O Concello de Zas Ponciano Nieto enfoca o ascenso

Equipo do Concello de Zas Ponciano Nieto

Moi bo ambiente na tarde fría do sábado no pavillón municipal de Vimianzo, donde os equipos de xóvenes xogadores e xogadoras tanto de Mazaricos coma de Vimianzo ou Ribadumia puxeron todo o seu saber xogar para sacar os partidos adiante. E os equipos da familia Anorthosis acadaron resultados normais, entre os que destaca o traballo do Concello de Zas Ponciano Nieto, que puxo as cousas claras de cara o ascenso quedándolle agora moito máis doado. E os outros equipos terán que pelexar polo 2º posto.

2ª División Galega Grupo centro

  • Resultado: Arteal Ventanas "B" - Concello de Zas Ponciano Nieto (1-5).
  • Resultado: Concello Mazaricos - Bodegas Güiusseppe Anthony (5-1).
  • Resultado: Vimianzo TM - Bodegas Güiusseppe Anthony (3-3).

Gran vitoria do Concello de Zas Ponciano Nieto que o enfoca ao ascenso. Miki (2 puntos), Miriam, Brais e Ana (1 punto cada un) foron os que participaron neste encontro.

Os de Mazaricos, cun pouco máis de experiencia, resolveron ben ao seu favor o encontro. E os de Vimianzo con Lucía e Nico sen moitos partidos xogados foron capaces de sacar un empate grazas aos 2 puntos acadados por David Roget, o outro conseguino Lucía. Hai que ter en conta que Ribadumia compite con xogadoras benxamíns pero teñen a experiencia da competición. Foi moi bonito velos xogar.

Vindeiros encontros

  • Venres 4 de marzo ás 18:30h. en Ribadumia (Pontevedra): Bodegas Güiusseppe Anthony - Concello de Zas Ponciano Nieto.
  • Sábado 5 de marzo ás 16:00h. no pavillón de Mazaricos: Concello de Mazaricos - Concello de Zas Cernadas.
  • Domingo 6 de marzo ás 11:00h. no pavillón Principe Felipe de Pontevedra: Monte Porreiro Abanca - Vimianzo TM.
  • Sábado 5 de marzo en Narón na 1ª División Nacional Feminina:
    - Ás 16:00h. Aluminios Xeal - CTM Coruña.
    - Ás 18:00h. Aluminios Xeal - CTM Cidade de Narón.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Anorthosis, da man de Stevo Lema.