Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo descoñece os motivos polos que o Fisober traslada a súa sede

O concello de Vimianzo descoñece os motivos polos que o Fisober traslada a súa sede
O goberno Vimianzo asegura que leva investido no Fisober mais de 30.000 euros durante os ultimos catro anos Imaxe de arquivo O goberno Vimianzo asegura que leva investido no Fisober máis de 30.000 euros durante os últimos catro anos. Imaxe de arquivo Continúan revoltos os ánimos no Fútbol Sala Feminino da Costa da Morte despois de coñecer que o Fisober trasladaba a súa sede para o concello de Dumbría. "O concello de Vimianzo leva investido máis de 30.000€ no Fisober estes últimos catro anos. Ademais disto o equipo de Fútbol Sala Feminino sempre tivo á súa disposición os pavillóns municipais de Vimianzo e de Baíñas para o seu uso tanto para disputar os partidos como para os entrenamentos" recoñecen dende o goberno vimiancés. Móstranse sorprendidos tamén porque nunca o alcalde, Manuel Antelo, nin a concelleira de Deportes, Marta Rey, tiveran algunha queixa a este respecto por parte de ningún membro da directiva do Fisober. Dende o goberno municipal de Vimianzo aseguran descoñecer os motivos polos que adoptaron a decisión de trasladar a sede do clube para o concello de Dumbría. "Non houbo ningunha reunión co goberno municipal, nin ningunha solicitude para mantela, por parte da directiva do equipo para aclarar estes asuntos" aseguran. Segundo indican, o pasado 11 de maio comunicaron esta decisión - xa tomada pola directiva - a través dun correo electrónico dirixida á alcaldía onde agradecen ao concello de Vimianzo por todo o seu apoio prestado durante estes anos. Na notificación indican que "o Fisober é un equipo comarcal" e na actualidade conta tan só con cinco xogadoras empadroadas en Vimianzo nunha plantilla de 17. O Fisober recibiu máis de 30.000€ en axudas por parte do concello dende os anos 2012 ata o 2015. En concepto de subvencións deportivas o clube recibiu 3.252€ no 2012; 3.395,92€ no 2013; 4.105,62€ no 2014; e 4.500€ no ano 2015. "Aademais das subvencións gastáronse 5851,56€ en arranxos no pavillón, ao que hai que engadir gastos de conserxería por apertura, mantemento, limpeza, gasóleo de vehículos municipais, etc, que sobrepasan os 30.000€" indican dende o goberno municipal. Apoio A pesar de que o goberno vimiancés apoia a decisión do clube lamenta que “en ningún momento se nos trasladara por parte da directiva os motivos que os levan a cambiar a sede para Dumbría” di o alcalde. “De coñecer en que melloran o apoio prestado polo noso concello estariamos dispostos a estudalo, pero non se nos deu esa alternativa, senón só a comunicación da decisión tomada”, reitera Manuel Antelo. Neste sentido, dende o goberno municipal lamentan que esta decisión se adoptase sen falalo cos socios nin coas xogadoras. “É unha mágoa que un clube coma o Fisober se deixe instrumentalizar politicamente pola oposición de Vimianzo co ánimo de inculpar o goberno municipal nunha decisión tomada única e exclusivamente pola directiva do Fisober. Quen nunca moveu un dedo a favor do fútbol feminino pretenden politizar a decisión do Fisober sen reparar no dano que se lle pode causar ao equipo e á imaxe do concello de Vimianzo” sinalan. A este respecto o concello de Vimianzo anuncia que seguirá apostando polo fútbol feminino tratando de incluílo na programación das vindeiras escolas deportivas.

Crónicas da temporada Fisober

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios