Martes. 07.05.2024
El tiempo

Pinpon tamén por Nadal

Pinpon tamén por Nadal
Os ganadores do Torneo de Nadal do Anorthosis en Zas co mestre de cerimonias Paco e Martin Gonzalez Os gañadores do Torneo de Nadal do Anorthosis en Zas co mestre de cerimonias Paco e Martín González

Están tan comprometidos os membros da familia Anorthosis que non puideron celebrar o habitual parón das festas e tiveron que armar o Torneo de Nadal. Así, ademais dos adestramentos nos días posíbles e de participar no torneo social do Liceo de Noia o 28 de decembro, a familia soneirá tamén organizou o seu Torneo Nadal 2015 o pasado sábado 2 de xaneiro durante todo o día.

Pola mañá una competición de dobres e pola tarde individual. Contaron coa participación de case todos os xogadores do Anorthosis, que viñeron de Portomouro, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas; tamén participaron xogadores do Liceo de Noia e que, por motivos persoais, só estiveron pola mañá.

Pero sobre todo contaron coa participación excepcional de Martín González, xogador do Club del Mar de A Coruña en 1ª nacional e que xogou na División de Honra e en clubes como Oroso e Arteal. Pola tarde aproveitaron a súa presenza para que dese unas clases maxistrais que seguro grabaron os asistentes para aplicalas no futuro. Despois o torneo individual e como sempre o mediodía a comida de confraternidade.

Martin Gonzalez con Laura unha das promesas do tenis de mesa do Anorthosis Martín González con Laura, unha das promesas do tenis de mesa do Anorthosis

Resultados

En dobres: coa participacion de 12 parellas:

  • 1º – Miguel – Martín.
  • 2º – Pablo Prol – Guillermo.
  • 3º – Gonchu – Marcelino.
  • 4º - Miriam – Brais (trofeo a menores de 15 anos).
  • 5º – David – Ana (2ºs en menores de 15 anos).

En individuais: coa participación de 30 xogadores:

  • 1º - Martín.
  • 2º - Miguel.
  • 3º - Gonchu.
  • 4º - Stevo.
  • 5º - Brais (1º en menores de 15 anos).
  • 6º - Adrián (2º en menores de 15 anos).

Tamén foron premiados: Nico (Vimianzo) como menor de 10 anos e Álvaro (Zas) como afeccionado.

Vindeira cita

  • Sábado 9 de xaneiro no ximnasio do CPI de Zas:
    - Ás 11:00h. ANORTHOSIS VIMIANZO - CTM LALÍN de 3ª nacional masculina.
    - Ás 17:00 h. CONCELLO DE ZAS O PINAR - CLUB DEL MAR de 2ª nacional femenina.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios