cc, -1.600 cc, 4x4 e KartCross coas verificacións administrativas e técnicas a partir das 10.00 horas e os primeiros adestramentos libres, cando os coches saltan xá á pista, a partir das 12.00 horas. Despois da pausa para comer, as semifinais son ás 15.30 horas e as mangas finais a partir das 17.30 horas, sendo a última en disputarse a de 4x4. A entrega de trofeos está prevista a partir das 19.30 horas. A cita ésta organizada pola Escudaría Máis motor xunto coa Federación Galega de Automobilismo, o Concello de Carballo, a Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña coa axuda de Protección Civil de Carballo. Non perdades a oportunidade de ver a pé de pista aos mellores pilotos galegos nun dos mellores cicuítos do campionato!Fonte
- Concello de Carballo.