Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Club Voleibol Dumbría prepárase para o campionato nacional

O Club Voleibol Dumbría prepárase para o campionato nacional
voleibol-dumbría É a primeira vez que o equipo alevín masculino do colexio Manuela Rial Mouzo participa nun torneo nacional O III campionato de España de voleibol - que se celebra en Valladolid do 22 ao 24 deste mes - terá unha representación da Costa da Morte. Alí estará o equipo alevín masculino do colexio Manuela Rial Mouzo, pertencente ao Club Voleibol Dumbría. O equipo logrou clasificarse despois de proclamarse subcampións galegos o pasado 27 de maio en Boiro. A competición disputarase no pavillón Pisuerga onde participarán un total 64 equipos - 32 en categoría masculina e outros tantos na feminina -. O conxunto que dirixe Luis Alberto Fernández e David Redonda encádrase no grupo A, xunto co Bumayé de Valladolid, o Mintonette de Almería e o Haris de Canarias. O debut será contra o equipo almerienseo venres ás 10:30 horas. "O obxectivo desta primeira fase será o de pasar entre os dous primeiros de grupo para podercompetir entre os 16 mellores", sinalan dende o equipo. O equipo está formado por Tiago Fernández, Iago Larrañaga, Matías Lemus, Álvaro Abeijón, Carlos Trinidad, Ismael Domínguez e Samuel Lema. Ésta será a súa primeira participación nun torneo nacional. Novas relacionadas Fonte

Comentarios